Xelís de Toro
Xosé Luís de Toro Santos, máis coñecido como Xelís de Toro[1], nado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1962, é un escritor e artista multimedia[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1962 (62 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Artista multimedia |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Suso de Toro |
Premios | |
Traxectoria
editarO seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Suso de Toro, tamén é escritor.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector de galego nas universidades de Birmingham (1991-93) e Oxford (1993-97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Paco Macías. Foi cantante do grupo Os Quinindiolas. Realizou performances multimedia con Terminal e O buscapeixe. Foi colaborador habitual de Vieiros e reside en Inglaterra, onde traballa como editor internacional freelance. Forma parte do proxecto Laboratoro, que mestura música improvisada, poesía e movemento.
Obras
editarNarrativa
editar- Seis cordas e un corazón (1989). Vigo: Xerais, publicada baixo o pseudónimo de Roque Morteiro).
- Non hai misericordia (1990) Vigo: Xerais.
- Terminal (1994). Santiago: Positivas.[3] 165 pax. ISBN 978-8487783272.
- Os saltimbanquis no paraíso (2000) Santiago: Sotelo Blanco.
- Riofero (2009). Vigo: Xerais. 248 pax. ISBN 978-84-9782-947-2[4]
- Etceteramente (2022). Vigo: Xerais. 496 páxs. ISBN 978-84-1110-227-8.
Poesía
editar- The book of invisible bridges/O libro das pontes invisibles (2012, Pighog press, en edición bilingüe inglés-galego).
Literatura infanto-xuvenil
editar- Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope (1997 Sotelo Blanco).[5] En Xerais, 2021, ISBN 978-84-9121-908-8.
- A porta dourada (1998, Sotelo Blanco).
- O neno perdido (1998, Xerais). Con ilustracións de Francisco Bueno Capeáns.
- O trompetista e a lúa (1999, Rodeira). Foi traducido ao castelán[6] e ao catalán.[7][8]
- Paco pequeneiro e o mundo do revés (2000, Sotelo Blanco).
- The Corunna boats (2004, Xerais).
- A máquina contacontos (2004, Rodeira). Foi traducida ao castelán.[9]
- Unha chuvia de meteoritos (2008, Sotelo Blanco).
- Concurso de Pacos (2008, Sotelo Blanco).
- O mago Orlando (2008, Sotelo Blanco).
- O marciano azul (2008, Sotelo Blanco).
- O robot que toleou (2008, Sotelo Blanco).
- O xenio xenial (2008, Sotelo Blanco).
- O gato fantasma (2013, Xerais).
- O trompetista e a Lúa (2015), (3ª ed.), Xerais, 72 páx. ISBN 978-84-9914-848-9. [10]
- A porta dourada (2018), Xerais, 152 páx. ISBN 978-84-9121-416-8.[11]
Obras colectivas
editar- Berra liberdade (1996, Galaxia).
- Longa lingua (2002, Xerais).
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).
- O segredo da lanterna verde (2009, Xunta de Galicia). Con Mar Guerra, Elvira Riveiro e Antón Fortes Torres.
Premios
editar- Premio de narrativa Cidade de Lugo no 1990, por Non hai misericordia.
- Premio Compostela Cultural por Seis cordas e un corazón.
- Premio San Clemente á mellor novela no 2000, por Os saltimbanquis no paraíso.
Notas
editar- ↑ "Pseudónimos de xentes galegas. X". ogalego.eu. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ Castro López, Iria (2010). "Un exemplo de protohipertextualidade, "Terminal" de Xelís de Toro". Boletín Galego de Literatura (44): 97–110. ISSN 0214-9117.
- ↑ Riofero.
- ↑ Reeditado en 2021 por Xerais, col. Merlín. Ilustracións de Titimoky. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-908-8. ePub: ISBN 978-84-9121-920-0.
- ↑ "El trompetista y la luna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "El Trompetista i la Lluna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "El trompetista i la lluna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "La máquina cuentacuentos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de autoren Xerais
- Páxina de Laboratoro Arquivado 12 de agosto de 2012 en Wayback Machine.