Benvido á Galipedia Joao Xavier, para calquera dúbida que teñas podes deixar unha mensaxe na miña páxina de discusión ou senón no espacio de discusión común que por agora se chama Central de discusión. Un cordial sáudo. --Prevert 21:41, 15 Nov 2004 (UTC)

Xa envie unha respota ao teu correo. Saúdos. --Prevert 22:41, 15 Nov 2004 (UTC)

Benvido á Galipedia, Joao. ünome a Prevert para dicirche que aquí estamos para calquera cousa. Saúdos.--Agremon 23:20, 15 Nov 2004 (UTC)

Amazonas editar

Xa está creada a páxina Amazonas. Saúdos. --Prevert 22:55, 17 Nov 2004 (UTC)

Para a discriminación entre opcións de Amazonas, mira a páxina de [[Wikipedia:Community Portal] antes de poñer as opcións.

Esto marcha. Estás a facer un montón de Brasil.--Agremon 23:31, 17 Nov 2004 (UTC)


Ola Joao Xavier, só dicirche que estes días cambiei algunhas páxinas nas que estabas traballando dun nome a outro porque ultimamente nesta Galipedia estamos falando de cal é a mellor forma de nomear as cidades e países. Hai pouco aprobamos unhas normas sobre toponimia Wikipedia:Política e normas:Toponimia que son as que seguimos. Por iso tamén podes ver que nos títulos dalgunhas páxinas aparecen caracteres de alfabetos non latinos, e supoño que verias na lista de variacións recentes un artigo que se chama alfabeto ruso (logo virán outros alfabetos) precisamente para darlle sentido á idea de incluir nomes na lingua do país nos títulos das páxinas.

Por outra parte, gracias co que estás facendo coas páxinas do Brasil e América. As túas contribucións permiten que avancemos con máis rapidez no obxectivo de que esta wikipedia sexa cada vez mellor. Saúdos. --Prevert 23:37, 17 Nov 2004 (UTC)

, e () editar

Remato de fixarme que nas vilas do Brasil puxeches nunhas , Brasil e noutras (Brasil) ou nada. Seria mellor que empregaras o mesmo criterios para todas (aínda usando redireccións, por exemplo, de Recife a Recife (Brasil) )--Agremon 19:40, 21 Nov 2004 (UTC)

Categoría Brasil en lugar de Xeografía do Brasil editar

Con este cambio estarán centralizadas na mesma categoría todas as informacións correspondentes a países, por unha banda os artigos principais sobre os países e por outra toda a información sobre a xeografía do país. Saúdos. --Prevert 12:34, 23 Nov 2004 (UTC)

  • Joao Xavier decidimosnos por Sao Paulo - São Paulo para chamar á cidade, non é preciso por [São Paulo (cidade)]. Puxemos repetido o nome porque un é o nome en galego e o outro o nome en portugués (é o que estamos seguindo con todos os países que teñen nomes diferentes en galego é no idioma orixinal). Con respecto ao estado o criterio e chamar á páxina Estado de Sao Paulo (de momento faino así, hai un asunto a considerar que creo que se nos pasou e xa o pensaremos que é o criterio de manter a grafía portuguesa no nome, imos pensar nelo). Sobre o exemplo de Ourense á páxina da cidade chamámoslle Ourense e á da porveincia Provincia de Ourense o mesmo criterio que expuxen para Sao Paulo. Saúdos. --Prevert 12:58, 23 Nov 2004 (UTC)

Desambiguación - Homónimos editar

Estamos preparando a páxina de mantenemento que entre outras cousas inclue o tema das páxinas de desambiguación que decidimos aquí chamar homónimos. Nuns días con todos os modelos (templates) relacionados co mantenemento aparecerá ese modelo. Outra cousa acabo de mandarche un correo sobre outro tema. Moi bó traballo o que estás a facer. Un cordial saúdo. --Prevert 12:58, 8 Dec 2004 (UTC)

Illas Caimán editar

O nome en galego é Illas Caimán. Supoño que se nos pasou poñelas, se podes crear a páxina moi ben. Gracias por todo. Saúdos. --Prevert 15:34, 8 Dec 2004 (UTC)

Abegondo e a categoría Galicia editar

Vou retocar un axuste que fixeches na Categoría:Abegondo e na páxina Cos, Abegondo porque crea algún problema na Categoría:Galicia. Se seguimos ese criterio de clasificación encheríase o primeiro nivel de Galicia con demasiadas páxinas (hai máis de 300 concellos e centos de parroquias) que farían perder utilidade á clasificación. Un cordial saúdo. --Prevert 22:57, 9 Dec 2004 (UTC)

Irlanda do Norte editar

Penso que en principio, aínda que non sexa un país independente, podemos clasificalo como viñemos facendo co resto dos países. Se surxe algún problema podemos tratalo con máis detenemento no futuro. Unha aperta. --Prevert 23:04, 9 Dec 2004 (UTC)

Himno nacional editar

Tes que perdoarme. Por un erro meu corrixín en numerosos países dos que creaches himno por Hino, é dicir, cambiei o que estaba ben polo que estaba mal. Síntoo.--Agremon 03:10, 1 Jan 2005 (UTC)

De acordo co que dixaches na miña páxina sobre himno. Esperemos que aquí non suceda o que dis de portugués. O que vexo é que non todos os himnos teñen letra usable de xeito libre, o que pode ser un inconvinte.

En canto a "constitución", é así. Paso a mirar o de monarquía.--Agremon 20:27, 1 Jan 2005 (UTC)

hay unhos cambios nas efemerides editar

compañeiro. non sei se tes visto que a posicion da estructura das efemerides cambia un pouco. agora que andas por xullo, votalle unha ollada e ves a diferencia; ista estriba no seguinte. mes de xaneiro - dia 1 (posicion do deseño da efemeride e a seguinte) 1 Acontecementos 2 Nacementos 3 Mortes 4 Santoral 5 Festas 6 Outros mes de xullo - dia 9 por exemplo (posicion do deseño da efemeride e a seguinte) 1 Acontecementos 2 Santoral 3 Nacementos 4 Mortes 5 Festas 6 Outros


como estas a comprobar hai unha variacion no santoral (e quizais nalgunha outra cousa mais) que pasou dende o 4º o 2º lugar. penso que se che é posibel e de paso que vas adiantando o traballo poidas face-la correccion de xeito a como estaria no primeiro mes do ano. Eu xa sego a completa-las con mais grosor de información como xa estan aparecendo algunhas. un saudo e desculpa pola interrupcion.--Xelo2004 20:36, 1 Jan 2005 (UTC)

moito obrigado?? editar

moito obrigado corresponderiame a mi darcho polo traballo que estas a facer. Segue asi e no que na miña parte este tes o meu apoio. e para o que necesites, por eiqui hemos de andar. xa deixo constancia do tema que estamos a levar (o das efemerides) na tarberna/propostas. saudos e grazas--Xelo2004 21:00, 1 Jan 2005 (UTC)

Correo?? editar

a verdade que nonme fago carga de haber posto o meu correo (e-mail) na miña paxina polo cal tampouco seu se alguen cho deu. ¿importariache aclararmo?. e se é asi a cal conta o enviaches)--Xelo2004 22:50, 1 Jan 2005 (UTC)

Ceará editar

Ola João Xavier, non foron unhas festas moi alegres pero xa virán outras mellores. Xa revisei o artigo Ceará. Tiven algunhas dúbidas coa industria do vestuário, ao principio pensei que querias dicir téxtil pero inmediatamente vin que a puxeras aparte. Espero non trabucarme ao pensar que falas da industria da moda (deseño de roupa). Felicitacións e saúdos. Unha grande aperta. --Prevert(talk) 20:48, 8 Xan 2005 (UTC)

  • Ola outra vez João Xavier, polo que dis e polo que vin en internet penso que te refires á industria da moda tal como puxen na tradución no artigo. O matiz pode estar en que moda implica un interese no deseño das prendas e uns deseñadores-modistos dunha industria propia do estado, e só confección de roupa pode ser por encargo doutras industrias do resto do país ou do estranxeiro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:03, 8 Xan 2005 (UTC)

Correo e Sao Paulo editar

Vín o teu correo e comecei a revisar Sao Paulo, nos próximos días seguirei revisando. Espero que todo che vaia ben e disfrutes do entroido. Unha aperta e outra vez felicidades. Saúdos. --Prevert(talk) 18:26, 7 Feb 2005 (UTC)

366 días do ano editar

Como sempre Joao Xavier cos 366 días do ano fixeches un gran traballo. Desculpa por non ser bastante rápido na revisión dos artigos, hai tanto traballo pendente que ás veces é imposible evitar o retraso. Tentarei de rematar a revisión de Sao Paulo, un artigo que ten grande interese como todos os que publicaches sobre o Brasil. A túa contribución á Galipedia desde que te incorporaches foi moi importante e axudou enormemente a chegar ao punto no que agora estamos. Que todo che vaia ben a ti e a túa familia nestes momentos tan especiais da túa vida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:36, 15 Feb 2005 (UTC)

Benvido outra vez editar

Alédome de que esteas de volta, como sabes eres un colaborador moi apreciado pola comunidade desta wikipedia. Desculpa o retraso na resposta, xa repostei tamén ao e-mail que me enviaches. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:01, 9 Xuñ 2005 (UTC)

Inmigración editar

Que tal Joao Xavier? Lin a túa mensaxe e o artigo na wikipedia portuguesa, adiante co artigo inmigración cando ti queiras. Espero que todo vaia ben para ti e a túa familia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:30, 31 xullo 2005 (UTC)

  • Nas novas normas do galego dise distrito. Xa me poño a revisalos artigos que mencionas. Saúdos. --Prevert(talk) 10:48, 31 xullo 2005 (UTC)
  • Resposta ao correo enviada. Por outra parte temos un modelo Template:África que coincide co que fixeches Template:Países-UA. Parabéns polo traballo que fas para a Galipedia Joao Xavier que permite que este wiki vaia mellorando e medrando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:01, 5 setembro 2005 (UTC)
  • De acordo. --Prevert(talk) 00:06, 5 setembro 2005 (UTC)

Biografias editar

Ola Joao Xavier, hai tempo decidimos que non iamos ter a categoría Biografias, no seu lugar temos personalidades, asi que biografias debería ser redirixida a personalidades e os artigos clasificados alí pasados a personalidades ou a algunha das súas subcategorías. Personalidades é unha categoría na que aínda estamos traballando que nos sirve para solucionar con éxito problemas técnicos de clasificación noutras ramas de categorías. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:51, 7 setembro 2005 (UTC)

  • Está ben feito así, hai meses aprobamos que o título das páxinas de linguas debian comezar com Lingua nome da lingua pero aínda está por facer, así que o cambio que fixeches é correcto. Mandeiche unha mensaxe de correo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:44, 7 setembro 2005 (UTC)

Vietnamita editar

Ola, desfixen a túa edición de linguas do mundo, por non ser o vietnamita unha lingua dravídica, é unha lingua mon-khmer, aínda que non todos os especialistas estean de acordo, hai quen opina que é unha lingua isolada. Supoño que sería unha confusión á hora de redactar o artigo, saúdos cordiais.--Rocastelo 13:52, 18 setembro 2005 (UTC)

  • Grazas polo aviso, xa está corrixido.--Rocastelo 15:50, 18 setembro 2005 (UTC)
  • Un pracer saudarche de novo, xa revisei os artigos que me dis, aínda que queda moito por traballar o certo que é cada volta os 10.000 artigos están máis preto.

