Seis cordas e un corazón

obra literaria de Xelís de Toro

Seis cordas e un corazón é a primeira novela de Xelís de Toro, publicada en 1989 baixo o pseudónimo de Roque Morteiro. Gañou o Premio Semana Negra de novela curta en 1989.

Seis cordas e un corazón
Autor/aRoque Morteiro
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNegra
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.Decembro 1989
FormatoEdición rústica cosida a fío
Páxinas110
ISBN84-7507-426-X

TramaEditar

Lucas (Luki) é un xornalista que perde a súa guitarra a mans dun traficante de droga porque Miki, un amigo seu, non lle paga. A partir deste punto busca recuperar o instrumento, pero vai afrontando situacións de todo tipo. Tras ser despedido como xornalista debe aceptar outros traballos, como seguir persoas para unha axencia de investigación privada ou facer de mensaxeiro na empresa do seu irmán. Vese metido nunha trama de corrupción, con tráfico de armas por parte de políticos e policías a militantes da loita armada.

NarraciónEditar

A obra está narrada en primeira persoa. Ten elementos de novela negra[1] e de road movie. A trama está ambientada principalmente en Santiago de Compostela, con desprazamentos á Coruña, Vilagarcía de Arousa ou Campo Lameiro. Amosa a cultura urbana da mocidade galega desa época, onde era común o consumo de heroína, escoitábase a grupos como Os Resentidos e Siniestro Total e falábase nun argot de seu[2]. Hai referencias a escritores como Charles Bukowski, e a amigos do autor como Pepe Sendón e Anxo Rabuñal.

Foi editada nun inicio na serie Negra de Edicións Xerais, e reeditada posteriormente na serie Narrativa.

NotasEditar

  1. Gaspar Porras, S. (1996). "Dez anos de narrativa negra galega (cen anos de cine)". Anuario de estudios literarios galegos 1995 (Editorial Galaxia): 111-126. 
  2. "Seis cordas e un corazón". Edicións Xerais de Galicia.