César Lombera
César Anxo Clemente Lombera Moret, máis coñecido como César Lombera, nado en Barakaldo o 1 de outubro de 1953[1] e finado en Catoira o 26 de xaneiro de 2025,[2] foi un actor, director de escena e escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1953 ![]() Barakaldo, España ![]() |
Morte | 26 de xaneiro de 2025 ![]() Catoira, España ![]() |
Residencia | Catoira ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de París 8 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor, actor de teatro, guionista, director teatral ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarTrasladouse á Arousa coa súa familia cando César tiña 10 anos de idade. Co tempo asentouse en Catoira.[3] Cursou estudos de Ciencias económicas (1971-73) na Universidade de Santiago de Compostela e de Artes plásticas na Universidade Vincennes, Francia.
Foi concelleiro de cultura do Concello de Catoira.
Traballou coa compañía teatral Titirití, coa que fixo espectáculos de animación de rúa e colaborou coas compañías Antroido e Monicreques. Con todo destacou especialmente como escultor, tendo abondosa obra esparexida por varias cidades e vilas galegas.
Obra
editarArtes escénicas
editar- Guións teatrais
- Festa india
- Marcolfo o astrólogo
- Os vikingos veñen a Papalandrocas
- Festa rachada [4]
- A cova do rei Cintoulo
- Marica e o circo
- Nunha man o sol e na outra, a lúa
- Signando II
- Ulf
- Barco de Pedra
- A raíña Lupa
- Sancti Iacobi
- Smuggling
- Submarine
- Dirección escénica
- Festa india
- Santiago Matamouros
- Great Rimbamballus Circus
- Festa rachada[4]
- A cova do rei Cintoulo
- O rei Snie
- Harbard e Signe
- Signando II
- Arrivada do Descobremento
- A raíña Lupa
- Barco de pedra
- Guións de cine e televisión
- Festa india
- Máscaras fustrigadoras
- Costa da Morte
Artes plásticas
editar- Obra pública
- Alfredo Brañas, Rúa Coruña, Carballo.
- Tótem, Arcos, delegación Economía e Facenda, Ourense
- Arcos, petróglifo, COTOP, Carril, Vilagarcía de Arousa
- As Marías, Alameda, Santiago de Compostela
- Valle-Inclán, Paseo dos Leóns, Santiago de Compostela.
- Monumento a Pablo Iglesias, Vite, Santiago
- Fonte Ameixeira, Carril.
- O Adeus, Cavadelo, Vilagarcía
- Fonte da Cachada, Boiro
- Fonte do Mar, Cabo de Cruz, Boiro
- O Carrabouxo, Parque de San Lázaro, Ourense.
- Valle-Inclán, Praza de Méndez Núñez, Pontevedra.
- Cola de Peixe, Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
- Several Tails-Fish, illa de San Simón, Ria deVigo
- Monumento á tertulia,[5] Pontevedra.
- Exposicións
- 1978 Galería Leonardo da Vinchi, Barcelona.
- 1979. Galería Matisse, Santiago.
- 1980 Bienal nacional de arte, Deputación de Pontevedra
- 1981 C. Cultural Banco do Brasil. Río de Xaneiro. Brasil.
- 1982 Cerne da deboura, máscaras, Vigo
- 1983 Sala Delegación Cultura, Pontevedra
- 1984 Casa da Cultura, Concello de Vigo
- 1985 Bateas, praia de Samil, Camaleón, Vigo
- 1986 Auditorio Caixa Galicia. Santiago de Compostela.
- 1988 Os Arcos, Vilagarcía de Arousa
- 1989 Galicia Terra Única, Estación marítima, Vigo
- 1992 Metropol, Vigo
- 1995 COAVN Vizkaia, Bilbao
- 1997 Dos Coimbras Gallery, Braga, Portugal.
- 2000 Cuatro Diecisiete, Madrid.
- 2002 Pazo de Fonseca, Universidade de Santiago de Compostela
- 2003 Sala Exposicións COAG. Santiago de Compostela.
- 2005 Auditorio Vilagarcía de Arousa.
- Barco viquingo
Á fronte da cocellería de cultura de Catoira, impulsou o irmandamento deste concello co de Frederikssund (Dinamarca), o que lle permitiu liderar proxectos como o da construción, en 1993, dun barco viquingo, o Skuldelev 5, baseándose nos debuxos tomados no Museo de barcos vikingos de Roskilde (Vikingeskibsmuseet).[3]
Galería de imaxes
editar-
A Alfredo Brañas en Carballo, inaugurada en 2005.
-
A Sor Aurora, na Illa de Arousa.
-
Valle-Inclán na Praza de Méndez Núñez, en Pontevedra.
-
O Carrabouxo, Ourense.
-
O Marqués da Ensenada en Ferrol.
-
O Marqués de Sargadelos en Ribadeo.
Notas
editar- ↑ Pino, Concha (14 de xullo de 2007). "Busco personaxes populares e cun atractivo para a xente". La Voz de Galicia.
- ↑ Santy Mosteiro (27 de xaneiro de 2025). "Muere el escultor César Lombera, autor del conjunto de A Tertulia y la efigie de Valle Inclán". Diario de Pontevedra.
- ↑ 3,0 3,1 "Falece o escultor César Lombera, autor de 'As Marías' e o 'Monumento á Tertulia'". Nós Diario. 27 de xaneiro de 2025.
- ↑ 4,0 4,1 Producións do Centro Dramático Galego dende 1984
- ↑ Conxunto escultórico de Bóveda, Castelao, Quiroga, Paz-Andrade, Casares e Cabanillas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: César Lombera |
Bibliografía
editar- "Lombera Moret, Cesar Anxo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Lourenço Módia, Cilha (2013). O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978). Edicións Laiovento. p. 231. ISBN 978-84-8487-233-7.
Ligazóns externas
editar- Páxina do artista arquivada en Internet Archive.