Baloncesto Fuenlabrada

(Redirección desde «Carplus Fuenlabrada»)

O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D. é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Primeira FEB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5 700 espectadores.[1]

Baloncesto Fuenlabrada
Información xeral
Liga Primeira FEB
Fundación 1983
Historia C.B. Fuenlabrada (1983–1989)
A.D. Fuenlabrada (1989–1991)
Cores                Azul, branco, laranxa
Presidente España José Quintana
Adestrador España Javi Juárez
Localización
Cidade España Fuenlabrada, España
Pavillón Fernándo Martín
Capacidade 5 700
Inauguración 1991
Campionatos
Liga LEB 1 (2005)
Copa Príncipe 3 (1998, 2005)
baloncestofuenlabrada.com

Historia

editar

Comezos

editar

O club foi fundado en 1983 por Miguel Angel Hernández, Julián Aranda e Manuel Antolínez, simultaneamente co Patronato Municipal de Deportes de Fuenlabrada. Tras dous anos na liga local, no ano 1985, logra o ascenso á competición federada. Na temporada 1986 conséguese o patrocinio da Cafetaría Maná, a cal supón unha inxección económica moi importante para o club. Aínda que a cafetaría desapareceu séguese usando o nome nos equipos da canteira como homenaxe a este patrocinador. Naqueles anos xogábase nas pistas do colexio público San Esteban.

Na temporada 1986−1987, o club inscríbese na Segunda División Autonómica, e está a piques de conseguir o ascenso, mais nos playoffs pásalle factura a súa inexperiencia e acaban fracasando no seu primeiro intento. Con todo, na seguinte temporada conseguirían ascender á Primeira División Autonómica. Nesta categoría permanecerá dúas temporadas, de 1988 a 1990, sen conseguir o ascenso á Segunda División Nacional. No ano 1989 o club cambia o seu nome por "A.D. Fuenlabrada". Ademais o equipo trasládase ao ximnasio do Colexio Público Miguel Hernández.

Durante os anos 90 prodúcense dous grandes acontecementos, na temporada 1991−1992 fusiónase co "Club Baloncesto Fuenlabrada Femenino", equipo de baloncesto feminino, pasándose a chamar "Club Baloncesto Fuenlabrada". Baixo a dirección técnica de Armando Polo, Juan Antonio Jiménez Jiménez como presidente e Ricardo Luís Izquierdo como xerente, dáse un salto máis adiante e xógase en Segunda División Nacional, conseguindo ademais que o club teña equipos de formación, e ao termo desta temporada era dun número de catro. O segundo acontecemento foi durante a temporada 1992−1993, co mandato do presidente Juan Antonio Jiménez Jiménez, e coa incorporación como vicepresidente de Fernando Polaina, profesionalízase o club ao mesmo tempo que se fusiona co "Club Baloncesto Torrejon de Ardoz".

Paso fugaz pola ACB

editar

Na temporada 1993−1994 o club fíxase o obxectivo de ascender a liga ACB, sen conseguilo nesa temporada. Pola reestruturación que sofre a FEB, o equipo xoga na Liga EBA. Dous ilustres xogadores formaban parte do elenco de xogadores: Roberto Dueñas e Óscar Quintana. Ese mesmo ano o Maná-Fuenlabrada ascende a Segunda División Nacional, con Óscar Quintana no banco. Na temporada 1995−1996, Martín Fariñas ocúpase do banco, e realiza unha excelente fase regular de liga, acabando esta fase en primeira posición. Pero na fase final, as lesións e a inexperiencia acaban por frustrar o obxectivo do ascenso. Aínda así, e debido á mala situación económica do Club Peñas Recreativas de Huesca decide dispor a venda da súa praza na ACB, e coa mediación da liga ACB, véndese ao concello de Fuenlabrada a franquía e a súa praza na Liga ACB. Por estes dereitos e a franquía o Concello abona unha cifra próxima aos 400 millóns de pesetas. O Fuenlabrada é equipo ACB na temporada 1996−1997 por primeira vez.

O equipo fai un grande investimento en xogadores, tanto nacionais como Joe Alonso ou o mozo Salva Guardia, como estranxeiros como Ken Bannister. Aínda así, o equipo cesa a Martín Fariñas polos malos resultados e toma o seu lugar no banco o descoñecido até entón Óscar Quintana, que só quedará no banco temporalmente até que Andreu Casadevall trata de sacar ao equipo dos postos de descenso á LEB. Durante a temporada 1997−1998 o Fuenlabrada descende.

Volta á ACB

editar

É na temporada 1997−1998, xogando no LEB onde o Fuenlabrada, onde se constrúe un tamdem que durará case seis anos e que formará a espiña dorsal do persoal do Fuenlabrada. No banco sentará ese ano Óscar Quintana que viña de adestrar ás categorías inferiores do club, e tomando a substitución de Andreu Casadevall. Á vez incorporarase o ala, ex xogador do Breogán e do Tau Cerámica, Velimir Perasović. Outros xogadores o acompañan, como por exemplo Ferrán López e de novo Salva Guardía. Nos playoffs de ascenso, gana primeiro ao Lucentum Alicante e logo na final ao Breogán de Lugo. Ambos os partidos a gana por senllos 3-1 a favor dos madrileños. O Fuenlabrada ascende a liga ACB esta vez por méritos propios.

No seu primeiro ano na ACB, o equipo clasifícase para os playoffs grazas á achega de xogadores como Nate Huffman, Carlos Cazorla, Ferrán López, Salva Guardía e sobre todo Velimir Perasović, que é o máximo anotador da ACB nesa temporada. Nas tres temporadas seguintes, Perasović proclámase de novo máximo anotador da liga e o Jabones Pardo Fuenlabrada clasifícase de novo para os playoffs nas temporadas 2000−2001 e 2001−2002. Nesas tres temporadas destacan David Wood, Chuck Kornegay, Fran Murcia, Pablo Prigioni e José Calderón.

Na temporada 2002−2003 prodúcese a de Velimir Perasović e de José Calderón, mais prodúcese a chegada de ilustres da ACB como Francesc Solana e Richard Scott. Mais a fichaxe que cambiará a temporada é o dun xogador arxentino, descoñecido entón, chamado Walter Herrmann. Pronto se converte na revelación da temporada sendo o MVP, o MVP do All Star e o Máximo Anotador da ACB, sendo traspasado ao final da temporada ao Unicaja de Málaga.

Tras a marcha de Walter Herrmann e Calderón, o equipo vese obrigado a unha gran renovación. O equipo ficha a Javi Rodríguez procedente do Breogán de Lugo, Hurl Beechum aleiro do desaparecido Cáceres C.B. e contrata de novo a Salva Guardia, procedente do Baloncesto Granada. Francesc Solana segue como capitán e no banco mantense Óscar Quintana. Tras unha das temporadas máis axustadas que se lembran, o equipo descende tras unha gran remontada do Etosa Alacant nas últimas xornadas de liga regular. Tres xornadas antes, Óscar Quintana abandona o banco, deixando tras de se unha gran polémica sobre a súa marcha.

Un ano na LEB e volta á ACB

editar

Na temporada 2004−2005, o Fuenlabrada atópase na tesitura de volver montar un bloque. Durante este ano, o Fuenlabrada acaba líder da liga regular. Meses despois, tras asegúrase o ascenso nunha agónica eliminatoria contra o Huelva. Na temporada 2005−2006 a directiva do club aposta por un bloque xa consolidado na liga LEB, con algunha cara nova, finalizando a temporada en décimo lugar. A nova temporada 07 empeza cunha renovación bastante importante do persoal, aínda que mantén os alicerces básicos da anterior. A directiva do club madrileño fixo catro incorporacións de cara a esta campaña, foron Gerald Brown base procedente do Breogán ao que chegara en metade de temporada procedente do Partizan de Belgrado, a Andrés Miso, ao veterano José Antonio Paraíso e o ala-pivote lituano Virginijus Praskevicius. O equipo terminou a temporada na décimo segunda con 14 vitorias e 20 derrotas.

A temporada 2007−2008 iniciouse con cambios no cadro de xogadores, logrando por pouco a permanencia na ACB. A temporada 2008−2009 supuxo unha gran renovación, presentándose presentaron moitas novidades, conseguindo outro ano máis a permanencia. Desde a temporada 2011−2012, o club sofre por salvar a categoría, case sempre con éxito. As excepecións son a temporada 2014−15, onde o Fuenlabrada, após ficar no último lugar da liga, acada a salvación nos despachos, e a temporada 2019−20, onde tras ocupar o posto 17, decídese que non habería descensos debido á pandemia de COVID-19.

