Bilbao Basket

(Redirixido desde "Bizkaia Bilbao Basket")

O Club Basket Bilbao Berri S.A.D., actualmente coñecido como Surne Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, Biscaia. Foi fundado o 7 de marzo de 2000 co obxectivo de que a cidade volvese a contar cun equipo na elite após a desaparición do Caja Bilbao en 1994. O Bilbao Basket xoga actualmente na Liga ACB, competición da que foi subcampión na temporada 2010−11. O club xoga os seus partidos coma local no Bilbao Arena, recinto inaugurado en 2010 con capacidade para 10 014 espectadores.

Surne Bilbao Basket
JBlums.JPG
Información xeral
Liga ACB
Alcume Homes de negro
Fundación 7 de marzo de 2000
Cores           Negro, prata
Presidente España Isabel Iturbe
Adestrador España Álex Mumbrú
Localización
Cidade España Bilbao, España
Pavillón Bilbao Arena
Capacidade 10 014
Inauguración 24 de setembro de 2010
Campionatos
Liga LEB 1 (2004)
bilbaobasket.biz

HistoriaEditar

ComezosEditar

 
Xogadores e corpo técnico do Bilbao Basket en 2009.

O Basket Bilbao Berri foi fundado o 7 de marzo de 2000, sendo creado para substituír o vello equipo da cidade, o Caja Bilbao. Comezou a súa andaina na LEB 2, cun comezo regular xa que rematou loitando polos postos da parte baixa da liga, rematando finalmente décimo terceiros. A seguinte tempada, a súa segunda na categoría, creouse un proxecto máis ambicioso, coas vistas postas na ACB. Así, ese ano, o Bilbao Berri consegue disputar aos playoff de ascenso, acadando finalmente o ascenso á segunda máxima categoría do baloncesto estatal tras vencer ao Guadalajara e ao La Palma. Finalmente, na tempada 2003-04 o Bilbao Basket ascendeu á máxima categoría, a liga ACB.[1]

Na súa estrea na categoría de prata durante a temporada 2002−03, o Bilbao convertese no equipo revelación e consegue acabar loitando polo ascenso á ACB, aínda que finalmente foi derrotado nos playoffs de ascenso ás primeiras de cambio polo León. Ao ano seguinte os rexistros durante a tempada regular melloraron, terminando coma líder da clasificación, o que lles permitía acceder ás eliminatorias polos ascenso como favoritos. Na primeira rolda venceron, aínda que con dificultade ao Huelva, e nas semifinais vingáronse do León, vencendo por 3 a 0, o que lles supuxo o ascenso á máxima categoría.[1]

Ao chegar á Liga ACB, o Bilbao contou cun dos presupostos máis baixos da categoría durante os seus primeiros anos. Durante a temporada 2005−06, conseguiu derrotar por primeira vez ao seu máximo rival, o TAU Baskonia no Bizkaia Arena ante 12 500 espectadores. Así mesmo, derrotou no vello pavillón de "La Casilla" ao Winterthur F.C. Barcelona e ao Unicaja Málaga, campión da Liga Regular. Porén, foi no Bizkaia Arena onde o Bilbao Basket conseguiu o maior rexistro de asistencia a un partido da ACB naquela altura con 15 414 espectadores o 6 de xaneiro de 2007 ante o TAU Baskonia.[2] O pavillón no que xogaba o Iurbentia era o "Pabellón de Deportes Municipal de La Casilla" ou "La Casilla Udal Pabilioia", con capacidade para 5.200 espectadores.[3] Metro Bilbao, na súa Estación de Indautxu, e as estacións de tren de Autonomía (Renfe Cercanías) e Ametzola (Renfe Cercanías e Feve) daban servizo ao pavillón.

Subcampións da ACBEditar

Durante o ano 2006 asinouse o acordo institucional para a construción dun novo pavillón en Miribilla para 10 014 espectadores, o cal foi inaugurado en setembro de 2010. Esa temporada 2010−11 comezou titubeante para o equipo, aínda que finalmente logra sen excesivos problemas o acceso á Copa do Rei, perdendo en cuartos de final contra o Baskonia nun axustado partido. Finalmente, lograría pechar a temporada regular na 6ª praza, repetindo a mellor clasificación da súa historia. Na primeira rolda dos play-off enfrontáronse ao Power Electronics Valencia, a priori un dos aspirantes ao título de liga.

En Valencia logran a súa primeira vitoria no play-off da súa historia, para pechar o seu pase a semifinais cun 2−0 en Bilbao. En semifinais, tamén co factor cancha en contra, vencerían ao Real Madrid 3−1, logrando disputar a Final da ACB. Finalmente caerían derrotados contra o Regal FC Barcelona por 3-0, supondo o primeiro subcampionato de liga do club. Este subcampionato permitiulles clasificarse para a seguinte edición da Euroliga. Na temporada 2011−12 da ACB o equipo mantivo un nivel discreto, perdéndose a Copa del Rei e caendo en cuartos de final. En Euroliga, o equipo consegue disputar tamén os cuartos de final, onde caen ate o CSKA Moscow.

Problemas económicosEditar

A finais de 2013, Gorka Arrinda, conselleiro delegado do equipo, anuncia que se non conseguen 1,5 millóns de euros non poderán pagar a nómina dos seus xogadoresnin aos provedores. Arrinda afirma que están en "unha situación límite de tesouraría" e dáse un prazo de dous meses para tomar unha decisión sobre o futuro do equipo.[4] O 17 de xullo anúnciase que o equipo non competirá na próxima Liga ACB pola súa situación económica, feito que se confirmou un día despois.

O 8 de agosto de 2014 o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD), dependente do Consello Superior de Deportes (CSD), estimou o recurso interposto polo consello de administración do club e obrigou á ACB a readmitir ao conxunto vasco. Unha vez cumpridos os requisitos necesarios para a inscrición, como a reposición do Fondo Especial de Garantía e unha redución na débeda contraída con xogadores e técnicos por baixo do 15% foi readmitido na liga Endesa como membro de pleno dereito. O calendario, establecido antes da de reinscripción do club, estaba formado por 17 equipos nos que aquel que descansaba cada xornada será quen se enfronte ao Bilbao Basket sen alterar, deste xeito, a orde do calendario preestablecido. Nese momento, o equipo conta cun patrocinador principal, a empresa suíza WISeKey, que xunto a outros patrocinadores minoritarios e ao Consello de Administración do equipo, tratarían de reducir a débeda neta do club. Unha débeda, que tras quitas do 50% atopábase en 3,6 millóns de Euros.

Despois da difícil situación económica, despois de varios anos en ACB, o club descende para a temporada 2018−19 á Liga LEB. O descenso achega ao club o fondo de ascensos e descensos, o cal alivia economicamente ao club. Grazas a iso, o Bilbao pode contratar un elenco de xogadores competitivo con vistas ao regreso á liga ACB. O equipo renóvase ao completo, sendo Javi Salgado o único xogador que continúa do ano anterior e contratando a xogadores como Ben Lammers, Kevin Larsen, Leonardo Demétrio, Jaylon Brown ou Thomas Schreiner. Porén, o equipo non consegue o ascenso directo, tendo que disputar os play-offs por unha praza na máxima categoría. A eliminatroria de cuartos de final deparoulle unha contra Palencia que se decidiu en cinco partidos. Xa na Final Four, disputada en Bilbao a partido único, o equipo vence en semifinais ao Melilla e na final ao Palma, regresando así á Liga ACB.[5]

PatrociniosEditar

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Lagun Aro Bilbao Basket (2004–2007)
  • Iurbentia Bilbao Basket (2007–2009)
  • Bizkaia Bilbao Basket (2009–2011)
  • Gescrap Bizkaia Bilbao Basket (2011–2012)
  • Uxúe Bilbao Basket (2012–2013)
  • Dominion Bilbao Basket (2015–2016)
  • RETAbet Bilbao Basket (2016–2021)
  • Surne Bilbao Basket (2021–presente)

