A palabra comal (do nahuatl comalli) utilízase en México e América Central para nomear un utensilio da cociña tradicional usado como prancha.

Isabel Nicolás, muller ñuu savi (mixteca), utilizando un jiiyo ("comal" en mixteco) de barro para cocer as súas tortillas de millo con leña. San Juan Achiutla, estado de Oaxaca, México, 2020
Un comal de ferro fundido
Vista superior dun comal de barro con cal aplicada na súa superficie

O comal tradicional dos pobos de México e América Central é unha peza de olaría con forma de prato chan. Colócase sobre tres ou catro pedras chamadas "tenamaxtles", a xeito de soporte, para poder acender lume e brasas por debaixo. Tradicionalmente utilízase para preparar varios tipos de pratos, en particular, tortillas de millo, tlayudas e totopos, entre outros.

Os comales de cerámica actuais adoitan recibir un tratamento superficial chamado "curado" ou "curación". Consiste en fregar o comal aínda sen usar cunha mestura de auga e cal e despois deixalo secar. Desta maneira, o comal tórnase antiadherente.

Coa introdución de sistemas de manufactura e produción, os comales tamén se fabrican en lámina metálica e adoitan ser máis grandes cós de cerámica. Algúns teñen unha depresión circular na parte central que serve para conter aceite ou manteiga líquidos, utilizados cando se efectúa a fritura de varios produtos alimenticios.

Ver tamén editar

Outros artigos editar