Benvido(a) á Galipedia, Alexanderps!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 02:42, 28 decembro 2006 (UTC)

RE:CorrecciónsEditar

De nada, home. Cando queiras que algúen repase as cousas que escribas, non dubides en avisarme. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 14:46, 8 novembro 2007 (UTC)

  • Feito. Tiven que cambiar un par de cousiñas, explícoche:
  1. Os pronomes femininos túa e súa sempre levan til en galego, e todos os pronomes levan artigo.
  2. O pasado de morrer é morreron, e é un verbo regular polo que a terminación de terceira persoa de plural -eron aplicáse a todos os verbos regulares.
  3. As palabras rematadas en -ancia non levan circunflexo, de feito ese til non existe en galego.

Nada máis, o resto estaba perfecto. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 23:41, 8 novembro 2007 (UTC)

Ola, xa lle fixen eu a revisión a Xurxo V do Reino Unido. As mudanzas que lle fixen pódelas ver aquí. Moi bo o teu galego. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:22, 14 novembro 2007 (UTC)
Sintoo, cheguei tarde esta vez...:p Menos mal que temos a Alberte...hehehe. Para a vindeira, xa sabes onde estou. Un saúdo.--FryantTralarí Tralará 06:28, 15 novembro 2007 (UTC)

Ola de novo, Alex! Xa está corrixido. Deixote debaixo os erros que cometiches:

  1. En galego, os obxectos indirectos, soen levar o pronome "a". Por exemplo: Eduardo coñeceu a Wallis Simpson
  2. As terminación en portugues -ção en galego pasa a -ción ou -zón, dependendo da palabra. Podes consultar neste dicionario as dúbidas nese senso. O mesmo pasa con -tão, que pasa a -tión; e con -são, que pasa a -sión.
  3. Não en galego é non.
  4. O termo portugués aceitar, en galego é aceptar. O seu participio é aceptado, que é un participio regular. As terminacións -ado e -ido, son as que se usan nos participios regulares galegos.
  5. O verbo recusar en galego non é reflexivo.
  6. A terminación -ça pasa a -cia ou -za, dependendo da palabra.
  7. As palabras que en portugués terminan en -m, como em ou um, en galego rematan en -n :en, un.
  8. O j en galego non existe, cando en portugués hai unha, pasa a galego como ll ou, sobre todo, x, dependendo da palabra. Tamén pasa algo semellante co g, que aínda que si existe, en palabras portuguesas como sugestião, pasan a galego como suxestión.
  9. A terminación verbal portuguesa -ava, en galego é con b: -aba.
  10. En galego non se usa o s duplo, e normalmente cando en portugués hai un, en galego pasa a ter un só: Passou -> Pasou.

Nada máis, o resto esta perfecto. Por certo, non sabía que a verba recusar tiña tamén esa acepción en galego. Iso é o que me gusta de axudar a lusófonos co galego, que eu tamén aprendo un pouquiño máis. Un saúdo..:) --FryantTralarí Tralará 02:50, 17 novembro 2007 (UTC)

Xurxo / XorxeEditar

Ola Alexanderps. Vexo que cambiaches o título do artigo que acabo de empezar sobre Xurxo II de Gran Bretaña. Pola miña banda non teño ningún inconveniente en utilizar ese nome, pero creo que a tradución ao galego do nome orixinal George pode ser válido tanto Xurxo como Xorxe, polo que non era necesario o cambio. De tódolos xeitos, tal como dixen, pola miña banda non hai ningún inconveniente en deixar Xurxo. Un saúdo --Furado 16:04, 28 novembro 2007 (UTC)

Ola de novo Alex. Non son necesarias desculpas. Cando precises calquera cousa non dubides en comunicarte comigo. Saúdos --Furado 20:32, 28 novembro 2007 (UTC)

BenvidasEditar

Boas, grazas por molestarte en darlle a benvida aos novos usuarios, sen dúbida así estas a aforrarnos moito traballo aos administradores :D. Quería facerche unha suxerencia, cando poñas o Modelo:Benvida é mellor que poñas {{subst:Benvida}} e non {{Subst:Benvida}} xa que o poñer o "subst" engádese todo o código do modelo na páxina. Un saúdo --Banjo tell me 19:45, 2 decembro 2007 (UTC)

Troco do nome en wiki:ptEditar

Muito obrigado pela ajuda para muda-lo nome. Um abraço. AlberteSi, digame? 11:36, 3 maio 2008 (UTC)

Grazas pola túa axudaEditar

Ola Alexanderps. Grazas por achegarte á Galipedia e botarnos unha man na construción deste wiki. Case desde o comezo da Galipedia temos colaboradores do Brasil que contribuíron coas súas edicións a acrecentar este wiki, con eles temos polo xeral unha conexión moi especial e grande aprecio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:47, 20 outubro 2009 (UTC)

Grazas a vostedes!!! Voltei a acrecentar algunha cousa aquí, espero que o meu galego non estexa tán malo... Saúdos. Alex Pereira¡digame! 12:54, 20 outubro 2009 (UTC)
Non hai por que dalas, para iso estamos. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:15, 22 outubro 2009 (UTC)

OpiniónEditar

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)