Arauca, Arauca

cidade e concello do departamento de Arauca, Colombia

Arauca é unha cidade e concello colombiano, capital do departamento de Arauca. Atópase sobre a marxe sur do río Arauca. Limita con Venezuela polo norte, coa cal está conectada mediante a Ponte Internacional José Antonio Páez e comunícase por vía terrestre cara ó centro de Colombia mediante a Ruta dos Libertadores, que une ás cidades de Caracas e Bogotá.

Modelo:Xeografía políticaArauca, Arauca
Imaxe

Localización
Mapa
 7°05′25″N 70°45′42″O / 7.0902777777778, -70.761666666667Coordenadas: 7°05′25″N 70°45′42″O / 7.0902777777778, -70.761666666667
EstadoColombia
DepartamentosArauca Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación96.814 (2020) Editar o valor em Wikidata (16,57 hab./km²)
Xeografía
Superficie5.841 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porrío Arauca Editar o valor em Wikidata
Altitude125 m Editar o valor em Wikidata
Creación4 de decembro de 1780 Editar o valor em Wikidata

Sitio webarauca-arauca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Arauca antes de 1780 era un casarío indíxena arauaco (que se atopaba no actual Parque Caldas). O 4 de decembro de 1780 chega o Juan Isidro Daboín, da Compañía de Xesús, proveniente de Barinas (Venezuela). Para estas mesmas datas constrúese a primeira parroquia en proximidades á catedral actual, e dáselle á vila o nome de "Villa de Santa Bárbara de Arauca".[1]

No 1816 a poboación de Arauca é escenario de paso e recrutamento das tropas lideradas por Simón Bolívar, constituíndose así por un lapso de catro meses como capital da República de Nova Granada. En 1899, as relacións colombo-venezolanas chegaron ó momento máis crítico, sendo Arauca tomada baixo control das tropas federais venezolanas co consentimento e a participación de membros liberais, quen participarían na Guerra dos Mil Días á beira do Xeneral Foción Soto e Rafael Uribe Uribe. No medio da consternación política e a hexemonía da elite conservadora, Antonio Laverde sublévase contra a autoridade conservadora boyacense, creando estrago á autoridade local e fomentando a secesión de Arauca con Boyacá; Laverde é militarmente derrotado e emigra a Venezuela. No ano 1911 é erixido correxemento por ordenanza departamental de Boyacá e por lei. Ese mesmo ano créase a Prefectura Apostólica, sendo o bispo francés Émile Larqueré o seu primeiro encargado.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar