CONCACAF
A CONCACAF, acrónimo en inglés de Confederation of North, Central American and Caribbean Association Football, é o organismo que reúne ás asociacións nacionais de fútbol de América do Norte, América Central, as illas do Caribe e os estados suramericanos de Güiana, Suriname e o departamento francés da Güiana francesa.
Esta é unha das seis confederacións que compoñen a FIFA e foi fundada en 1961 na Cidade de México (México) como resultado da fusión da NAFC e a CCCF. O organismo encárgase da organización de competicións de equipos nacionais e clubs, así como dos torneos de clasificación para os Mundiais de fútbol anivel do continente.
Membros asociadosEditar
40 asociacións nacionais de fútbol pertencen á CONCACAF distribuídas en confederaciones subordinadas á primeira.
Zona norteamericana (NAFU)Editar
País | Federación | Seleccións |
---|---|---|
Canadá | Canadian Soccer Association (CSA) | masculina feminina |
México | Federación Mexicana de Fútbol (FMF) | masculina feminina |
Estados Unidos | United States Soccer Federation (USSF) | masculina feminina |
Zona centroamericana (UNCAF)Editar
Zona caribeña (CFU)Editar
Notas
- 1 Xeograficamente en Norteamérica pero membro da CFU
- 2 Afiliado á CONCACAF pero non á FIFA.
- 3 Xeograficamente en Suramérica pero membro da CONCACAF e a CFU.
CompeticiónsEditar
De selecciónsEditar
ConfederaciónEditar
- Copa Ouro da CONCACAF.
- Copa Ouro da CONCACAF feminina.
- Torneo pre-olímpico da CONCACAF
- Torneo pre-olímpico da CONCACAF feminino
- Campionato sub-20 da CONCACAF
- Campionato sub-20 da CONCACAF feminino
- Campionato sub-17 da CONCACAF
RexionaisEditar
- Copa das Nacións UNCAF clasificatoria para a Copa Ouro (os cinco primeiros).
- Copa Caribeña clasificatoria para a Copa Ouro (os catro primeiros).
Fútbol praiaEditar
DesaparecidosEditar
- Campionato NAFC (1947,1949).
- Campionato CCCF (1941-1961).
- Campionato CONCACAF (1963-1989).
- Campionato CFU (1978-1985).
- Copa das Nacións Norteamericanas (1990,1991).
ClubsEditar
ConfederaciónEditar
RexionaisEditar
- SuperLiga - América do Norte.
- Campionato de clubs CFU - Caribeño, os tres primeiros clasifícanse para a Champions League.
DesaparecidosEditar
Clasificacións para os Mundiais de fútbolEditar
Só dez membros da CONCACAF conseguiron clasificarse para os Mundiais desde o seu nacemento en 1930, e deses dez, seis só o fixeron nunha ocasión. A mellor clasificación dunha selección membro da Confederación foi o terceiro lugar dos Estados Unidos conseguido en 1930. Até os cuartos de final chegou EUA nunha ocasión máis en 2002, México nos dous mundiais que organizou, en 1970 e 1986, e Cuba na súa única aparición nun mundial en 1938.
A seguinte táboa amosa os representantes da CONCACAF en cada edición da Copa do Mundo, ordenados por número de aparicións:
Equipo | 1930 |
1934 |
1938 |
1950 |
1954 |
1958 |
1962 |
1966 |
1970 |
1974 |
1978 |
1982 |
1986 |
1990 |
1994 |
1998 |
2002 |
2006 |
2010 |
2014 |
Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
México | FG | FG | FG | FG | FG | FG | 1/4 | FG | 1/4 | 1/16 | 1/16 | 1/16 | 1/16 | 13 | |||||||
Estados Unidos | 3ª | 1/16 | FG | FG | 1/16 | FG | 1/4 | FG | 8 | ||||||||||||
Costa Rica | 1/16 | FG | FG | 3 | |||||||||||||||||
O Salvador | FG | FG | 2 | ||||||||||||||||||
Cuba | 1/4 | 1 | |||||||||||||||||||
Haití | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Honduras | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Canadá | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Xamaica | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Trinidad e Tobago | FG | 1 | |||||||||||||||||||
Total | 2 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 3 | 3 | 4 | ANX | ANX | 32 |
- Legend
- 3ª – Terceira praza
- 1/4 – Cuartos de final
- 1/16 – Dezaseisavos de final
- FG – Fase de Grupos
- ANX – Aínda non xogado.
ClasificaciónsEditar
Seleccións nacionaisEditar
Calculados pola FIFA baseado nos partidos xogados nos últimos catro anos.[1]
CONCACAF | FIFA | País | Puntos |
---|---|---|---|
1 | 14 | Estados Unidos | 947 |
2 | 26 | México | 822 |
3 | 35 | Honduras | 761 |
4 | 41 | Costa Rica | 694 |
5 | 61 | Panamá | 536 |
6 | 72 | Trinidad e Tobago | 471 |
7 | 76 | Xamaica | 456 |
8 | 83 | Canadá | 430 |
9 | 99 | Cuba | 353 |
10 | 100 | O Salvador | 352 |
Clasificación de clubsEditar
Clasificación calculada polo IFFHS en base a partidos xogados durante o último ano.
CONCACAF | IFFHS | Club | Puntos |
---|---|---|---|
1 | 55 | México Guadalajara | 145,0 |
2 | 69 | México Cruz Azul | 135,5 |
3 | 83 | México San Luis | 124,5 |
4 | 96 | México Santos Laguna | 116,5 |
5 | 98 | México Atlante | 114,5 |
6 | 122 | México Universidad Nacional | 101,0 |
7 | 130 | Honduras Marathón | 97,0 |
8 | 153 | México América | 88,5 |
9 | 167 | Panamá Tauro | 85,0 |
10 | 171 | Guatemala Municipal | 84,0 |
11 | 177 | Costa Rica Saprissa | 83,0 |
12 | 200 | Honduras Olimpia | 79,0 |
13 | 206 | México Deportivo Toluca | 78,0 |
14 | 224 | México Pachuca | 74,0 |
15 | 274 | O Salvador Luis Angel Firpo | 68,0 |
México Atlas | |||
17 | 288 | Estados Unidos Houston Dynamo | 67,0 |
18 | 295 | Nicaragua Real Estelí | 66,0 |
19 | 350 | O Salvador Isidro Metapán | 60,0 |
Panamá San Francisco |
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- México é o único país membro da CONCACAF que ten un título oficial da FIFA, a Copa das Confederacións da FIFA de 1999 e a Copa Mundial de Fútbol Sub-17 en 2005. Ademais conseguiu o subcampionato na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 en 1977 e da Copa Mundial de Fútbol Praia da FIFA en 2007.
- México é o máximo gañador de torneos oficiais de selección sénior avalados pola CONCACAF e a FIFA con 11 títulos: 1 Copa Confederacións, 4 Copa Oruo da CONCACAF, 3 Copa CONCACAF, 1 Copa de Nacións Norteamericanas e 2 Copa NAFC .
- A selección de Costa Rica ostenta o récord de maior puntuación nas clasificatorias para a Copa do Mundo desde que a eliminatoria se disputa a oito. Durante o proceso eliminatorio para Corea-Xapón 2002, os de costaricenses obtiveron 23 puntos de 30 posíbeis, unha suma que segue sen ser igualada.