Alcoutim é unha vila arraiana portuguesa pertencente ao distrito de Faro, na rexión do Algarve, que conta con cerca de 1 100 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaAlcoutim
Imaxe

Localización
Mapa
 37°28′12″N 7°28′23″O / 37.46997, -7.47311Coordenadas: 37°28′12″N 7°28′23″O / 37.46997, -7.47311
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Faro Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Alcoutim e Pereiro (pt) Traducir (2013–)
Giões (pt) Traducir
Martim Longo (pt) Traducir
Pereiro (pt) Traducir (–2013)
Vaqueiros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.917 (2011) Editar o valor em Wikidata (5,07 hab./km²)
Xeografía
Superficie575,36 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Guadiana Editar o valor em Wikidata
Altitude193 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal8970 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webcm-alcoutim.pt Editar o valor em Wikidata

Até a división administrativa de 1832 pertencía á provincia do Alentejo.

Historia

editar

As investigacións arqueolóxicas, efectuadas no interior do recinto do actual castelo, indican que a ocupación humana desta zona remóntase á prehistoria (neolítico e calcolítico). Segundo os vestixios encontrados, existiría na zona un castro lusitano. A finais do século X a.C., os fenicios estabeleceron unha factoría no Guadiana, baixo a vixilancia do castro lusitano. Mediado o século XVII a.C., os gregos crearon unha colonia na zona, que se fundiu coa poboación lusitana. A pricipios do século II a.C, no curso da invasión romana da Península Ibérica, os romanos conquistaron Alcoutim cando este era xa un centro rico, cun porto fluvial moi frecuentado; a antiga fortaleza transformouse nun forte militar, base da ocupación e importante centro político, denominado Alcoutinium. Durante as invasións bárbaras da península, no ano 415 a vila foi tomada polos alanos, e a praza entrou en franca decadencia debido á paralización das exportacións minerais. En 715, durante a invasión musulmá da Península Ibérica, a vila foi conquistada polos mouros, que lle cambiaron o nome polo de al-Quṭamî. Durante o período musulmán a vila non conseguiu recuperar a súa antiga importancia política e comercial. A súa defensa concentrouse non no treito do Guadiana onde estaba a antiga fortaleza, senón noutro, cerca dun quilómetro cara ao norte da actual poboación, coñecido como Castelo Vello de Alcoutim, abandonado nalgún momento entre os séculos XI e XII.[1]

 
Castelo de Alcoutim: vista sobre o róo Guadiana.

Na época da reconquista cristiá, a rexión foi conquistada polas forzas de Sancho II de Portugal en 1240. Co fin de incrementar o poboamento e a defensa destes dominios, o soberano privilexiou o sitio da actual vila, para cuxa defensa erixiuse un novo castelo, prolongándose os traballos da súa construción durante toda a segunda metade do século XIII.[2]

Baixo o reinado de Dinís de Portugal (1279-1325), a poboación recibiu a súa carta foral (1304).[2] Data deste período a ampla cintura de murallas, na que se abren tres portas no castelo: a do Guadiana, a de Tavira e a de Mértola, dispostas segundo a orientación xeográfica correspondente.

Nas dependencias deste castelo foi asinado o tratado de Alcoutim, tratado de paz que se concertou o 31 de marzo de 1371 entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, que poñía fin á primeira das guerras fernandinas, e estipulabase o casamento do rei portugués con Leonor de Trastámara filla do rei castelán.[2][3]

Etimoloxía

editar

Segundo Adalberto Alves, no seu Dicionário de Arabismos da Língua Portuguesa, a orixe do topónimo Alcoutim é a expresión árabe al-Quṭamî, "o falcón real".[4] Porén, segundo outros autores, o nome derivaría do latino Alcontinium.[1]

Xeografía

editar
 
Freguesías de Alcoutim
(antes da fusión Alcoutim-Pereiro).

A vila é a capital do municipio homónimo, o cal ocupa unha superficie de 576,57 km².[5] O municipio tiña no ano 2011 unha poboación de 2 917 habitantes,[6][7] o que facía unha densidade de 5,1 hab./km².

O xentilicio dos seus hbitantes é Alcoutenejo.

O municipio limita ao norte con Mértola, ao leste con España (municipios andaluces de El Granado, Sanlúcar de Guadiana e San Silvestre de Guzmán), ao sueste con Castro Marim, ao suroeste con Tavira e ao oeste con Loulé.

O concello está subdividido en 4 freguesías:[8]

Evolución da poboación do concello de Alcoutim (1864 – 2011)[10]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
8 063 8 736 8 912 9 306 9 204 8 747 9 124 10 620 10 808 9 288 6 727 5 262 4 571 3 770 2 917

En 2014 só naceron catro nenos en Alcoutim, o que situou ao concello no último lugar do ranking da natalidade no europeo.

En 2015 naceron 13 nenos.

En 2014, máis do 60 % da poboación do municipio tiña unha idade superior a 65 anos.[11]

Saldo vexetativo do concello de Alcoutim (2005 – 2009)
Ano Nados vivos Finados
2005 13 74
2006 19 87
2007 5 85
2008 14 87
2009 10 74

Comunicacións con España

editar

Existe unha balsa de pasaxeiros para Sanlúcar de Guadiana, pero non transporta vehículos.

Por estrada a distancia é de 70 km.

Irmandamento

editar

O concello de Alcoutim está irmandado con:

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Fortaleza de Alcoutim Arquivado 27 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en portugués).
  2. 2,0 2,1 2,2 de Oliveira Marques, A. H. R. (1977): História de Portugal. Volume I. Queluz de Baixo, Oeiras: Editorial Presença. ISBN 978-97-2232-189-1.
  3. Olivera Serrano, César (2005): Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara. Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 84-0008-343-1.
  4. Alves, Adalberto (2013): Dicionário de Arabismos da Língua Portuguesa. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, S. A. ISBN 978-97-2272-163-9.
  5. Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 09-12-2013. Consultado o 20/10/2017. 
  6. INE (2012). Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Algarve (PDF). Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 95. ISBN 978-989-25-0183-3. ISSN 0872-6493. Consultado o 20/10/2017. 
  7. INE (2012). "Quadros de apuramento por freguesia" (XLSX-ZIP). Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 20/10/2017. 
  8. Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
  9. Resultado da fusión das antigas freguesias de Alcountim e de Oereiro.
  10. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População).
  11. "Câmara dá cinco mil euros por cada bebé". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 20-102017. 
  12. "Geminações de Cidades e Vilas. Alcoutim". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar