Baía de Kiel

Localización da baía de Kiel

A baía de Kiel é unha baía no suroeste do mar Báltico no territorio alemán de Schleswig-Holstein e as illas de Dinamarca. Está conectada coa baía de Mecklenburg no leste e os estreitos coñecidos como Pequeno Belt, no noroeste, e o Gran Belt no norte. O tráfico marítimo que entra ou sae do Báltico, a través dos dous estreitos ten que pasar pola baía. Unha vez dentro, o tráfico do Báltico pasa por outro estreito, o de Fehmarn, na baía de Mecklenburg, que se abre ao Báltico. Na dirección contraria, o tráfico pode pasar cara ao norte a través do Gran Belt, abeirando Langeland, ou entrar no fiorde de Kiel para atravesar a canle de Kiel directamente para a foz do Elba e o mar do Norte. O fiorde de Kiel finaliza en Kiel, a capital de Schleswig-Holstein.

XeografíaEditar

 
Vista do fiorde de Kiel

A costa suroeste da baía constitúe a costa de Schleswig-Holstein e drena a abra de Schlei, en realidade, un esteiro de auga salobre, que lle deu nome á cidade de Schleswig. A costa presenta tamén dúas baías máis pequenas: Eckernförde e Flensburg. No norte están as illas danesas de Als, Ærø e Langeland. Na baía hai catro fiordes[1]:

Fiorde de KielEditar

O fiorde de Kiel que se proxecta dende a baía cara ao sur, ten preto de 17 km de longo e 1 km de largo no seu punto máis estreito. Localizado estratexicamente, no seu seo medrou a cidade de Holstein, que se converteu nun profílico estaleiro.

EckernfördeEditar

 
Vista parcial da baía de Eckernförde

Eckernförde esténdese por 16 km de longo coa banda sur a aproximadamente 10 km da baía de Kiel. O límite co fiorde de Kiel é o faro de Bülker. A península, anteriormente boscosa, entre o fiorde de Kiel e a baía de Eckernförde formaba o límite entre os saxóns e os daneses na Idade Media e donominábase Dänischer Wohld (bosque danés).

SchleiEditar

Os 42 km de Schlei forman a fronteira entre as rexións históricas de Angeln e Schwansen.

Fiorde de FlensburgEditar

O fiorde de Flensburg ten unha lonxitude de aproximadamente 50 km e forma parte da fronteira entre Alemaña e Dinamarca.

NotasEditar

  1. Eric C. F. Bird (2010) Encyclopedia of the World's Coastal Landforms. Vol. I Springer, p. 643