Denomínase lévedo ou fermento a calquera dos diversos fungos microscópicos unicelulares que son importantes pola súa capacidade para realizar a fermentación de hidratos de carbono, producindo distintas substancias. O lévedo máis utilizado é o da especie Saccharomyces cerevisiae, que se emprega na elaboración de pan, viño ou cervexa.

Pódense reproducir asexual ou sexualmente. Durante a reprodución asexual, un brote novo crece fóra do lévedo nai cando se dan as condicións apropiadas, entón, despois de que o brote alcance un tamaño do adulto, sepárase. Cando os nutrientes son escasos os lévedos son capaces da reprodución sexual por medio de esporas. Existen tamén lévedos artificiais, consistentes en compostos químicos que producen un efecto similar na cocción, do estilo do bicarbonato de sodio.