Kalmar
vila sueca
Kalmar é unha cidade no sueste de Suecia, situada nas costa do mar Báltico. É a capital do municipio de Kalmar e do condado de Kalmar e no ano 2017 tiña 39 403 habitantes.[1]
Kalmar | ||
---|---|---|
Kalmar | ||
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Condado | Kalmar | |
Municipio | Kalmar | |
Xeografía | ||
Altitude | 8 msnm | |
Superficie | 19,50 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 39 403 | |
Densidade | 20,1 | |
Outros datos | ||
Código postal | 39X XX | |
https://kalmar.se/ |
Dende o século XIII ata o XVII Kalmar foi unha das cidades máis importantes de Suecia. Entre 1602 e 1913 foi a sede episcopal da diocese de Kalmar, e a catedral de Kalmar de 1702 é un bo exemplo da arquitectura do clasicismo. Converteuse nunha cidade fortificada, co castelo de Kalmar como centro. Despois do Tratado de Roskilde en 1658 a importancia de Kalmar diminuíu, ata que chegou a industria no século XIX. A cidade é fogar de parte da Linnéuniversitetet.
Kalmar está ao lado da ruta principal cara a illa de Öland, a través da ponte de Öland.
NotasEditar
- ↑ Statistiska centralbyrån (ed.). "Tätorter 2015; befolkning 2010-2017, landareal, andel som överlappas av fritidshusområden". Consultado o 16 de xuño de 2018.[Ligazón morta]