Saúdos cordiais.--Rocastelo 20:08, 2 outubro 2005 (UTC)

Olá, Joao editar

Que tal vai todo polo Rio? Espero que vaia ben. Xa che revisei lingüisticamente o artigo de Fernando de Noronha e agradézoche que o incluíses na Galipedia. Cando precises de revisións da lingua, non haberá problema pola miña parte. No futuro vou crear algúns artigos máis relacionados coa natureza. Un saúdo para ti e para o Brasil. Até outro día.

Saúdos editar

Bo traballo Joao Xavier, moitas grazas por colaborar connosco incluso en momentos nos que non debes de dispor de moito tempo. Parabéns. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:23, 12 outubro 2005 (UTC)

  • De acordo, irei rapasando os artigos dos que falas. Con respecto a Mercosur en galego é cono. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:50, 12 outubro 2005 (UTC)
  • Ola, xa revisei Curitiba, o que non sei é o que é o zinco, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 12:24, 15 outubro 2005 (UTC)
  • Ola Joao. noraboa polo tremendo traballo que estas a realizar (nada novo que xa non saibas); perante as felicidades polo acontecemento de paternidade que tiveches (deus mediante esteedes todos ben). Fixen corrección oportunas nos tres artigos que me reseñaches, nembargantes no tocado o correo (non te presa, iso so cando de poida). Por outras a definición correcta é cana de zucre (aunque tamén esta observado pola RAG a alternativa azucre. Un saudo e retirome a descansar que me son as 4:30 AM. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 02:03, 20 outubro 2005 (UTC)
  • Feitas as correccions nos artigos de zucre e historia do zucre, marcho a descansar que me son boas horas. Un saudo e levao con tranquilidade. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:12, 21 outubro 2005 (UTC)

Artigos baleiros editar

Este comentario é sobre os artigos referidos aos anos, se só conteñen o modelo de páxina deben ser borrado de acordo coas regras de Wikipedia:Eliminación rápida. Se me indicas en que anos vas introducir algúns datos deixoos sen borrar. Outra cousa o formato que usamos para as localidades é o nome separado por unha coma do lugar ao que pertence e non o paréntese que reservamos para situacións especiais. Espero que todo vaia ben coa túa familia. Grazas polas túas contribucións e ánimos coa folga. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:35, 26 outubro 2005 (UTC)

  • Si o título é correcto. Non borrarei os artigo non ía facelo a menos que me dixeras que ías tardar moito en poñer algunha entrada. Xa supuxen que era polo tema dos 10.000 artigos, sei que todos estamos desexando chegar a esa cifra, non obstante penso que é mellor ter os artigos completos. Nunca poderemos "competir" con outras wikipedias en cantidade de artigos pero si podemos conseguir que a calidade desta enciclopedia supere a versións noutros idiomas con máis usuarios e artigos. É un obxectivo que está ao noso alcance. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:52, 26 outubro 2005 (UTC)
  • Bastante curioso o tema de Aleijadinho que deixas remarcado no ano 1730; liches o que eu espuxen desta persoaxe no artigo 1805/brasil?. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:29, 28 outubro 2005 (UTC)
  • Grazas Joao, antes estiven consultando a miñas fontes a a maioría dan por feito que iste escultor naceu o 29 de agosto (xa cho reseñei na historia de ano a ano e, enriba, na ligazons de 1730 podelo aprezar). Podes, se queres, traslada-la data a wiki.pt. Saude e saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:23, 28 outubro 2005 (UTC)
  • Ola, un artigo ben interesante que fixeches, o doprimeiro presidente da república brasileira, non existe un marcador específico para revisión gramatical, o que existe é o marcador de {{atención}}, podes poñer no resumo que precisa revisión gramatical ou ben na páxina de discusión, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:37, 1 novembro 2005 (UTC)

Santa Catarina editar

Ola Joao Xavier. En relación co comentario que fas sobre o artigo Santa Catarina quería preguntarche que é o que hai que facer co artigo. Saúdos para ti e para a túa familia. --Prevert(talk) 15:08, 3 novembro 2005 (UTC)

  • Paréceume que querias dicir que habia que facer algo co artigo Santa Catarina, pero sigo sin entender que propoñías. Entendín que dicias que o artigo Santa Catarina trataba en realidade de Florianópolis e que o comentario propoñía algún cambio, por iso preguntaba. Grazas pola explicación sobre o artigo pero neste caso non facía falta, xa sabes que te teño en moita estima e sei que escribes bos artigos. Queres que se faga algún cambio ou foi un erro de interpretación meu do teu comentariuo no campo resumo? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:33, 4 novembro 2005 (UTC)
  • Grazas, envieiche un email.--Rocastelo(fálame aquí) 09:58, 6 novembro 2005 (UTC)

Bocal e estágios editar

  • Ola Joao Xavier, como vai tudo? Estou a por em galego o artigo foguete espacial da wiki em português, mas tenho problemas com duas palavras, bocal e estágio. Se podes botarlhe uma olhada ao artigo já na Galipédia, estágio aparece em Tipos de foguete; e bocal aparece no apartado Principio de funcionamento. Um saúdo desde a Galiza.--Xoán Carlos Fraga 12:28, 8 novembro 2005 (UTC)
  • Olá, Joao, como vai pelo Brasil. Espero que vá bem. Estiven corrixindo algún dos teus artigos e espero que lles botes unha ollada por se non estiveres de acordo con algún. Tamén movín Economía de Trinidad e Tobago a Economía de Trindade e Tobago, xa que en galego é así. Obrigado por me axudares co foguete espacial. Un forte abrazo para un bon colaborador coma ti. Cóidate, amigo. --Xoán Carlos Fraga 23:02, 10 novembro 2005 (UTC)
  • Ola Joao. Xa sei que tes algun que outro problema para traducir o galego as cousas da wiki portugués. Deixoche unha páxina que che pode votar moito unha man no tema das emprega seguindo as intrucción dela. Só comentarche que borres o meu texto dende que haias obtidos resultados coa páxina. Espero che sexa útil, pero é un segredo que non debe de sabe-lo a maioría da xente, tan soo unhos poucos; ti entre eles. Saudos e Saudade. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:11, 15 novembro 2005 (UTC)
  • Votei unha ollada e a gramática é correcta, xa lin o que lle puxeches a Rocastelo, polo que se necesitas que a páxina teña que ser bloqueada tamén mo podes dicir xa que son administrador. Por outras non dubides en consulta-la páxina que te mandei pois traduce portugues a galego (en coido que co brasileiro o galego tamén o fai. Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:47, 15 novembro 2005 (UTC)
  • Sintoo, tampouco era a miña intención de que o traductor che creara confusión; se ven é certo que todo`programa que se preze nunca fara as cousas o noso gusto. Por outra, teño que dicir, que fas coma min, creas os artigos dende un principio (o de andar a copiar non é nada bo, polo que se alguén dá, pon ou comete un erro dos gordos, os que vamos detras e copiamos o erro; so o que facemos é expandi-lo). Polo que é preferible ter nos mesmos o erro que traelo doutro lado. Fas ben en avisar para que alguén te vote unha man e corrixa as túas dúbidas sobor do léxico; polo que no dubides en seguir avisando. Saudos e grazas.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:53, 16 novembro 2005 (UTC)

Río Tietê editar

Ola Joao Xavier voulle botar unha ollada rápida agora e noutro momento con máis tempo mirareino en detalle. Espero que todos estedes ben, un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:20, 22 novembro 2005 (UTC)

  • Xa revisei un pouco o artigo, co meniño é lóxico que teñas menos tempo para estar por aquí, goza del que está no tempo e de novo saúdos cordiais dende Galicia.--Rocastelo(fálame aquí) 22:58, 25 febreiro 2006 (UTC)
  • Xa corrixín un pouco o artigo de Kubitschek, pouco a pouco imos achegándonos aos 15.000 artigos. Dende logo o entroido non é como o que tedes alí no Brasil, pero este ano por aquí si que estiveron moi animados, iso si cun pouco de frío, pero iso é o de menos, un saúdo.--Rocastelo(fálame aquí) 17:18, 1 marzo 2006 (UTC)


  • Ola, xa actualicei os datos co nome da nova presidenta, como a páxina foi obxecto de vandalismo reiterado cambiei o status e agora os usuarios rexistrados poden editala, vexo que estás facendo un labor de agradecer cos presidentes e expresidentes, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 23:00, 11 marzo 2006 (UTC)

Revisión de traducións editar

Ola, Joao Xavier. Xa corrixín o artigo parlamentarismo. Algunha das corrección que fixen, aínda que innecesarias, son convenientes para que o texto non resulte estraño ou dea a impresión de ser unha tradución. O artigo é interesante. Vou facer un engadido indicando que o ano das eleccións españolas ás que te refires é o 2004.

Cando desexes que lle dea unha ollada a algún outro texto, non tes máis que dicirmo. Grazas (=obrigado) por me indicares o tradutor por2Gal, pois non o coñecía. Apertas --Lmbuga 00:24, 14 marzo 2006 (UTC)

  • Ola Joao Xavier, xa vin que andabas por outros wikis colaborando, é unha sorte que volvas a editar neste wiki. Nos últimos meses fomos mellorando considerablemente, pero aínda falta moito por facer. Xa me poño a revisar os artigos. Saúdos para ti e a túa familia. --Prevert(talk) 13:45, 26 maio 2006 (UTC)

Ola Joao Xavier!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Obrigados editar

Ola, Joao, obrigados estamos os galegos polas túas colaboracións de tanta calidade. Agardo que che vaia todo ben polo Brasil, e desexoche moita saúde a ti e aos teus seres queridos. Cuida-te muito. --Xoán Carlos Fraga 08:02, 16 outubro 2006 (UTC)

Economía de Chile editar

Ola Joao Xavier, recuperei o "de" no artigo de acordo coa edición: 03:28, 4 novembro 2006 Lmbuga (Talk | contribucións | bloquear) m (Economía do Chile movida a Economía de Chile: Uso inapropiad do artigo). Saúdos. --Moderador 10:42, 4 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Joao Xavier. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:19, 6 decembro 2006 (UTC)

Feliz aninovo editar

Grazas. Tamén che desexo un feliz aninovo. --Lmbuga Commons - Galipedia 13:45, 1 xaneiro 2007 (UTC)

Venceslau Braz ou Venceslau Brás editar

Ola Joao Xavier, estamos encantados coma sempre de que esteas editando por aquí. Esta mensaxe é para preguntrarche se segundo o teu criterio é correcto que a páxina Venceslau Braz fora movida a Venceslau Brás, no resumo pon grafía actual. Saúdos para ti e para a túa familia. Espero que todo vaia ben. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:05, 20 maio 2007 (UTC)

Grazas pola resposta. Unha aperta. --Prevert(talk) 12:57, 20 maio 2007 (UTC)
  • Olá, Joao Xavier, que bem que estás outra vez pela Galipedia. Aguardo que estejas bem. Saludaçoes. --Xoán Carlos Fraga 11:16, 20 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 3 outubro 2007 (UTC)

Conterrâneo editar

Olá, João. Também sou brasileiro, passei a dar uma olhadela maior pela Galipédia, que vejo, precisa de uma ajuda. Gostaria de contar contigo, quando tiver dúvidas sobre o funcionamento local, além das dificuldades da língua. Não falo fluentemente o Galego, mas faço o que posso. Se quiser me procurar na pt:wp, essa é a minha página de discussões. Obrigado. Alex Pereira¡digame! 02:32, 6 novembro 2007 (UTC)

Aniversario editar

Vai de aniversarios hoxe... xa que tal día coma este do ano 2004 rexistrábaste á Galipedia. Iso quer dicir que hoxe é o teu 3 aniversario galipédico. Que sexan moitos máis. Felicidades!!!! AlberteSi, digame? 18:48, 16 novembro 2007 (UTC)

Ola Joao Xavier. Estou seguindo o rastro de Albert galiza. Mirando a cabeceira desta páxina aínda vexo o meu saúdo de hai tres e un día. Parabéns, confio en que todo marche ben. Alédame de que sigas editando neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:54, 16 novembro 2007 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons editar

 
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Imaxe:Angola armes.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Angola armes.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Coat of arms of Angola.svg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Angola armes.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. Ademais, a imaxe borrada non estaba sendo usada.

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:17, 30 decembro 2007 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons editar

Ola Joao Xavier. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Bandeira da Bahia.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Bandeira da Bahia.svg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Bandeira da Bahia.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe. A imaxe non se empregaba en ningunha páxina

Un cordial saúdo.

--Lmbuga Commons - Galipedia 10:18, 31 decembro 2007 (UTC)

Grazas pola resposta. Que teñas tamén un feliz ano.

Seguirei indicándoche as imaxes que borre das que ti subiches, por se desexas comprobar calquera cousa. A continuación farei un listado e ireinas engadind sempre que o motivo sexa o mesmo:

Imaxe:Br PA.png, en Commons Image:Bandeira do Pará.svg

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:55, 31 decembro 2007 (UTC)

Roque Sáenz Peña editar

Ola, Joao Xavier. Creaches o artigo Roque Sáenz Peña. Pero o artigo contén tan pouca información que debería ser borrado. Como eses artigos hai moitos na Galipedia, sobre todo de épocas anteriores. Pero pouco a pouco a calidade da Galipedia vai mellorando, e non ten moito sentido facer centos de artigos de presidentes de Bolivia... sen apenas contido. Por iso é mellor que, no canto de facer artigos tan breves, intentes achegar máis información: con miniartigos, as ligazóns pasan a azul, e tamén matamos a oportunidade de que outra persoa faga un artigo máis completo sobre o tema. Pra todo o que queiras, conta comigo. --Xabier Cid 20:09, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes editar

Imaxe:Ruas de Olinda.jpg foi marcada por ausencia de datos e pode ser borrada. Por favor, se ves esta mensaxe, engade os datos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:34, 27 marzo 2008 (UTC)

Tamén carece de licenza Imaxe:VW1938.jpg--Lmbuga Commons - Galipedia 11:03, 16 setembro 2008 (UTC)

Grazas pola resposta. Non dubides en contactar comigo cando o desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:05, 24 outubro 2008 (UTC)

Feliz 2009 editar

Ola Joao, son eu o que che dá as grazas por colaborares na Galipedia desde tan lonxe. Deséxoche tamén a ti un feliz 2009.--PepedoCouto 10:06, 31 decembro 2008 (UTC)

Gostaria de fazer um projeto e um portal sobre o Brasil, para a melhora de artigos relacionados ao Brasil, o que diz da ideia? --Santista1982 18:27, 11 febreiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz editar

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:29, 26 febreiro 2009 (UTC)

Referencias. editar

Ola, Joao Xavier. como xa saberás, cando se crea un artigo como tradución doutro nunha Wikipedia en outro idioma, é necesario indicalo para non vulnerar a licencia baixo a cal está publicado. Dígocho porque nos artigos Primeiro Ministro de Suecia, Robert Themptander e Axel Pehrsson-Bramstorp non indicaches a súa orixe, nese caso pt:Anexo:Lista de primeiros-ministros da Suécia, es:Robert Themptander e es:Axel Pehrsson-Bramstorp, respectivamente. Procura non esquecelo no sucesivo. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 22:11, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Segundo aviso: José Gregorio Monagas. Non sigas por ese camiño. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:29, 6 de xullo de 2010 (UTC)

Olá Joao editar

  • Olá, Joao Javier. Estou contente por te ver de novo colaborando na Galipédia. Que tudo vaia bem. Saúdos e saúde. --Xoán Carlos Fraga 23:29, 14 de novembro de 2010 (UTC)

IW nas categoría editar

Ola Joao.

Cando fagas categorías non esquezas poñerlle as ligazóns interlingüísticas.

Graciñas, unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 21:06, 26 de maio de 2011 (UTC)

Saúdos editar

Ola Joao Xavier. Acabo de ver unha edición túa e moito me alegrei de verte por aquí. Despois de tantos anos espero que todo vaia ben e grazas por seguir vindo pola Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:13, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Voto editar

Boas, perdoa pero tiven que borrar o teu voto na páxina de Difusión dos medios de comunicación porque esa votación rematou fai tempo, orixinalmente fíxose nesta páxina, o que está na páxina que modificaches está a modo de "referencia" ou lembranza rápida, posiblemente cando a páxina se desenrole máis deberá ser eliminado. Xa puxen un aviso de que non se modifique ese apartado. De tódolos xeitos moitas grazas polo teu apoio e anímote a facer outras achegas a esas iniciativas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2012 ás 01:49 (UTC)Responder

Día das Letras Galegas 2014, Xosé María Díaz Castro editar

Ola Joao Xavier.

Ti que podes, non te animas a comezar pt:Xosé María Díaz Castro na Wikipedia portuguesa?

Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2014 ás 21:18 (UTC)Responder

Valparaíso editar

Boas Joao Xavier, o artigo Valparaíso, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes botarlle un ollo e amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 22:42 (UTC)Responder

William Randal Cremer editar

Boas, o artigo William Randal Cremer, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2019 ás 10:47 (UTC)Responder

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla editar

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)Responder

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Faye Dunaway editar

Boas, o artigo Faye Dunaway, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 27 de xullo de 2020 ás 11:38 (UTC)Responder

A Paz editar

Boas, o artigo A Paz, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 18 de agosto de 2020 ás 10:51 (UTC)Responder

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Belisario Betancur editar

Boas, o artigo Belisario Betancur, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 1 de xuño de 2021 ás 09:57 (UTC)Responder

Maurice Chevalier editar

Boas, o artigo Maurice Chevalier, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 19 de agosto de 2021 ás 11:16 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Joao Xavier.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría. E ti non o reflectiches no artigo "Maurice Chevalier".

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 3 de setembro de 2021 ás 19:32 (UTC)Responder

Facer tamén as redireccións editar

Ola Joao Xavier.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, por exemplo "Maurice Chevalier", quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 3 de setembro de 2021 ás 19:33 (UTC)Responder

Barnabas Sibusiso Dlamini editar

Boas, o artigo Barnabas Sibusiso Dlamini, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 15 de outubro de 2022 ás 00:42 (UTC)Responder

Juan Domingo Perón editar

Boas, o artigo Juan Domingo Perón, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2022 ás 11:11 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Joao Xavier.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de marzo de 2023 ás 07:43 (UTC)Responder

Mahalia Jackson editar

Boas, o artigo Mahalia Jackson, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 19 de agosto de 2023 ás 13:23 (UTC)Responder

Lois XI de Francia editar

Boas, o artigo Lois XI de Francia, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 20 de decembro de 2023 ás 21:33 (UTC)Responder

Eisaku Satō editar

Boas, o artigo Eisaku Satō, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 10 de xaneiro de 2024 ás 18:59 (UTC)Responder

Economía de España editar

Boas, o artigo Economía de España, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2024 ás 20:29 (UTC)Responder