Casabe de iuca
O casabe de iuca (ou simplemente casabe) é un pan asmo (sen lévedo), crocante, delgado e circular feito de fariña de iuca. Ásase nun budare, nun comal ou nunha prancha. A súa produción e consumo remóntase a tempos prehispánicos.
Casabe de iuca | |
Tipo | Pan |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Fariña de iuca |
A iuca ou mandioca era, xunto o millo, un dos principais cultivos da época precolombiana. Debido ás posibilidades de conservación, o casabe era unha das fontes fundamentais de alimentación dos pobos indíxenas do norte de Suramérica. Formaba parte da dieta tradicional dos pobos taínos, caribes e arahuacos, nativos do Caribe. No Brasil e no Perú denomínaselle tapioca á masa de fariña de iuca húmida, tamizada e cocida a alta temperatura.
Características
editarO casabe foi orixinalmente producido polos pobos nativos americanos, arahuacos, taínos e caribes. Era un alimento esencial na República Dominicana, Venezuela, as Antillas Menores, Bermudas, Colombia, Cuba, Haití, Honduras, as Illas Caimán, Xamaica e Porto Rico, onde estas raíces eran dunha planta moi común nos bosques tropicais pluviosos.
O casabe constitúe o alimento ou pan principal de moitos grupos étnicos indíxenas do Oriente de Venezuela. Os pobos como os yekuana, kariña, yanomami, piaroa e warao manteñen estas tradicións.
En areas do oriente amazónico de Colombia, como no departamento de Guainía, o casabe de yuca é parte da dieta diaria para as etnias wenaiwika, kurripako, puinave, sikuani, piaroa e yeral. Ademais, elaboran coa iuca amarga elaboran mañoco (ou tapioca) ou katara (un tipo de prebe picante), que tamén forman parte da súa dieta diaria e consomen con caldos (ajicero) ou bebidas (yucuta). Tamén se utiliza para consumir en viaxes longas por non ser un produto perecedoiro, e mesmo a usan para facer pizza.
Os pobos indíxenas arahuacos, tainos e caribes confeccionaban o casabe rascando a casca da iuca cun angazo de madeira dentado con coios afiados, achas de óso, espiñas de peixe grosas ou pezas similares, incrustadas e pegadas con resina. A polpa obtida introducíase no "sebucán", especie de coadoiro feito de follas de palma entretecidas. O sebucán pendurábase dunha árbore e alí debía soportar o peso de dúas ou máis persoas sentadas nel até espremeren ben todo o yare, un líquido venenoso. Despois a masa peneirábase cun cernidor para elaborar tortas delgadas e redondas de entre uns 60 cm e 1 m de diámetro. Estas cociñábanse nun fogón sobre unha prancha chamada budare.
En Venezuela a elaboración deste alimento tradicional incorpora hoxe certa tecnoloxía, como prensas mecanizadas, máquinas para o relado ou budares para un mellor aproveitamento da calor que permitan elaborar varias tortas á vez.
Actualmente é consumido en distintas zonas do país e existen varios tipos. Cara ao sur elabórase unha variedade máis grosa e dura (chamada vulgarmente «casabe burrero») e cara aos Llanos unha variedade máis fina chamada casabe «galleta» pola súa fraxilidade. Tamén se elabora un doce cunha combinación do casabe con panela e un tipo de queixo tradicional chamado "queso de año", ao que se lle dá o nome de naiboa.
En Honduras coñécese como a comida tradicional da poboación afrodescendente, e utilízana como acompañante nos seus pratos. O resto da poboación consómea como aperitivo, cociñado no forno e aderezado con moito allo. Na actualidade é comercializado e exportado.
Tipos de raíces
editarHai dúas clases de raíces de iuca.
- A iuca “doce” pode ser consumida fervéndoa previamente e logo fritíndoa en aceite (neste caso emprégase como acompañante) ou ben como parte do sancocho.
- A iuca “amarga” ou “brava” é venenosa, polo que debe ser tratada previamente para extraerlle o cianuro. É a que se usa para facer o casabe, aínda que en menor medida tamén se pode facer coa iuca "doce".
Acompañamentos
editarO casabe cómese con mojito, con aceite ou con carne asada de porco. No Oriente venezolano úsase para acompañar o peixe. Tamén se pode preparar con azucre, coco, carnes, almibre, torradas con sal, lasañas, chulas, un tipo de pan e mesmo un pastel. É tradicional a expresión "A falta de pan, casabe!".
As tortas delgadas e crocantes de casabe acotío pártense en anacos e cómense como galletas. Pode comerse só ou como acompañamento doutros pratos coma pan. A variedade máis grosa adoita comerse lixeiramente húmida cunhas poucas pingas de líquido, coma un pan moi suave e liso. A variedade grosa é a que se acostuma utilizar como acompañante do sancocho.