Botswana

(Redirección desde «Botsuana»)

Coordenadas: 24°39.5′S 25°54.5′L / -24.6583, -25.9083

Botswana[4][5] ou Botsuana,[6] cuxo nome oficial é República de Botswana (en inglés Republic of Botswana, en setsuana Lefatshe la Botswana), é un país soberano sen saída ao mar do sur de África, sendo a súa forma de goberno a república parlamentaria.

República de Botswana
Republic of Botswana
Lefatshe la Botswana
Bandeira de Botswana
Escudo de Botswana
BandeiraEscudo
BWA orthographic.svg
Lema: Pula (setsuana: «Chuvia»)
Capital
 Poboación
Gaborone
208 411 (2005)
Cidade máis poboadaGaborone
Linguas oficiaisInglés e setsuana
Forma de gobernoRepública parlamentaria
Presidente
Vicepresidente
Mokgweetsi Masisi[1]
Slumber Tsogwane
Independencia do Reino Unido30 de setembro de 1966
SuperficiePosto 48º
 • Total600 370[2] km²
 • % auga2,5%
Fronteiras4 013 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 144º
 • Total (2011 est.)2 029 115 hab.
 • Densidade2,7 hab./km²
PIB (nominal)Posto 105º
 • Total (2011)15 249 millóns US$
 • per cápita8 840 US$
PIB (PPA)Posto 105º
 • Total (2011)30 529 millóns US$
 • per cápita16 279 US$
MoedaPula (BWP)
IDH (2012)0,634[3] (119º) – medio
Xentiliciobotswaniano, botswaniana[4]
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.bw
Prefixo telefónico+267
Prefixo radiofónico8OA-8OZ, A2A-A2Z
Código ISO072 / BWA / BW
Membro de: ONU, Commonwealth, UA

O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade de Gaborone.[7]

O outrora protectorado británico de Bechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en 1966.

Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polo deserto de Kalahari. Limita con Suráfrica polo sur e sueste, con Namibia polo oeste e polo norte, con Cimbabue polo nordeste e con Zambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.[2]

O país tratou de diversificar a súa economía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio de Suráfrica.[8]

Goberno e PolíticaEditar

Botswana está gobernada en forma de república parlamentaria. O Presidente de Botswana é elixido cada cinco anos e é o xefe de Estado e xefe de goberno do país. O Partido Democrático de Botswana gañou todas as eleccións desde a independencia (1966). O poder lexislativo exérceo a Asemblea Nacional, un Parlamento unicameral con 63 membros na actualidade.

Botswana está dividida en nove entidades:

  1. Central
  2. Ghanzi
  3. Kgalagadi
  4. Kgatleng
  5. Kweneng
  6. Nordés
  7. Noroeste
  8. Sueste
  9. Sur

XeografíaEditar

Bostwana limita ó norte con Zambia, ó leste con Cimbabue, ó sur con Suráfrica e ó oeste e ó norte con Namibia. O país está dominado polo deserto do Kalahari.

EconomíaEditar

Artigo principal: Economía de Botswana.

DemografíaEditar

Alfabetización do 77%. A maioría da poboación é de etnia tswana. En 2009 estimouse que 25.4% dos adultos era portador da SIDA, cifra que baixou a 21.9% en 2013. No 2009 estimábase un total de 320.000 persoas infectadas.[9]

A esperanza de vida ao nacer era de 55 anos en 2009 segundo o Banco Mundial, baixando anteriormente dun pico de 64.1 en 1990 a un mínimo de 49 en 2002. Despois do censo de Botswana en 2011, a esperanza de vida actual estímase en 63.8 anos.[10]

NotasEditar

  1. Mguni, Mbongeni (29 de marzo de 2016). "Masisi to Lead Botswana as Khama Steps Down After a Decade". Bloomberg.com. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Ficha de país Arquivado 15 de outubro de 2015 en Wayback Machine. The CIA World Factbook. Consultado o 9 de agosto de 2013.
  3. Informe sobre desenvolvemento humano 2013 Arquivado 26 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán) Consultado o 9 de agosto de 2013.
  4. 4,0 4,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para botswaniano.
  5. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  6. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004). Lingua galega. Dúbidas lingüísticas (PDF). p. 102. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  7. Botswana Tourism Organisation. "Geographical Info" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2011. Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  8. Banco Mundial. "Botswana at a glance" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de decembro de 2009. Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  9. UN AIDS. "Botswana". Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  10. "Botswana no World FactBook" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 10 de maio de 2019. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.