Llanos
Os Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco.
(es) Llanos ![]() | |||||
Tipo | ecorrexión da WWF ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Características | |||||
Superficie | 375.787 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Clima | Neotrópico ![]() | ||||

É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF).
Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.
A rexión, por situarse no interior e, polo tanto, en ausencia de influencia marítima, permite unha maior amplitude térmica diaria que nas zonas costeiras; as temperaturas máis baixas rexístranse na época de chuvias, e polo tanto en agosto adoitan rexistrarse temperaturas máis baixas que en xaneiro, pero a amplitude térmica anual é, de todos os xeitos, pouco significativa en xeral.
A importancia económica dos Llanos débese a que esta é unha rexión apta para a gandería extensiva e para a agricultura. Tamén existe unha importante actividade petroleira nos estados venezolanos de Anzoátegui, Apure, Barinas, Guárico e Monagas, e nos departamentos colombianos de Arauca, Casanare, Vichada e Meta.
O principal ritmo musical dos Llanos é o joropo.
División político-administrativa
editarOs Llanos forman parte do territorio de dous países: Colombia (onde conforman a rexión da Orinoquía, e onde se lles dá o nome de Llanos Orientais), e Venezuela. A división político-administrativa é:
En Venezuela
editarNo territorio venezolano, os Llanos están conformados polos estados Apure (excepto o Municipio Páez), Barinas, excepto os municipios Cruz Paredes e Bolívar, Portuguesa, Cojedes, Guárico, Anzoátegui e Monagas. Os Llanos venezolanos concentran o 14% dos habitantes do país. En Venezuela os Llanos divídense en tres rexións:
- Llanos Occidentais: conformada polos estados Apure, Barinas e Portuguesa, que son os que máis comunmente adoitan identificarse cos Llanos venezolanos.
- Llanos Centrais: rexión llanera que se encontra nos estados Guárico e Cojedes, no centro do país.
- Llanos Orientais: rexión conformada por boa parte dos estados Anzoátegui e Monagas.
Das 24 entidades federais do país, sete son dos Llanos:
- Apure
- San Fernando de Apure - Capital do Estado, con 152 000 habitantes (Censo de 2009).
- Elorza - Capital do Municipio Rómulo Gallegos, que conta con aproximadamente 22 000 habitantes.
- Cidade Sucre - Inaugurada durante a presidencia de Rafael Caldera, aproximadamente 10 000 habitantes.
- Barinas
- Barinas - Capital do Estado, con 263 272 habitantes.
- Socopó - aproximadamente 75 000 habitantes.
- Santa Bárbara - aproximadamente 65 000 habitantes.
- Portuguesa
- Cojedes
- San Carlos - Capital do Estado, con 173 957 habitantes (Censo do 2009).
- Tinaquillo - Contaba con 113 584 habitantes no 2009.
- Guárico
- Valle de la Pascua - 150 918 habitantes no 2001.
- San Juan de Los Morros - Capital do Estado, con 147 029 habitantes no 2009.
- Calabozo - Con 212 477 habitantes no 2009.
- Altagracia de Orituco - 67 927 habitantes no 2009.
- Zaraza - 138 642 habitantes no 2009.
- Tucupido - 30 938 habitantes no 2009.
- Anzoátegui
- Barcelona - Capital do Estado, con 379 984 habitantes no 2009; forma unha conurbación con Puerto la Cruz, Lechería e Guanta, que tiña uns 800 000 habitantes no 2001, aínda que non se considera unha cidade llanera debido á proximidade da costa do mar Caribe; porén tras algúns quilómetros por estrada pode chegarse aos Llanos Orientais.
- El Tigre - 247 800 habitantes no 2009.
- Anaco - 167 172 habitantes no 2009.
- San José de Guanipa - 64 016 habitantes no 2009.
- Cantaura - 59 189 habitantes no 2009.
- Monagas
- Maturín - Capital do Estado, con 504 649 habitantes no seu municipio en 2009.
- Punta de Mata - 52 122 habitantes en 2009.
- Temblador - Capital do Municipio Libertador e encrucillada aos demais municipios do Sur deste Estado, con 37 804 habitantes en 2009.
En Colombia
editarNo territorio colombiano son catro os departamentos que abarcan case a totalidade da Orinoquía ou Llanos Orientais: Arauca, Casanare, Vichada e Meta. Porén nalgunhas partes o Llano esténdese máis alá do río Guaviare cara aos departamentos do Guainía e Guaviare, se ben estes son considerados maioritariamente amazónicos.
Aínda que os Llanos Orientais son unha extensa rexión que abarca o 28% da superficie de Colombia, están bastante deshabitados. Case a metade dos seus poboadores habita en Villavicencio, a cidade máis grande da rexión. Os departamentos e cidades máis importantes do Llano colombiano, de norte a sur, son:
- Arauca
- Casanare
- Yopal - Capital departamental do Casanare, con 119 692 habitantes.
- Aguazul - Importante municipio petroleiro do Casanare, conta con 36 335 habitantes.
- Tauramena - Municipio petroleiro onde está o pozo de Cusiana, ten 19 191 habitantes.
- Orocué - Antigo porto do Llano, neste municipio deuse orixe á novela La Vorágine. Actualmente non ten maior importancia. pero si moito potencial turístico.
- Paz de Ariporo - Municipio que conta coa maior cabana gandeiro do Casanare, ten 33 446 habitantes.
- Villanueva - Importante municipio que se encontra sobre a marxe do río Meta, ten 23.226 habitantes.
- Meta
- Villavicencio - Capital do departamento do Meta, é a cidade máis importante da Orinoquía, ademais de ser un punto estratéxico xa que comunica a capital do país cos Llanos. Conta cunss 600 000 habitantes.
- Granada - Encóntrase a 80 km de Villavicencio e é a segunda cidade máis turística do Meta; é a capital da rexión do Ariari. Ten 60 964 habitantes.
- Puerto López - Importante porto sobre o río Meta e importante municipio petrolífero do Meta. Cerca deste municipio encóntrase o centro xeográfico de Colombia. Ten 28 922 habitantes.
- Puerto Gaitán - Importante porto sobre o río Meta e importante municipio petrolífero do departamento, con 17 310 habitantes.
- Acacías - A uns 25 km de Villavicencio, conta con 54 753 habitantes.
- San Martín de los Llanos - Un dos municipios máis antigos do país, fundado en 1585. Ien 21 511 habitantes.
- Vichada
- Puerto Carreño - Capital departamental do Vichada. A súa poboación ascende aos 10 034 habitantes.
Infraestruturas
editar- A ponte internacional José Antonio Páez, que une as cidades de El Amparo en Venezuela e Arauca en Colombia, é unha das obras de infrestrutura máis importantes da rexión.
- A estrada marxinal da selva, que se encontra en estado de construción, é un proxecto que busca integrar a rexión dos Llanos coa rexión amazónica dos países andinos.
- A autoestrada ao Llano, que comunica a cidade de Villavicencio con Bogotá, duns 80 km. Logrou reducir o tempo da viaxe de 6 horas a 1 hora e 30 minutoa aproximadamente.
- A autoestrada dos Llanos José Antonio Páez, de máis de 200 km, conecta varios estados llaneros de Venezuela co centro do país.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llanos |