Os yekuana son un pobo indíxena da familia caribe que habitan no estado de Roraima do Brasil e nos estados de Amazonas e Bólivar de Venezuela, principalmente no alto Caura, ríos Erebato e Nichare; o alto Ventuari e ríos Parú e Cuminá. Son tamén coñecidos como maquiritare (tamén transliterado como makiritare). A súa lingua tamén se chama yekuana.

Pobo yekuana
Nena da etnia yekuana.
Poboación
Poboación total:
c  6 680
Rexións principais:
Venezuela6 250[1]
Brasil430[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua yekuana
Relixiónanimismo
Grupos
relacionados
Pobo caribe

Territorialidade editar

O seu territorio inclúe o Parque Nacional Jaua-Sarisariñama. A súa poboación era de 6.523 persoas no censo de comunidades indíxenas do 2001.[3]

O patrón de asentamento característico yekuana é ribeirego e disperso. Prefiren a selva á sabana para establecer as súas comunidades e conucos. A palabra yekuana simboliza a orixe común do grupo: os seus devanceiros de acordo á tradición emerxeron do yekuana Joao, cerro situado nas chairas adxacentes ao alto río Cuntinamo.

Organización editar

Tradicionalmente, os yekuana presentaban unha forma de organización política descentralizada, sumamente autónoma, na cal cada comunidade contaba coa máxima autoridade, o kajichanaa ou akushana, autoridade que non transcendía os seus límites. Con igual ascendente no político, a autoridade máxico-relixiosa estaba a cargo do jowai ou kadeju e do ña tamuru. A heteroxeneidade social, política e relixiosa creou tanto novas relacións entre comunidades como novas comunidades. A influencia do evanxelicalismo ou a católica, creou divisións entre os yekuana e deu lugar a novos valores, perspectivas e formas de vida.

Economía editar

 
Realizando unha curiara.

Posúen unha economía mixta baseada na horticultura, a caza, a recolección e a pesca. As mulleres dedícanse maiormente aos labores agrícolas no conuco, contando só a presenza masculina para a queima e o seu limpado. É coñecida a súa experiencia como navegantes e comerciantes a través da rede fluvial dos estados que habitan. Os seus curiaras e canaletes teñen moita demanda por esas rexións. Tamén se destacan no campo artesanal, tendo os seus produtos alta demanda tanto no mercado nacional como internacional.

Tradicións editar

Na película animada Dream Tales, publicada por Acorn Media Publishing preséntase entre outros, o mito da creación segundo as tradicións yekuana.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Civrieux, Marc de (1970). Watunna. Mitología makiritare. Monte Ávila Editores.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar