Härjedalen (Herjedaelien tjïelte en saami meridional) é un municipio sueco (kommun) do condado de Jämtland.[1] A súa capital é a localidade de Sveg. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 10 175 habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaHärjedalen
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 62°02′00″N 14°21′00″L / 62.033333333333, 14.35
EstadoSuecia
Condadocondado de Jämtland Editar o valor en Wikidata
CapitalSveg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.168 (2025) Editar o valor en Wikidata (0,86 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
linguas saamis Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie11.859,91 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLjusnan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Härjedalen Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataLennart Olsson (en) Traducir (2000–2008)
Q133505174 Traducir (2008–2012)
Gunilla Zetterström-Bäcke (en) Traducir (2012–2016)
Anders Häggkvist (en) Traducir (2016–2021)
Lars-Gunnar Nordlander (2021–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webherjedalen.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: harjedalenskommun LinkedIn: harjedalens-kommun Youtube: UC14tb8v7UbgLvhnzjem9E0A Editar o valor en Wikidata

Historia administrativa

editar

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hede (unha parte), Lillhärdal, Linsell, Sveg, Tännäs, Vemdalen, Ytterhogdal, Älvros e Överhogdal. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.

No ano 1895unha parte do concello rural de Hede separouse para formar o concello rural de Storsjö (no presente parte do municipio de Berg) e no ano 1925 separouse o de Ängersjö do municipio de Ytterhogdal.

A localidade municipal de Svegsmon estableceuse o 31 de decembro de 1908 no concello rural de Sveg, disolvéndose a finais de 1936 cando se formou o köping de Sveg.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos na zona: o concello rural de Hede (mediante a fusión dos antigos municipios rurais de Hede e Vemdalen), o de Hogdal (a partir dos de Ytterhogdal, Ängersjö e Överhogdal) e o de Sveg (de Linsell, Sveg e Älvros), mentres que os municipios de Lillhärdal e Tännäs e o köping de Svegquedaron sen cambios. Porén, en 1967 o concello rural de Sveg integrouse no köping de Sveg.

Coa reforma municipal de 1971 creáronse os municipios de Hede, Hogdal, Lillhärdal, Tännäs e Sveg a partir dos correspondentes concellos rurais e do köping de Svegs. O municipio de Härjedalen naceu en 1974 tras a fusión de todos eses concellos.[3]

Xeografía

editar

O concello de Härjedalen atópase no sur do condado de Jämtland e limita ao norte co municipio de Berg, tamén en Jämtland, ao nordés co de Ånge, no condado de Västernorrland, ao leste co de Ljusdal, no condado de Gävleborg, e ao sur cos de Mora e Älvdalen no condado de Dalarna. No oeste o concello fai fronteira con Noruega.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.