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Surne Bilbao Basket 2021−2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 0   Goudelock, Andrew 1,91 m (6 ft 3 in) 92 kg (203 lb) Rytas Vilnius (2021)
P 1   Withey, Jeff 2,13 m (7 ft 0 in) 104 kg (229 lb) Goyang Orion Orions (2021)
B 2   Rousselle, Jonathan 1,93 m (6 ft 4 in) 77 kg (170 lb) Limoges CSP (2019)
B 5    Luz, Rafa 1,88 m (6 ft 2 in) 94 kg (207 lb) Nevėžis Kėdainiai (2021)
E 7   Rigo, Tomeu 1,89 m (6 ft 2 in) 87 kg (192 lb) Real Betis (2018)
A 8   Reyes, Álex 2,02 m (6 ft 8 in) 85 kg (187 lb) Oviedo (2020)
A 10   Bigote, Valentin 1,96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Le Mans Sarthe Basket (2021)
B 12   Håkanson, Ludvig 1,93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Zielona Góra (2020)
P 18   Miniotas, Regimantas 2,06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Prienai (2020)
AP 21   Masiulis, Gytis 2,07 m (6 ft 9 in) 99 kg (218 lb) Lietkabelis Panevežys (2021)
P 31   Delgado, Ángel 2,08 m (6 ft 10 in) 111 kg (245 lb) Estudiantes (2021)
AP 57   Galán, Alejandro 2,07 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Lucentum Alicante (2021)
Adestrador
  Álex Mumbrú
Asistente(s)
  Lolo Encinas
  Javi Salgado
Preparador(es) físico(s)
  Roberto Molina

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 18−092021

Dorsais retiradosEditar

 
Javi Salgado.
Dorsais retirados polo Bilbao Basket
Xogador Posición Etapa
14   Javi Salgado Base 2001–2010, 2016–2019

DestacadosEditar

Galardóns individuaisEditar

Primeiro quinteto da ACB

MVP da ULEB Eurocup

Primeiro quinteto da Eurocup

Segundo quinteto da Eurocup

AdestradoresEditar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Bilbao Basket desde a súa fundación.

  •   Txutxo Sanz (2000–2001)
  •   Pedro Zorrozua (2001)
  •   Txus Vidorreta (2001–2010)
  •   Rafa Pueyo (2010)
  •   Fotis Katsikaris (2010–2013)
  •   Rafa Pueyo (2013–2014)
  •   Sito Alonso (2014–2016)
  •   Carles Duran (2016–2017)
  •   Veljko Mršić (2017–2018)
  •   Jaka Lakovič (2018)
  •   Álex Mumbrú (2018–presente)

PalmarésEditar

LEB Oro

  • Campións (1): 2004

HistorialEditar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
2000–01 3 LEB 2 13º 13–20
2001–02 3 LEB 2 31–8 Copa LEB 2
2002–03 2 LEB 21–14 Copa Príncipe
2003–04 2 LEB 29–14 Copa Príncipe SF
2004–05 1 ACB 14º 12–22
2005–06 1 ACB 15º 13–21
2006–07 1 ACB 10º 15–19
2007–08 1 ACB 21–15 Semifinais Supercopa
2008–09 1 ACB 15–19 2 Eurocup SF 11–3
2009–10 1 ACB 16–18 Cuartos de final 2 Eurocup 13–5
2010–11 1 ACB 26–17 Cuartos de final
2011–12 1 ACB 19–17 Supercopa SF 1 Euroliga CF 10–10
2012–13 1 ACB 20–17 Cuartos de final 2 Eurocup 13–4
2013–14 1 ACB 14º 12–22 Supercopa SF 2 Eurocup L32 8–8
2014–15 1 ACB 21–18 Cuartos de final
2015–16 1 ACB 10º 16–18 Semifinais 2 Eurocup L32 11–5
2016–17 1 ACB 10º 14–18 2 EuroCup FG 3–5
2017–18 1 ACB 17º 8–26 2 EuroCup FG 2–8
2018–19 2 LEB Ouro 29–12 Copa Princesa
2019–20 1 ACB 15–13 Cuartos de final
2020–21 1 ACB 17º 10–26 3 Champions League FG 2–4

SeareirosEditar

O club conta na actualidade con sete agrupacións de seareiros. A pioneira foi Hirukoa, á que seguiron a "Peña Vidorreta" e a "Peña Javi Salgado". Despois chegarían a "Peña 2.18", adicada a Frédéric Weis, e a "Peña Marko Banić". Algo máis tarde se fundou a "Peña La Casa" e, finalmente, a "Peña Bilbao Basket de Erandio".

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Bizkaia Bilbao Basket. Historia". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2010. 
  2. "15.414 espectadores". www.elcorreo.com. Consultado o 2019-12-18. 
  3. "Web Oficial de Iurbentia Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2010. 
  4. "El Bilbao Basket dice que no podrá pagar las nóminas de sus jugadores en enero". elcorreo.com. 30 de decembro de 2013. 
  5. "Resultados & Calendario. 2018/2019". leboro.es. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar