Cecilia Barriga nada en Concepción (Chile) en 1957 é unha directora, guionista e produtora audiovisual hispana-chilena que utiliza diversos formatos e xéneros: videoarte experimental e performance, documental e cine de ficción.

Infotaula de personaCecilia Barriga

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Concepción, Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDocumental Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema , pintora , documentalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0057441 Allocine: 39015 Allmovie: p591828 BNE: XX1503601 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Realizou os seus primeiros estudos en Concepción ata que en 1977, aos 19 anos, exiliouse a España fuxindo da ditadura chilena. Licenciouse en Ciencias da Información, na Universidade Complutense de Madrid, en 1985.[1] Unha década despois continuou a súa formación noutros países: en 1994 realizou un curso de documentais na Escuela Internacional de Cine y Televisión (EICTV) de San Antonio de los Baños na Habana (Cuba). En 1995-1996 realizou un seminario de escritura creativa audiovisual na Universidade de Columbia, Nova York.[2] No 2008 obtivo unha bolsa de escritura de guion no Centro de Arte Montehermoso e Art in residency. Vila Strauli. Winterthur en Suíza.[3]

Desde o inicio da súa carreira en 1982 documentou a situación das mulleres no mundo, o pensamento e o activismo feminista e a construción de identidades, individuais e colectivas. Tamén seguiu de cerca o proceso de movementos cidadáns como o 15M en España, “Occupy Wall Street” en EEUU e as protestas de estudantes en Chile. Constante viaxeira, ademais de Chile e España residiu en Nova York, A Habana, Berlín e Zúric. Os seus traballos exhibíronse internacionalmente en museos de arte contemporánea, canles de televisión, festivais e salas de cine.

Na súa obra destaca o tratamento das mulleres desde unha perspectiva feminista e a reflexión sobre a construción de identidades individuais e colectivas. Doutra banda, o contexto da represión política da ditadura que lle tocou vivir en Chile durante a súa adolescencia foron determinantes para entender a preocupación que sempre tivo pola denuncia de calquera forma de represión das liberdades, sinala a propia cineasta en Lo que queda de mí un texto autobiográfico no que explica o seu interese pola vídeoarte e o seu proceso na creación audiovisual.[4]

O seu primeiro traballo foi Entre actos (1982) no que experimentou co videoarte, un xénero que -segundo Barriga- se estaba empezando a coñecer en España ignorado aínda pola gran maioría de especialistas e académicos relacionados co mundo audiovisual.[4] Na peza expón o retrato minimalista dunha muller que realiza solitarios e repetitivos xestos que a relacionan con obxectos e utensilios do traballo doméstico. Dunha forma parecida explora no acto repetitivo e solitario o contacto co seu corpo como un obxecto de pracer. No fondo -di Barriga- é a representación da opresiva soidade e repetición do traballo doméstico e a reivindicación da masturbación como a afirmación da apropiación do pracer individual como unha vía de liberación.

En 1984 realizou o seu primeiro documental: Alcobendas puede ser un nombre de mujer. Baixo a pregunta "que é ser muller?" propón a distintas mulleres da cidade de Alcobendas (Madrid) a reflexión que constata a dificultade para definir un concepto aparentemente fácil e culturalmente acoutado. O documental recibiu o Premio Nacional de Vídeo do Instituto da Muller.[5]

Con Voix on eine pista (1987) vídeo experimental mostrou un paseo abstracto e algo surrealista pola vida dun personaxe ausente e perdido. No escenario dunha pista de atletismo aparecen unha serie de personaxes de distintas nacionalidades dando testemuña nos seus idiomas respectivos (francés, portugués, inglés, alemán e español) da vida de Gregorio Sánchez, a quen só vemos minutos antes de iniciar a súa carreira en solitario nesa pista tamén desolada.

En 1988 Barriga regresou a Chile cunha cámara e rodou o documental Chile, por qué no sé, no que mostra os momentos de exaltación en Chile tras a vitoria do “Non” ante o referendo convocado por Augusto Pinochet e a volta do país á democratización.[6]

Entre 1990-1991 creou unha das súas obras máis recoñecidas, Encuentro entre dos reinas, unha curtametraxe de 14 minutos no que a modo de cine mudo, a través de textos e música de piano, articúlase un drama a dúas bandas entre Marlene Dietrich e Greta Garbo facéndoas coincidir mediante a apropiación de fragmentos de películas.[7] O traballo articúlase sobre a deconstrucción do xénero e dialoga co libro Gender Trouble de Judith Butler, publicado en EEUU ese mesmo ano estandarte dos estudos feministas e queer nas universidades de EEUU[8] durante a década dos noventa. Trátase dunha das pezas queer con maior proxección internacional no circuíto artístico, presente en institucións como o MoMA (Nova York), Whitney Museum (Nova York), Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía ou o Museo Guggenheim (Bilbao).[9]

En Esquizo Formas (1991), divide o corpo proxectado e o corpo gravado dos espectadores a través de tres monitores. Barriga utilizou unha columna de 3 monitores que reproducían o corpo humano dividido en tres partes.[9] Proxectábase o corpo dividido de diversas persoas que bailaban ao ritmo dunha música. Aos poucos íanse mesturando os corpos en distintas partes e o resultado era unha combinación deformante das persoas, unha muller cun tronco de home e pés de neno, por exemplo ou outras delirantes combinacións. O espectador púñase nun punto de luz desde onde debía mirar a proxección e á súa vez el víase reflectido noutra columna formada por dous espellos do mesmo tamaño e postos á mesma altura dos monitores que debía contemplar. En vez do monitor superior que correspondía á cabeza aparecían unha serie de primeiros planos frontais de famosas estrelas de cine que miraban a cámara. Como consecuencia o espectador vía o seu corpo co rostro dun famoso.[4]

En 1994 filmou La herida de mi ojo, sobre a Cuba contemporánea.

En Pequín no fue un sueño (1995), documentou a IV Conferencia Mundial da Muller convocada por Nacións Unidas en Beijing. Mulleres de todo o mundo reflexionando sobre os alicerces de batalla dos anos sesenta e setenta aínda vixentes que manteñen a desigualdade.

Con Calor City (1996) realizou unha acción en Nova York durante a gran nevada que deixou cuberta de neve Manhattan e paralizouna durante varias horas. Cun vídeo proxector portátil paseouse polas rúas facendo proxeccións sobre as montañas brancas de neve que tapaban os coches con imaxes do sol e as augas caribeñas de Cuba. No fondo -explicou Barriga sobre a obra- era suxerir cun simple acto, que en circunstancias extremas unha gran cidade con tanto poder como Manhattan, podía ser tan vulnerable a necesitar axuda doutros lugares moito menos poderosos e máis pobres como Cuba, coa súa calor e a súa enerxía natural.[4]

Durante a década dos 2000 seguiu coa videocreación, aínda que o ton da mensaxe volverase máis íntimo e autobiográfico. É o caso de Amor Veloz (2000) unha peza de vídeo arte para ser proxectada nunha sala grande. Pola xanela dun tren de alta velocidade vemos a típica paisaxe do sur de España. A imaxe é sempre esta viaxe e nunca descubrimos o interior do tren. Aparece un texto escrito que corresponde ao pensamento dun suposto personaxe que vai sentado fronte a esta xanela. Como unha homenaxe a Marguerite Duras, o texto cóntanos as percepcións que este home ten dunha muller que está sentada fronte a el.

Tamén no 2000 roda en Nova York Cuando amo, amo no marco do cine de ficción. Unha curtametraxe que fala do amor como construción imaxinaria e do desamor como pesadelo construído. Unha ambigua escritora-escritor conta as súas dores polo seu amor perdido. A rabia e a dor de sentirse abandonada-do na inmensidade de Manhattan fanlle pensar tamén na destrución desa cidade ferida por anos de despiadada civilización.

No 2000-2001 estreou Time's Up! (Acabouse o tempo), a súa primeira longametraxe protagonizada pola arxentina Leonor Benedetto. Unha comedia en branco e negro rodada en Nova York na que conta as vivencias dunha psicóloga que, farta de pagar alugueres, compra unha caravana para pasar consulta aos seus pacientes, co transfondo da situación política de América Latina, concretamente de Arxentina e Chile[10] presentada no Festival na sección Zabaltegi.[11]

El camino de Moisés (2003) foi un documental de encarga para o programa Documentos TV da canle La 2 de TVE, mostra o tránsito que fai o protagonista desde a súa identidade de nacemento con xenitalidade feminina a unha transformación da súa autoidentidad masculina. Desde unha posición queer, este documental propón unha reflexión sobre a cuestión de xénero e o transxénero como categorías en constante modificación.[12]

Lloro (2004), é unha videoinstalación con dúas grandes pantallas confrontadas na que se mostra á propia autora chorando fronte á cámara sobre tódalas situacións e momentos que a marcaron. Imaxes de guerra, a morte do seu pai, recordos de amores perdidos, paisaxes destruídas, imaxes de películas que a fixeron chorar, etc.. "É un extenso collage longo e variado sobre o que se ouve o racho do meu pranto rodado dunha forma tan desposuída que resulta case pornográfico..." explica Barriga.[4]

No ano 2005 presenta El origen de la violencia. O vídeo busca os procesos ocultos polos que esta desencadéase. Un neno comeza a maltratar ao seu gatiño nun lugar perdido da selva amazónica. Barriga pregúntase cal foi o motivo que desencadeou a acción. "Da mesma maneira, as mulleres foron tratadas ao longo da historia como identidade secundaria ao suxeito social. … Durante séculos o feminino foi tratado polo poder como unha identidade pobre e débil. Como ese neno indíxena, tamén habitante dunha periferia, neste caso a do desenvolvemento. Ese desprezo, esa minusvaloración énchenos de rabia e de ira contida." (Barriga, 2005: 58).[13]

Tamén en 2005 presentou o documental Ni locas ni terroristas no Festival de Cine de San Sebastián[14]

No 2006 inicia a súa colaboración coa suíza Claudia Lorenz con dous curtos: El día del euro (2007) e a historia dun encontro casual en Zúric de dúas mulleres que viviron unha historia de amor na súa mocidade en Im Fluss (No río) seleccionado entre os mellores 20 documentais do programa Documentos TV de Televisión Española.

No ano 2010 con 5000 feminismos Barriga recolle nun documental de 52' o retrato da forza política, organizativa do feminismo a partir do encontro do 6 de decembro de 2009 que conmemoraba o 30 aniversario das primeiras Xornadas Feministas de Granada cunha manifestación polo centro da cidade de preto de 5.000 feministas na que durante dúas horas, unha batucada, a confraría do "mismísima cona", unha performance do colectivo Medeak e decenas de pancartas sostidas por miles de corpos encarnaron a amplitude do suxeito identitario feminista.[15]

En 2012 a súa película Time's up! (2000) foi incluída no ciclo El Silencio del Palacio. Perspectivas del cine feminista do Museo Raíña Sofía de Madrid.[16]

En 2013 estrea Tres instantes, un grito gravada en 2011, documentando a experiencia da Primavera Árabe, o 15M, Syntagma, Occupy Wall Street e o movemento estudantil chileno. "No tres casos aparecen retóricas e referencias a un feminismo práctico. Hai outras resonancias, outras formas de entender a política, disidencias con respecto ás formas tan clásicas e masculinas da esquerda tradicional" declarou a cineasta nunha entrevista sobre o documental e o seu proceso de creación.[17]

No ano 2014 participou no libro colectivo Feminismos lesbianos y queer coordinado por Beatriz Suárez Briones co capítulo Posiciones frente a lo queer.[18]

Arte feminista

editar

A cuestión da nova identidade histórica da muller cobra especial importancia a partir dos anos 70. Cecilia Barriga tenta reflexionar sobre iso en moitas das súas obras. Para min a “arte feminista” é o tránsito inevitable que fixemos moitas mulleres para alcanzar o noso verdadeiro espazo, é dicir “outro” máis igualitario e diferente explica Cecilia Barriga sinalando elementos que resultan constantes no seu traballo: a representación do feminino (con todo o espectro no que se articula, sexa baixo unha identidade de xénero ou coa reivindicación do feminismo como un traxecto necesario), as outras opcións sexuais, tanto o lesbianismo como a transexualidad ou a mobilidade dos estereotipos sexuais, a denuncia social e a multiculturalidad, a dor do desamor e a soidade do ser humano.[4]

Videografía e filmografía

editar
  • 2013 Tres instantes, un grito Documental. 96' Guion, dirección y producción
  • 2010 Casa de red 8' Videocreación.
  • 2010 Mujeres por un mundo mejor Documental
  • 2010 Arco nano (Arte pequeño) 2'
  • 2010 El esqueleto tatuado Video performance
  • 2010 5000 feminismos Documental Guion y dirección
  • 2008 Deseo del agua Producción independiente
  • 2008 Ojo eje 6' Videocreación
  • 2008 Ficciones sobre el documental Videocreación Festival Documenta Madrid08
  • 2007 Pequeñas manipulaciones sobre género, identidad y otras representaciones Videoinstalación. Exposición Kiss Kiss Bang Bang. Museo de Bellas Artes de Bilbao.
  • 2007 El Día del euro 6' (Codirección) Video artístico. Proyecto Madrid Procesos 06 AVAM (CRAC)
  • 2007 Im Fluss (En el río) 6' (Codirección) Videocreación. Proyecto Madrid Procesos 06 AVAM (CRAC)
  • 2006 Lo que ellas ven. Sala Rekalde Bilbao
  • 2005 El pasajero triste Arte Solidario. Video instalación. Centro Cultural El Águila.
  • 2005 Ni locas, ni terroristas 50' Documental. Guion y dirección. Continental Films para TVE. La noche temática
  • 2005 11 segundos Produccions Orgánicas para TVE. Documentos TV
  • 2004 El origen de la violencia Exposición 2005-2006 Cárcel de amor. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
  • 2004 Lloro Videoinstalación
  • 2004 Gonzalo Rojas, poeta del relámpago Universidad de Alcalá de Henares
  • 2003 El camino de Moisés Documental. Dirección
  • 2001 Atrapados en el paraíso Documental. Guion y dirección
  • 2000 Time's Up! (Se acabó el tiempo) Largomentraje. Guion, dirección y producción
  • 2000 Amor Veloz Videocreación. Homenaje a Margarite Duras
  • 2000 Cuando amo, amo Corto rodado en Nueva York
  • 1997 Cuéntame de la Luna Christian Aid. Inglaterra
  • 1996 Por qué no una mujer Ordas SL Madrid
  • 1996 Calor City
  • 1995 Pekin no fue un sueño Documental
  • 1995 Social summit, people summit Naciones Unidas
  • 1994 La herida de mi ojo
  • 1993 Mírame, mírame Guion, dirección y producción
  • 1991 Esquizo Formas
  • 1990 Encuentro entre dos reinas (Meeting of Two Queens) Video experimental. Corto. Guion y Dirección
  • 1989 Largo recorrido
  • 1988 Chile, por qué no sé Documental
  • 1987 Voix on eine pista. Video experimental
  • 1984 Alcobendas puede ser un nombre de mujer Documental
  • 1982 Entre actos Videoarte

Premios

editar
  • 2001: Premio á Mellor Película no Festival Internacional de Cine de Amiens e unha Mención Especial no Festival Internacional de Films de Femmes, por Time's up!
  • 1994: Premio Nacional do Instituto das Mulleres por Alcobendas puede ser un nombre de mujer.
  • 1993: Mellor curto IX Festival Internacional de Cine realizado por mulleres, por Mírame, mírame.[19]
  1. "Cecilia Barriga - accademiaspagna" (en castelán). Consultado o 2024-06-18. 
  2. "Mujeres en Dirección. Cecilia Barriga" (PDF). Consultado o 29 de maio de 2015. 
  3. "Mujeres en Dirección" (PDF). Consultado o 29 de maio de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Barriga, Cecilia (2004). "Lo que queda de mí". Mujeres en red. Zehar: revista de Arteleku-ko aldizkaria. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  5. "Comienza a emitir la televisión de Alcobendas con la oposición de la delegada del Gobierno". 17 de febreiro de 1987. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  6. "Plebiscito de 1988 - Memoria Chilena, Biblioteca Nacional de Chile". www.memoriachilena.gob.cl. Consultado o 2024-06-18. 
  7. "Encuentro entre 2 reinas". Hamaca. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  8. "Enlace 51. Cecilia Barriga". Museo Reina Sofía. 28 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  9. 9,0 9,1 "Cecilia Barriga, el feminismo como principio de creación". Arte y políticas de identidad vol 8 / Jul.2013. xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  10. "Cecilia Barriga debuta con 'Time's up', un filme sobre Nueva York con trasfondo político". Europa Press. 13 de xuño de 2001. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  11. Torres, Maruja (15 de xuño de 2001). "Caravana, memoria y vida". El País. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  12. "Hamacaonline - obres - El camino de Moisés". www.hamacaonline.net. Consultado o 2024-06-18. 
  13. Martínez Collado, Ana. "Arte contemporaneo, violencia y creación feminista. "Lo personal es político"". Consultado o 28 de maio de 2015. 
  14. "Awards and Jury Members › Cecilia Barriga" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  15. "5000 feminismos". 8 Muestra de Cine de Lavapiés. 25 de xuño de 2011. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  16. "Actividad - El Silencio del Palacio. Perspectivas del cine feminista -" (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2017. 
  17. "Sólo necesitamos tiempo: una entrevista con Cecilia Barriga sobre cine y política". El Diario. 19 de decembro de 2014. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  18. "Feminismos lesbianos y queer". Plaza y Valdés. 2014. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  19. "La película Orlando". 15 de novembro de 2013. Consultado o 28 de maio de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar