Begonte

concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo
(Redirección desde «Begontino»)

Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O xentilicio é begontés[1] ou begontino.

Modelo:Xeografía políticaBegonte
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°08′04″N 7°41′23″O / 43.134444444444, -7.6897222222222Coordenadas: 43°08′04″N 7°41′23″O / 43.134444444444, -7.6897222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalBegonte Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.925 (2023) Editar o valor em Wikidata (23,07 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie126,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude400 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Ulla Rocha Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Begonte Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27007 Editar o valor em Wikidata

Sitio webconcellobegonte.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O Concello de Begonte abrangue 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.

A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).

Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos Parga e Ladra, pasan a autovía A-6 e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía A-8, que conecta Lugo co norte da península.

Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no río Miño, xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do río Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.

Begonte te unha zona do seu territorio formando parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.[2][3]

Demografía editar

Censo total 2014 3179 habitantes
Menores de 15 anos 229 (7,2 %)
Entre 15 e 64 anos 1814 (57,06 %)
Maiores de 65 anos 1136 (35,73 %)
Evolución da poboación de Begonte   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6541 6335 6963 4753 3682 3475 3379 3322 3231 3179 3160 3115 3071 3037 3026 2978 2976 {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia editar

Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra, onde fixo noite Vermudo II cando veu conquistar o castelo de Aguiar, e onde ditou sentenza familiar Afonso V. Os irmandiños intentaron tomalo, pero foron derrotados.

Begonte foi un lugar de paso cara a Castela. En 1773 inaugurouse a estrada Madrid-A Coruña en 1773 en substitución do antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a vía do Norte do camiño de Santiago.

A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, quedando como testemuña o topónimo de Francés na parroquia de Carral[Cómpre referencia].

O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.

O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) pasou a ter un goberno autónomo como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.

Cultura editar

Toponimia editar

O topónimo Begonte procede (pasando por unha disimilación) dun antropónimo xermánico na locución (Villa) Vocontii ou Bogontii.[4] Aparece mencionado como Boconti nuns documentos de 966 e 971, e como Bogunti en 1187.

Patrimonio editar

Patrimonio arqueolóxico

Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao 3500 a. C.), así como da ocupación romana.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Begonte.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Begonte

Baamonde (Santiago) | Baldomar (San Xoán) | Begonte (San Pedro) | Bóveda (Santalla) | Carral (San Martiño) | O Castro (Santa María) | Damil (San Salvador) | Donalbai (San Cristovo) | Felmil (Santiago) | Gaibor (San Xiao) | Illán (Santiago) | Saavedra (Santa María) | San Fiz de Cerdeiras (San Fiz) | San Martiño de Pacios (San Martiño) | San Vicente de Pena (San Vicente) | Santalla de Pena (Santalla) | Trobo (Santa María) | Uriz (Santo Estevo) | Virís (Santa Helena)

Lugares de Begonte editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: Lugares de Begonte.

Notas editar

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019. 
  3. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019. 
  4. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 21-22. ISBN 978-84-947823-2-9. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar