Benvido á Galipedia, Chum!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 21:53, 9 de novembro de 2010 (UTC)

DirndlEditar

Ola, Chum. Parabéns polo teu artigo Dirndl. Fixeime en que é unha tradución máis ou menos libre do correspondente na wiki castelá. Cando fagas iso debes indicar (normalmente no cadro de resumo) a orixe dende a que estás traducindo, pois é o que esixe a licenza baixo a que se publicou o orixinal. É dabondo con indicar "A partir de es:Dirndl" ou algo polo estilo. Un saúdo e a seguir. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:37, 10 de novembro de 2010 (UTC)

AlacantEditar

No artigo Alacant - Alicante se miras a nota primeira podes comprobar as fontes onde se indica que Alacant é a forma correcta en galego.--Cheluco 19:16, 24 de novembro de 2010 (UTC)

Espazos sobrantesEditar

Chum, os espazos que estás a engadir nos artigos non son necesarios. De feito, sobran, polo cal revertín as edicións. Se tes calquera dúbida sobre o formato a seguir, bótalle un ollo ao libro de estilo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:55, 10 de maio de 2012 (UTC)

Váiseme a man nos intros ás veces. Pero as categorías tamén sobran? Usuario:Chum (fálame) 18:46, 10 de maio de 2012 (UTC)

títulos dos artigosEditar

Ola, Chum! Cando queiras mover o contido dun artigo a outro título novo (como fixeches con "Centros de estudos galegos" cara a "Centro de Estudos Galegos") non fai falla que crees un artigo novo e elimines o texto do orixinal. É máis correcto darlle á pestana de 'mover' para poder conservar o historial do artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:27, 15 de agosto de 2012 (UTC)

A LanzadaEditar

Bos días. No artigo sobre A Lanzada dis que existiu un "aeródromo alemán encuberto" durante a Segunda Guerra Mundial. ¿De onde quitas esa información? Nunca escoitei tal cousa e o único aeródromo que coñezo nesta zona, hoxe reconvertido en aparcamento, estaba na zona da Lanzada que pertence ó Grove. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 09:31, 2 de setembro de 2012 (UTC)

Boas tardes. É certo que é probable que falemos do mesmo aeródromo e si que está localizado no Grove pero creo que me liei. A miña fonte é o artigo de Jesus María Reiriz Rey A Coruña y la II Guerra Mundial no Anuario Brigantino do ano 2006. Saudiña! Chum15:06, 4 de setembro de 2012 (UTC)
Paso, xa aue logo, esa información á Lanzada do Grove. Lembra que para contestares debes facelo na páxina de conversa do usuario a quen te dirixes, para que este reciba un aviso na súa pantalla de que ten unha mensaxe. Grazas e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 15:23, 4 de setembro de 2012 (UTC)

Atribución e referenciasEditar

Ola Chum.

Á hora de traducires artigos doutras wikipedias, por favor, ten en conta dúas cuestións:

  1. Eses proxectos publican baixo CC-BY-SA. Esa licenza esixe atribución. É dicir, é obrigatorio que mencionar en algures (resumo de edición ou páxina de conversa) que tiraches os contidos deles.
  2. So traduces o bloque de texto e deixas atrás as referencias. As referencias son algo importantísimo nun proxecto coma este, que non ten unha editorial detrás que se responsabiliza do que di. Wikipedia non é unha fonte primaria, e polo tanto cómpre especificar cales son as fontes. De onde sae o que din os artigos? Quen o di? É unha opinión do redactor? É un traballo de campo? É unha invención? Non. Suponse que o dito foi publicado anteriormente por fontes acreditadas. Hai que citalas. Tes máis información en Wikipedia:Verificabilidade, Wikipedia:Citar as fontes, Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria...

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22:02, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Chum, permíteme insistir no tema das referencias. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2013 ás 07:59 (UTC)

ChamadelleEditar

Ola Chum.

Poderías ampliar un chisco: Chamadelle?

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22 de abril de 2014 ás 19:41 (UTC)

Aviso na taberna de axudaEditar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:44 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Chum.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

Axudas ortográficasEditar

Ola Chum. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

--Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xullo de 2018 ás 07:31 (UTC)