Ærø
Ærø, (do danés Ær = pradairo e Ø = illa) é unha illa dinamarquesa do mar Báltico. Forma parte do condado de Funen, ao sur da illa de Fionia.
Ærø | |
---|---|
![]() Marstal, a cidade máis grande da illa | |
![]() localización da illa Ærø | |
Situación | |
País | ![]() |
capital | Ærøskøbing |
Mar | Mar Báltico |
Coordenadas | 54°53′00″N 10°20′00″L / 54.88333, -10.33333Coordenadas: 54°53′00″N 10°20′00″L / 54.88333, -10.33333 |
Xeografía | |
Superficie | 88 km² km² |
Demografía | |
Poboación | 6 863 hab. (2005) |
Densidade | 76 hab./km² hab./km² |

Ten unha superficie de 88 km², cunha poboación de 7 050 habitantes (2003). A súa paisaxe está dominada por pequenos outeiros, hai 3 vilas e 14 aldeas. A cidade de Ærøskøbing constitúe o centro histórico da illa. Marstal é o principal porto da illa e Søby é o centro económico. A illa conta cunha das máis grandes plantas de enerxía solar (18 365 m²). Cobre un terzo do consumo eléctrico da cidade de Marstal.
Historia editar
As escavacións arqueolóxicas feitas datan as primeiras poboacións da illa cara o 8 000 a.C.
Durante a Alta Idade Media a cidade foi propiedade persoal do rei de Dinamarca, en 1240 cando a filla do rei Valdemar II de Dinamarca, Sofia, casou co conde Xoán I de Brandeburgo a illa foille entregada como dote, permanecendo nesta familia ata 1316 no que o conde Valdemar de Brandeburgo cedeulla ao nobre danés, Drosten Laurids Jonsen, e en 1331 quedou vinculada a Schleswig.
En 1410 Erik Valdemar II de Dinamarca conquistou a illa, pero en 1436 volveu ao ducado de Schleswig. Cando en 1460 morre sen deixar herdeiro o derradeiro duque, a illa co resto do ducado volveu a Dinamarca. En 1564 Frederico II deixou unha parte do ducado, incluíndo a illa ao seu irmán Hans de Sonderborg, ao morrer o fillo deste en 1633 a illa foi dividida entre os seus tres irmáns e un sobriño.
En 1750 a illa foi mercada polo rei Frederico V de Dinamarca e unida nun só distrito administrativo, aínda que ata 1864 forma parte de Schleswig como propiedade persoal do rei.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ærø |