Urolestes

(Redirección desde «Urolestes melanoleucus»)

Urolestes

Urolestes melanoleucus en Limpopo, Suráfrica
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Corvida
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Laniidae
Xénero: Urolestes
Cabanis, 1850
Especie: U. melanoleucus
Nome binomial
Urolestes melanoleucus
(Jardine, 1831)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Lanius melanoleucus Jardine, 1831
  • Corvinella melanoleuca (Jardine, 1831)
  • Corvinella melanoleuca melanoleuca Sibley & Monroe, 1990

Urolestes é un xénero de ave da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines e familia dos lánidos.

Dous espécimes no Parque Nacional de Serengueti, Tanzania

É un xénero monotípico, xa que conta cunha soa especie, Urolestes melanoleucus,[2] ás veces clasificada dentro do xénero Corvinella, como Corvinella melanoleuca.

É unha especie propia dos pasteiros do leste e e o sueste de África, onde os seus hábitats naturais son as sabanas secas e húmidas, e as matogueiras secas tropicais ou subtropicais.

Ten unha área de distribución moi ampla e é común en moitos lugares.

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 1850 polo ornitólogo alemán Jean Cabanis.[2]

Etimoloxía editar

Segundo o The Helm dictionary of scientific bird names, o nome Urolestes está formdo polos elementos do latín científico uro- e -lestes. O primeiro está tirado da raíz do nome do grego antigo οὐρά ourá, 'cola de animal', e o segundo de ληστής lēstḗs, 'bandido'.[3] Quizais signifique 'o bandido, ou ladrón, de cola (longa)'.

Especie editar

A especie foi descrita en 1831 polo naturalista escocés William Jardine,[2] co nome de Lanius melanoleucus.[4]

Etimoloxía editar

O epíteto específico, melanoleucos, está construído polos elementos do latín científico melano- e -leucos, tirados das voces do grego antigo μέλανος mélanos, xenitivo de μέλας mélas, 'negro', e λευκός leukós, negro, aludindo ás cores da plumaxe desta ave.

Clasificación editar

A única especie do xénero é:[2][4] Urolestes melanoleucus (Jardine, 1831), na que se recoñecen as tres subespecies seguintes:[2][4]

  • Urolestes melanoleucus aequatorialis Reichenow, 1887
  • Urolestes melanoleucus expressus (Clancey, 1961)
  • Urolestes melanoleucus melanoleucus (Jardine, 1831)

Distribución e hábitat editar

Este picanzo encóntrase en Angola, Botsuana, Kenya, Mozambique, Namibia, Suráfrica, Eswatini, Tanzania, Zambia e Zimbabue.[1][5]

 
U. melanoleucus no P. N. Kruger.

Habita en sabanas abertas con arbustos e árbores dispersas (Acacia sp), áreas cultivadas, céspede pechado e terra espida, en partes da África central e meridional onde a precipitación ocorre principalmente entre novembro e abril.[5]

Evitan as zonas áridas, pero pódese desenvolver nas semiáridas. Ocupa tamén os bosques,[5] particularmente nas súas ribeiras e, no Parque Nacional Kruger atópase nos vales dos ríos con árbores espiñentas.[6]

Características editar

A súa lonxitude oscila entre os 35,5 e os 38 cm. É, por tanto, un picanzo, de pelaxe predominate negra, moi grande e cunha cola longa. Presenta un parche branco a cada lado da capa e unha barra, así mesmo branca, nas ás. É un paxaro moi visíbel cando pousa nos cumios das pólas de árbores e arbustos. Vive en parellas ou en pequenos grupos familiares.[5]

Ecoloxía editar

Urolestes melanoleucus é unha especie gregaria que se encontra normalmente formando grupos ruidosos de aproximadamente unha ducia de aves, que ocupan un territorio de varias decenas de hectáreas. Pode asociarse con outras aves como Dinemellia dinemelli. Os paxaros aniñan cooperativamente durante a estación das chuvias, e o seu territorio de reprodución é de aproximadamente tres hectáreas, que defenden doutros grupos. Os rituais na época de celo inclúen a inclinación da cola, o levantamento das ás e un asubío. A femia ás veces chama desde o niño e o macho lle leva a comida. Os dous paxaros tamén poden realizaren duetos.[6]

A dieta consiste en artrópodos, especialmente insectos, lagartos, pequenos mamíferos, complementada con froitos. Para cazaren, póusanse nunha posición elevada explorando o chan para descubriren as súas posíbeis presas. A maioría das presas atópanse no solo, pero ás veces aos insectos voadores cázanos no aire.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Urolestes melanoleucus na Lista vermella da UICN.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Urolestes Cabanis, 1850 no ITIS.
  3. urolestes no The Helm dictionary of scientific bird names online.
  4. 4,0 4,1 4,2 Urolestes melanoleucus (Jardine, 1831) en Avibase.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Williams & Arlott 1985, pp. 285-286.
  6. 6,0 6,1 6,2 Lefranc & Worfolk 2013, pp. 172–174.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar