Lingua saami meridional

Linguas urálicas

A lingua saami meridional (Åarjelsaemien gïele) é unha lingua urálica falada aproximadamente por 600 persoas en Noruega e Suecia. Entre as linguas saamis é a que se fala máis ao sur de todas. Trátase dunha lingua en grave perigo de desaparecer, e os seus principais bastións de falantes atópanse nos concellos de Snåsa e Hattfjelldal en Noruega.

Lingua saami meridional
Åarjelsaemien gïele
Falado en: Noruega e Suecia
Rexións: Laponia
Total de falantes: C. 600 [1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas saamis
  Linguas saamis occidentais
   Lingua saami meridional
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua minoritaria recoñecida en Suecia, Noruega[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: sma
ISO 639-3: sma
Mapa

A lingua saami meridional é a número 1.
Status

O saami meridional está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

Notas editar

  1. Informe do Ethnologue para o saami meridional
  2. Consello europeo (ed.). "To which languages does the Charter apply?". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar