Xosé Henrique Rivadulla Corcón
Xosé Henrique Rivadulla Conde, coñecido como Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña o 18 de setembro de 1962[1], é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1962 (62 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Poesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, ensaio, teatro |
Traxectoria
editarA súa infancia e xuventude transcorrera a cabalo entre o barrio coruñés de Monte Alto e Muxía, vila á que segue vinculado na actualidade. Profesionalmente traballa no mundo audiovisual, como guionista e locutor para varias cadeas, así como director teatral e colaborador de varios xornais. A primeira estrea do Centro Dramático Galego é da súa autoría (1985): "Festa rachada", en coprodución polo C.D.G. e a Compañía Titirití e dirixido por Cesar Lombera.[3]
Colaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.
Como guionista traballou para diversas produtora privadas como "Corazón Negro", Sincro Porducións", "C.A.I. Producions", "Productora Faro", "Lúa Films", "Non Si P. C.", "Vía Láctea filmes", "CTV", "Editorial Compostela" e "Manivela Producións".[4]
Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.
Obras
editarPoesía
editar- Taberna á deriva (2002). Espiral Maior. 75 páxs. ISBN 9788495625434.
- O adeus do vello mariñeiro (2007). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-671-6.[5]
- Camiño ao mar (2010). Auga Editora. 54 páxs. ISBN 8493667684.[6]
- Os papeis do vagabundo (2010). Espiral Maior. 88 páxs. ISBN 978-8492646364.[7]
- Amor de náufrago (2020). Medulia. 66 páxs. ISBN 978-84-122253-0-3.
Narrativa
editar- ...Do mar e a noite (2001). Ir Indo. ISBN 978-8476804025.
- Moraime. Pequena vila con mar (2015). Positivas.[8] 132 páxs. ISBN 978-8494120459.
- Vagabundos, solitarios e sentimentais (2019). Ilustracións de Correa Corredoira. figurandorecuerdo(s)edicións.[9]
- A taberna do Mascato Negro (2020). Morgante. 122 páxs.
Teatro
editar- ¡Furga garabela! (2002). Sotelo Blanco. 114 páxs. ISBN 978-84-7824-395-2.[10]
- Praia na noite, 2002. Espectáculo dirixido por Antonio Simón.
- O soño de Ulises, 2002. Espectáculo dirixio por Juan Carlos Tirado.
- O inxenioso cabalo Rocinante da mancha, 2004. Espectáculo dirixio por Juan Carlos Tirado.
- Salitre. (2005). Sotelo Blanco. ISBN 9788478244737.[11]
Literatura infanto-xuvenil
editar- O bebé máxico (2000). Ir Indo. 120 páxs. Ilustracións Kiko da Silva. ISBN 9788476803233.
- O elefante dunha soa orella (2004). Sotelo Blanco. 110 páxs. ISBN 9788478244522.
- ¿A que veñen as gaivotas a Compostela? (2006), Sotelo Blanco. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-507-9.
- A balada de Roi Nemiña (2007). Planeta-Oxford. 129 páxs. ISBN 978-8498111040.[12]
- O sorriso de Claudia (2007). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478245192.
- Os piratas da Illa Esperanza (2008). Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9782-728-7.[13]
- Amar unha serea, (2010) Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-9865-294-9.
- O noso amor será eterno (2011). Xerais. 208 páxs.[14] ISBN 978-84-9914-184-8.
- Soños de mar (2014). Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9914-631-7.[15]
- Cando soa a buguina (2020). Xerais. 128 páxs. ilustracións de Viki Berre. ISBN 978-84-9121-686-5. ePub: ISBN 978-84-9121-683-4.
Ensaio
editar- Xéneros cinematográficos. Aproximacións e reflexión (2006). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-634-0.[16]
Obras colectivas
editar- Ígor de Albatros en Selene, 1985, Cen Augas.
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1988, S. C. D. Condado.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
- Técnicas de escrita de guións audiovisuais, 2002, Tórculo.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Botella ao mar, 2003.
- Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
- Obradoiros de cine clásico, 2003, Tórculo.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, AELG.
- O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Pan. Catro propostas arredor da malla, 2008, Sotelo Blanco.
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios
editar- Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2004, por O elefante dunha soa orella.
- Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2007, por O sorriso de Claudia.
- Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil no 2010, por Os piratas da Illa Esperenza.
- Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 3º a 4º de ESO e Bacharelato) no 2013, por O noso amor será eterno.
- Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil e xuvenil (de 5º e 6º de Educación Primaria) no 2015, por Soños de mar.
- Primeiro premio no certame de cine e vídeo de Elxe.[17]
Obras teatrais estreadas
editarNotas
editar- ↑ "José Enrique Rivadulla Conde. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16.
- ↑ "X. H. Rivadulla Corcón". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Ficha do autor". www.bvg.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Fisterra: estrea de Camiño ao mar, de X. H. Rivadulla Corcón. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-06-17.
- ↑ Nicolás, Ramón (2011-02-04). "Os papeis do vagabundo, de X.H. Rivadulla Corcón". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "LI«Moraime», mar y sueños para Rivadulla Corcón". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-05-27. Consultado o 2019-06-16.
- ↑ "Vagabundos solitarios e sentimentais. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-06-16.
- ↑ "Castro Caldelas recupera a memoria dos afiadores con «Furga garabela»". La Voz de Galicia. 2002-03-30. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "X. H. Rivadulla Corcón". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Rivadulla Corcón presenta “A balada de Roi Nemiña” . CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16.
- ↑ "Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro". que pasa na costa. Consultado o 2019-06-16.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-16.
- ↑ "Presentado o libro 'Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións', editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC - - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ "X. H. Rivadulla Corcón. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-06-17.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.