Videoinstalación

Unha videoinstalación ou instalación videográfica, no mundo da arte contemporánea, é unha instalación artística baseada na emisión dun ou máis vídeos nunha sala fechada, en diferentes salas ou ao aire libre. Utilízanse elementos de videoarte e instalacións. A instalación de vídeo é un xénero de arte que incorpora tempo e espazo, que pode incluír elementos de vídeo e auditivos (que poden ser declamacións, diálogos, música, algúns tipos de ruído ou silencio), elementos de escultura ou arquitectura, e outros elementos estáticos ou dinámicos situados nun espazo tridimensional. Pode tratar temáticas diversas, desde a reflexión sobre a propia materialidade física da obra, a percepción desde diversos prismas, as matemáticas na arte, a crítica social etc.

After Tiepolo, 2013

As súas orixes remóntanse aos anos setenta, aínda que houbo precursores xa nos anos cincuenta. Hoxe as instalacións de vídeo están por todas partes, pódense ver en diversos ambientes, desde museos até paisaxes urbanas ou industriais. Os formatos máis populares poden usar monitores, proxeccións ou performances. Hai videoinstalacións nas que se emprega un circuíto fechado de TV, onde as cámaras van gravando en directo e as imaxes van sendo emitidas ao mesmo tempo ou diferidas. Exemplos disto son a obra Time Delay Room do artista Dan Graham ou Live-Taped Video Corridor de Bruce Nauman.

Na Península Ibérica, o catalán Antoni Muntadas foi un dos pioneiros da videoinstalación. O seu traballo de 1977 The Last Ten Minutes II emite simultaneamente en tres monitores os últimos dez minutos de imaxes de televisión da programación do mesmo día en Washington, Kassel (Alemaña) e Moscova.

En 2018 o ciclo do CGAI «Mirada país» recollía obras de máis de trinta de artistas galegos, repasando a videocreación dos últimos 40 anos no país. Alicia en Galicia Caníbal, de Xavier Villaverde, é unha das pezas desa exposición, e unha das primeiras videoinstalacións que se realizaron en Galicia

TécnicasEditar

 
Instalación participativa.

Unha das principais estratexias empregadas polos vídeo artistas é a incorporación do espazo e o tempo como elemento clave. Tratar os conceptos de fragmentación e de simultaneidade, e binomios como «espazo real – espazo virtual», de xeito que se supera a narración cinematográfica lineal e de pantalla única e se estende polo espazo. Nesta situación, o espectador xoga un papel activo onde el mesmo pode crear a secuencia narrativa co seu percorrido ou evolución a través do espazo. Ás veces, incorpórase un público participativo e tamén hai instalacións de vídeo interactivas, nas que un efecto visual se pode transformar en movementos analóxicos (por exemplo en cubos de madeira de varias tonalidades que actúan coma píxeles). O son é un elemento fundamental, ben por presenza en forma de música, palabras, ruídos ou silencios (ou son-off), ben por remitir ás imaxes proxectadas ou porque deliberadamente non se ve a fonte na pantalla (acusmáticos).

HistoriaEditar

 
Videoinstalación de Nam June Paik

En 1958 Wolf Vostell creou a primeira instalación da historia da arte que incorpora un aparello de televisión, a peza Vista Germany [1] que hoxe forma parte da colección da Berlinische Galerie Museum e con 6 TV Dé-coll / age [2] de 1963, que forma parte da colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Vostell converteuse nun precursor das videoinstalacións dos setenta.

Un pioneiro da arte con instalacións de vídeo foi Nam June Paik, a mediados dos anos sesenta, empregando varios monitores de televisión en forma de esculturas. Paik traballou con monitores de vídeo e proxectores para crear grandes ambientes inmersivos.

Gary Hill creou instalacións de vídeo ben complexas. Por exemplo, na obra de teatro Tall Ships de 1992, o público entra nun corredor activando automaticamente unha serie de proxeccións de vídeo de figuras fantasmagóricas a tamaño natural que se achegan, miran a ti, danche as costas e marchan.

Moitos vídeo artistas acostuman a seren artistas multidisciplinares, sendo ás veces escultores ou escenógrafos, caso de Paloma Navares ou de La Fura dels Baus que acostuman incorporar videocreacións ás súas producións.

Tony Oursler explorou a tecnoloxía desenvolvida na década de 1990 a partir de proxectores de vídeo moi pequenos proxectando a imaxe en esculturas e estruturas, creando personaxes inquietantes.

Algúns artistas que traballan con videoinstalaciónsEditar

Daniel Canogar
Xente en edificios, 2010 
Atardecer mauriciano, 2006 
Einat Amir, 2013, instalación de vídeo, Museo Petah Tikva 
Canaan, Public Notice, 2011 

NotasEditar