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Carplus Fuenlabrada 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 0   Senglin, Jeremy 1,88 m (6 ft 2 in) 86 kg (190 lb) Nanterre 92 (2022)
A 7   Macoha, Rodijs 1,99 m (6 ft 6 in) 85 kg (187 lb) Categorías inferiores (2021)
E 9   Savkov, Pavel 2,00 m (6 ft 7 in) 85 kg (187 lb) Cazoo Baskonia (2022)
B 11    Hannah, Clevin 1,79 m (5 ft 10 in) 71 kg (157 lb) MoraBanc Andorra (2022)
P 12   Ehigiator, Osas 2,06 m (6 ft 9 in) 115 kg (254 lb) Categorías inferiores (2019)
P 14   Ristić, Dušan 2,13 m (7 ft 0 in) 112 kg (247 lb) Crvena zvezda (2021)
AP 21   Fernández, Juan 2,10 m (6 ft 11 in) 99 kg (218 lb) Categorías inferiores (2021)
E 24    Kromah, Lasan 1,98 m (6 ft 6 in) 91 kg (201 lb) Fos Provence Basket (2022)
B 30   Novak, Jovan 1,91 m (6 ft 3 in) 85 kg (187 lb) Mega Basket (2021)
A 31   Eyenga, Christian 1,98 m (6 ft 6 in) 95 kg (209 lb) Unicaja Málaga (2017)
A 33   Beirán, Javier 2,00 m (6 ft 7 in) 115 kg (254 lb) Movistar Estudiantes (2022)
P 76   Bagayoko, Bassala 2,07 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Categorías inferiores (2021)
P 97   Okouo, Viny 2,14 m (7 ft 0 in) 100 kg (220 lb) Monbus Obradoiro (2022)
Adestrador
  •   Josep Maria Raventós
Asistente(s)
  •   Jose Luis Pichel
  •   Salva Guardia

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 01−102022

Destacados

editar

Dorsais retirados

editar
Dorsais retirados polo Fuenlabrada
Xogador Posición Etapa
2 Marko Popović Base 2015–2019
6 Velimir Perasović Escolta 1997–2002
8 Salva Guardia Ala-pivote 1996–2001, 2003–2008, 2010–2011
10 Ferrán López Base 1997–2001, 2004–2009
13 Francesc Solana Ala 2002–2007

Galardóns individuais

editar

Mellor xogador da ACB

Xogador revelación da ACB

Segundo mellor quinteto da ACB

Campión do Concurso de Triplas da ACB

Adestradores

editar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Fuenlabrada desde 1993.

Palmarés

editar

LEB Ouro

  • Campións (1): 2004–05
  • Subcampións (1): 1997–98

Copa Príncipe

  • Campións (2): 1998, 2005

Torneo Comunidad de Madrid

  • Campións (1): 1998
  • Subcampións (7): 2000, 2002, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010

Historial

editar
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1986–87 5 2ª Autonómica
1987–88 4 1ª Autonómica
1988–89 4 1ª Autonómica
1989–90 4 1ª Autonómica
1990–91 3 2ª División
1991–92 3 2ª División 11th 6–16
1992–93 2 1ª División 17º 16–18
1993–94 2 1ª División 12º 22–10
1994–95 2 EBA 26–10
1995–96 2 EBA
1996–97 1 ACB 18º 4–33
1997–98 2 LEB 23–11 Copa Príncipe
1998–99 1 ACB 18–19 Cuartos de final
1999–00 1 ACB 15º 11–23 3 Copa Korać FG 3–3
2000–01 1 ACB 20–17 Cuartos de final
2001–02 1 ACB 19–18 3 Copa Korać CF 5–5
2002–03 1 ACB 14º 14–20 2 Copa ULEB TR 3–7
2003–04 1 ACB 17º 13–21
2004–05 2 LEB 34–9 Copa Príncipe
2005–06 1 ACB 10º 15–19
2006–07 1 ACB 12º 14–20
2007–08 1 ACB 13º 13–21
2008–09 1 ACB 15–17
2009–10 1 ACB 15º 12–22
2010–11 1 ACB 20–16
2011–12 1 ACB 16º 12–22 Cuartos de final 3 EuroChallenge CF 11–4
2012–13 1 ACB 14º 12–22
2013–14 1 ACB 15º 12–22
2014–15 1 ACB 18º 8–26
2015–16 1 ACB 17–19 Cuartos de final
2016–17 1 ACB 12º 12–20 2 EuroCup T16 6–8
2017–18 1 ACB 17–17 Cuartos de final
2018–19 1 ACB 13º 13–21 3 Champions League TR 3–11
2019–20 1 ACB 17º 5–17 Supercopa SF
2020–21 1 ACB 15º 12–24
  1. "Baloncesto Fuenlabrada. Información". acb.com (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar