Concello de Kalmar

Kalmar é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] A súa capital é a cidade de Kalmar, que tamén é a capital do condado. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 71 556 habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaConcello de Kalmar
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 56°40′00″N 16°22′00″L / 56.6667, 16.3667Coordenadas: 56°40′00″N 16°22′00″L / 56.6667, 16.3667
EstadoSuecia
Condadocondado de Kalmar Editar o valor em Wikidata
CapitalKalmar Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación72.304 (2023) Editar o valor em Wikidata (57,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.250,98 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude8 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Kalmar Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor em WikidataJohan Persson (en) Traducir (2006–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal390 02–398 09 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico480 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Samsun
Silkeborg (pt) Traducir
Arendal (1948–)
Savonlinna (1948–)
Wilmington (1963–)
Árborg (pt) Traducir (1987–)
Gdańsk (1991–)
Panevėžys (1992–)
Kaliningrado (2000–)
Wismar (2002–)
Entebbe (pt) Traducir (2003–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webkalmar.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: kalmarkommun Instagram: kalmarkommun LinkedIn: kalmar-municipality Youtube: UCzITCmk7C059GtKrspk2YCQ Editar o valor em Wikidata

Ao longo da costa hai un leito rochoso de arenito, pero no interior convértese en granito. A área está dominada por terras forestais, pero o municipio tamén ten unha proporción moi grande de terras agrícolas. A principios dadécada de 2020 a economía local estaba dominada pola industria de servizos, onde traballaba un 66% da poboación.

Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva.

Administración histórica editar

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Arby, Dörby, Förlösa, Hagby, Halltorp, Hossmo, Kalmar, Karlslunda, Kläckeberga, Ljungby, Mortorp, Ryssby, Voxtorp, e Åby. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamén a cidade de Kalmar que no ano 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun). No ano 1925o concello rural de Kalmar incorporouse á cidade de Kalmar.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse ao redor da cidade seis grandes concellos: Dörby (a partir dos municipios de Dörby, Hossmo e Kläckeberga), Ljungbyholm (de Ljungby e Sankt Sigfrid), Läckeby (de Förlösa e Åby), Mortorp (de Karlslunda, Mortorp e Oskar), Ryssby (de Ryssby), e Södermöre (de Arby, Hagby, Halltorp e Voxtorp). A cidade de Kalmar permaneceu sen cambios, pero no ano 1965 o concello rural de Dörby integrouse nela.

En 1969 partes dos concellos rurais de Mortorp e Ljungbyholm (Oskar e Sankt Sigfrid) integráronse na cidade de Nybro.

O concello de Kalmar naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Kalmar e dos cinco municipios rurais de Ljungbyholm, Läckeby, Mortorp, Ryssby e Södermöre.[3]

O concello pertence ao partido xudicial de Kalmar dende a súa fundación.[4]

Notas editar

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-13. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 30 juni 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 30 juni 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-13. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Kalmar tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 7 de outubro de 2022.