Francisco García Álvarez, coñecido como Paco García, nado en Valladolid o 23 de abril de 1967, é un adestrador de baloncesto profesional español que adestrou durante sete tempadas ao Club Baloncesto Breogán de Lugo. Dende o ano 2011 é adestrador da selección de baloncesto da República Centroafricana.

Modelo:BiografíaPaco García
Biografía
Nacemento23 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Palmarés

editar
  • Tres veces campión da Copa Galicia, 1998, 2000 e 2007.
  • Campión da Liga Española de Baloncesto co Breogán Universidade na tempada 1998-99.
  • Medalla de Ouro coa Selección de España B nos Xogos do Mediterráneo de Bari-97.
  • Medalla de Bronce coa Selección de España Universitaria na Universiada de Palma de Mallorca 99.
  • Medalla de Bronce coa Selección de España Moza no Campionato de Europa de Ohrid-2000.
  • Adestrador da Selección Nova de España no Mundial do Xapón-2001 que logra o 5º posto.
  • Campión Autonómico con Júver Murcia Júnior na tempada 88-89.
  • Campión Provincial e Autonómico con Fórum Valladolid Xuvenil na tempada 96-97.
  • Medalla de Prata no Campionato de Europa sub-23 de Turquía-1996 como adestrador axudante.
  • Subcampión de Europa e da Copa do Rei como adestrador axudante no Taugrés Vitoria na tempada 1993-94.
  • Campión da Copa do Rei e Subcampión de Europa na tempada 1994-95 sendo adestrador axudante no Taugrés Vitoria.[1]
  1. "Ficha de Paco García na web AEEB". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar