Abrir o menú principal

Terámenes

(Redirixido desde "Teramenes")

Terámenes, finado en -404, (en grego: Θηραμένης) foi un político ateniense, importante na década final da Guerra do Peloponeso, a chamada Guerra de Decelia. Participou activamente nos dous períodos do goberno oligárquico de Atenas, así como no xuízo dos xenerais que comandaban a armada ateniense durante a Batalla de Arxinusas, en -406.

Terámenes
Nacementoséculo IV a. C.xuliano
 Cos
Falecemento403 a. C.
 Antiga Atenas
CausaVeleno
NacionalidadeAntiga Atenas
Ocupaciónpolítico e militar
PaiHagnão
editar datos en Wikidata ]
A plataforma do outeiro rochoso de Pnyx, en Atenas, onde Terámenes e outros políticos se puñan en pé mentres falaban. Ao fondo está a Acrópole de Atenas.

Fillo de Hagnón, o fundador de Anfípole e natural do demo (poboación) de Estiria, foi un dos principais instigadores do golpe de estado dos Catrocentos, pero dentro do movemento oligárquico tivo unha tendencia máis moderada que outros, que o levou a porse á fronte da corrente que se opuxo aos excesos da oligarquía e deu paso ao goberno do Cinco Mil.

Tras a vitoria en Arxinusas (-406), conseguiu librarse da acusación de non prestar auxilio aos náufragos, pero contribuíu á condena a morte dos seis estrategos. Despois da derrota final de Egospótamos, tivo un papel importante nas negociacións da rendición de Atenas e participou no goberno oligárquico dos Trinta Tiranos. Pero tamén nesta ocasión as súas tendencias moderadas o distanciaron dos seus colegas. Esta vez o resultado foi negativo: enfrontouse a Critias, o radical tío de Platón, e foi condenado á morte e axustizado.

Desde a Antigüidade foi obxecto de diversas valoracións. Culpárono pola súa actitude cambiante (chamáronlle «coturno», calzado para ambos os pés), pero tamén se apreciaron a súa moderación e os seus esforzos por manterse entre os réximes populares e os excesos das oligarquías radicais.

Oligarca moderado, a miúdo atopouse atrapado entre os demócratas por unha banda e a facción extremista dos oligarcas no outro. Tivo éxito en substituír unha oligarquía de poucas persoas por unha máis ampla en -411 pero fallou ao tentalo de novo en -404. Foi executado polos extremistas a cuxas políticas se opuxo.

Terámenes foi unha figura central en catro grandes episodios da historia de Atenas. Apareceu en escena en 411 como uno dos líderes do golpe de estado oligarca, pero cando empezou a diferir das ideas dos outros conspiradores, comezou a oporse aos novos líderes e tomou o mando na oposición á nova oligarquía para substituíla por unha máis ampla. Serviu como xeneral varios anos máis despois disto, pero non foi reelixido para o posto en -407. Durante a Batalla de Arxinusas, na que serviu como trierarca, encargóuselle rescatar aos mariñeiros atenienses dos barcos que se estaban afundindo, pero impediullo unha tormenta. Ese incidente desencadeou a furia do pobo de Atenas, e Terámenes tivo que defenderse e exonerarse da súa responsabilidade no rescate errado. A controversia terminou coa execución de seis xenerais que dirixiran a batalla.

Tras a derrota ateniense na Batalla de Egospótamos en -405, Terámenes negociou con Esparta os termos da rendición. Logo converteuse nun membro da nova oligarquía coñecida como os Trinta Tiranos que Esparta impuxera ao seu rival. Terámenes volveu entrar en conflito cos membros máis extremistas do novo goberno e as súas protestas polo reino de terror imposto levaron aos oligarcas a planear a súa destitución. Foi denunciado á asemblea oligarca e, logo, ao ver que dita institución tiña reparos en castigalo, foi executado sen xuízo.

Terámenes seguiu sendo unha figura controvertida tras a súa morte. Lisias criticouno vigorosamente mentres que perseguía a varios dos seus antigos aliados políticos, pero outros defenderon as súas accións. Os modernos historiadores foron cambiando a súa postura no tempo: no século XIX, Terámenes era condenado case de forma universal, pero estudos recentes dan opinións máis positivas. Algúns historiadores viron en Terámenes un oportunista egoísta, e outros un moderado con principios. Os detalles das súas accións, as súas motivacións, e a natureza do seu carácter, seguen debaténdose hoxe en día.

TraxectoriaEditar

Rexistro históricoEditar

Non se ten constancia de ningunha biografía antiga de Terámenes, pero a súa vida e accións están relativamente ben documentadas, grazas ao amplo tratamento que se dá da súa figura en varios dos traballos que nos chegaron. O orador ático Lisias fala detidamente de Terámenes en varios dos seus discursos, aínda que dunha maneira moi hostil.[1] Terámenes tamén aparece en varias antigas historias narrativas; o relato de Tucídides inclúe os comezos da carreira política de Terámenes, e Xenofonte continúa onde Tucídides o deixou, e narra con detalle algúns episodios da súa carreira.[2]

Diodoro Sículo, probabelmente tomando o seu relato en varios puntos do historiador grego Éforo, proporciona outro relato que se aparta considerabelmente do de Xenofonte en varios puntos. [3]Terámenes tamén aparece en varias outras fontes, que, aínda que non proporcionan moitos detalles, foron usadas para esclarecer as disputas políticas que rodearon a vida de Terámenes e o seu recordo.

FamiliaEditar

Só as liñas xerais da vida de Terámenes fóra da esfera pública foron conservadas no rexistro histórico. Tanto o seu pai, Hagnón, como o seu avó paterno, Nicias, tiveran papeis importantes na vida pública ateniense nas décadas anteriores da aparición de Terámenes en escena. A familia era moi rica; Nicias tivo máis de 1000 escravos traballando nas minas de prata de Laurión, e distribuía a súa riqueza prodigamente para gañar o favor do pobo. [4][5]Como un dos políticos líderes de Atenas tras a morte de Pericles, Nicias fora o principal defensor da Paz de Nicias, que terminou coa primeira parte da Guerra do Peloponeso, a chamada Guerra arquidámica, en -421, e fora o comandante supremo da expedición a Sicilia, morrendo en Siracusa en -413 pouco antes da derrota desastrosa desta expedición. Hagnón, comandou o grupo de colonizadores gregos que fundaron Anfípole en -437/-436, serviu como xeneral en varias ocasións antes e durante a Guerra do Peloponeso, e como un dos signatarios da Paz de Nicias[6][7][8]. A carreira de Hagnón coincidiu en parte coa do seu fillo, xa que foi un dos dez membros da comisión nomeados polo goberno dos Catrocentos para redactar o borrador dunha nova constitución en -411.[9]


Golpe de estado do -411.Editar

Derrocamento da democraciaEditar

 
Alcibíades incitou ao golpe oligárquico coa promesa de axuda persa para Atenas se a democracia era derrocada.

A primeira aparición no rexistro histórico de Terámenes é a súa participación no golpe de estado oligárquico de -411. Como consecuencia da derrota ateniense en Sicilia, as revoltas empezaron a estalar entre os estados sometidos a Atenas no mar Exeo.

Neste contexto, un grupo de aristócratas atenienses, liderados por Pisandro e con Terámenes entre os seus partidarios, comezou a conspirar para derrocar ao goberno democrático da cidade. Esta intriga foi iniciada polo nobre exiliado Alcibíades, quen nese momento era axudante do sátrapa persa Tisafernes. Afirmando que tiña grande influencia sobre Tisafernes, Alcibíades prometeu regresar a Atenas, levando axuda dos persas, coa condición de que a democracia que o desterrou fose substituída por unha oligarquía.[10] Por tanto, varios trierarcas e outros xefes da frota de Samos empezaron a planear o derrocamento da democracia. Enviaron a Pisandro a Atenas, quen coa promesa de que o regreso de Alcibíades e unha alianza cos persas serían posíbeis se os atenienses substituían a súa democracia por unha oligarquía, convenceu á Ekklesía (Asemblea do pobo ateniense) de que enviase como emisario ao mesmo Alcibíades, autorizado a facer calquera preparativo.[11]

Alcibíades, con todo, cuxa influencia sobre Tisafernes non era tan grande como alegara, decatouse de que non podería convencer ao sátrapa de que se aliase cos atenienses, e para ocultalo ao pobo ateniense, demandou tal número de concesións á Asemblea de Atenas, que foron rexeitadas.

Conflito dentro do movemento oligárquicoEditar

En -411, Terámenes propuxo un goberno no que a todos os homes con status de hoplita ou máis alto lles fose concedido o voto.

Naquel momento, empezaron a desenvolverse algúns conflitos, acontecementos que ameazaban o futuro do novo goberno de Atenas. Primeiro, o golpe de estado planeado en Samos foi frustrado polos esforzos dos demócratas samios e un grupo de atenienses a quen confiaron en axudarlles. [12]Cando o exército de Samos escoitou as noticias do golpe de estado en Atenas, que chegou ao mesmo tempo que informes esaxerados das ultraxes perpetradas polo novo goberno, declararon a súa lealdade á democracia e a hostilidade cara aos novos gobernantes.[13] En Atenas, mentres tanto, produciuse unha escisión entre os oligarcas moderados e radicais, con Terámenes xunto a Aristócrates como xefe da facción moderada. A facción extremista, liderada por Frínico, contaba con xefes ilustres do golpe de estado como Pisandro e Antifonte, quen tiña o dominio dos Catrocentos, opúñase a ampliar a base da oligarquía, e estaba disposto a pedir a paz con Esparta. [14]Os moderados, doutra banda, aínda que non estaban polo labor de solicitar a paz con Esparta, en termos que puidesen manter o poder de Atenas, estaban dispostos a sacrificar o Imperio e a frota, e querían ampliar a oligarquía para incluír a 5000 putativos, presumibelmente incluíndo a todos os homes con status de hoplita ou superior. Aínda que Tucídides, en Historia da Guerra do Peloponeso VIII, 89, afirma que os moderados chamaron para o goberno aos 5000 de entre os moderados, era unha simple manobra de propaganda. Os historiadores modernos están en desacordo, sinalando o relato de Aristóteles, coa indicación de que os moderados foron sinceros.[15][16]

Pouco despois de obter o poder, os xefes extremistas da revolución empezaran a construír fortificacións en Eteiona, un punto dominante na entrada do porto do Pireo, para protexelo dun ataque da frota de Samos. Co desacordo interno aumentando, uniron estas novas fortificacións ás murallas existentes para formar un reduto defendíbel contra os ataques por terra ou por mar, que contiña un grande almacén ao que os extremistas trasladaron a maior parte da subministración de cereais da cidade[17]. Terámenes protestou enerxicamente contra a construción desta fortificación, argumentando que o propósito non era manter aos demócratas fóra, senón entregala aos espartanos; Tucídides testemuña que os seus cargos non eran insustanciais, xa que os extremistas estaban a consideralo realmente.[18]


 
Recreación moderna de hoplitas gregos.

Inicialmente cauteloso (cando os inimigos do réxime foran executados antes), Terámenes e o seu partido se envalentonaron para realizar varias accións.

Primeiro, unha frota peloponesia, aparentemente enviada para axudar ás forzas anti-atenienses de Eubea, foi ascendendo amodo pola costa do Peloponeso. Terámenes alegou que esta frota estaba a planear capturar as fortificacións de Eteiona, en colaboración cos extremistas.[19]

Segundo, un militar ateniense, actuando aparentemente baixo as ordes de conspiradores superiores nas filas do goberno, asasinou a Frínico, o xefe da facción extremista. El escapou, pero o seu cómplice, un arxivo foi capturado; o prisioneiro, baixo tortura, negouse a dicir o nome do seu xefe. Cos extremistas incapaces dunha acción eficaz neste caso, e coa frota peloponesia invadindo a illa de Exina (un punto de parada obrigada na aproximación ao Pireo), Terámenes e o seu partido decidiron actuar.

Aristócrates, que mandaba un rexemento de hoplitas no Pireo, arrestou ao xeneral extremista Alexicles; enfurecidos, os xefes extremistas dos Catrocentos esixiron a acción, e fixeron varias ameazas contra Terámenes e o seu partido. Para a súa sorpresa, Terámenes ofreceuse voluntariamente para conducir unha forza para rescatar a Alexicles; os xefes dos extremistas accederon, e Terámenes partiu cara ao Pireo, compartindo o seu mandato con outro moderado e un extremista, Aristarco. Cando Terámenes e a súa forza chegaron ao Pireo, Aristarco, con rabia, exhortou aos homes a atacar aos hoplitas que asediaran a Alexicles. Terámenes tamén finxiu ira, pero cando foi preguntado polos hoplitas se pensaba que a fortificación sobre Eteiona era unha boa idea, respondeu que se quixesen derrubala, pensaba que estaría ben. Chamando a todos os que querían que o Cinco Mil gobernasen en lugar dos Catrocentos, os hoplitas puxéronse a traballar. [20]Donald Kagan suxeriu que esta chamada foi probabelmente instigada polo partido de Terámenes'. Os hoplitas ao derrubar a fortificación significaban que preferían unha volta á democracia. [21]Varios días despois, a frota peloponesia aproximouse ao Pireo, pero, ao atopar as fortificacións destruídas e o porto ben defendido, navegaron a Eubea[22]. Varios días despois, os Catrocentos formalmente depuxeron e substituíron ao goberno do Cinco Mil; A maioría dos oligarcas fuxiron da cidade.[23]

Especulouse con que Terámenes fose partidario deste tipo de «constitución ideal» do Cinco Mil nos acontecementos constitucionais dos anos -411 e -404.

Ao mandoEditar

 
A estratexia ateniense en Cícico.

Baixo o goberno dos Cinco Mil e baixo a democracia que o substituíu en -410, Terámenes serviu como xeneral durante varios anos, ao mando de frotas no mar Exeo e no estreito do Helesponto. Pouco despois do ascenso do goberno do Cinco Mil, Terámenes navegou a dito estreito para unirse a Trasíbulo e os xenerais elixidos polo exército de Samos.[24] Tras a vitoria ateniense en Abidos, tomou trinta trirremes para atacar aos rebeldes de Eubea, que estaban a construír un camiño elevado en Beocia para prover un acceso desde terra á súa illa. Incapaz de deter a construción, saqueou o territorio de varias cidades rebeldes, viaxou polo Exeo suprimindo oligarquías e conseguindo fondos de varias cidades para o Imperio ateniense. [25][26]Levou entón a súa frota ao Reino de Macedonia, onde axudou ao seu rei Arquelao I no asedio de Pidna, pero ao prolongarse o asedio, navegou para reunirse con Trasíbulo en Tracia[27]. A súa frota foi a desafiar á armada de Míndaro que asediara a cidade de Cícico. Terámenes mandaba unha á da frota ateniense na batalla de Cícico, e conseguiu unha decisiva vitoria. Nesta batalla, Alcibíades (que fora chamado do exilio pola frota de Samos pouco despois do golpe) conduciu a unha trampa á frota espartana en mar aberto, mentres Trasíbulo e Terámenes, cada un ao mando dunha escuadra, cortaron a retirada aos espartanos. [28]Míndaro foi forzado a fuxir a unha praia próxima, e seguiron feros enfrontamentos en terra cando os atenienses tentaron arrastrar os barcos espartanos. Trasíbulo e Alcibíades mantiveron aos espartanos ocupados mentres Terámenes se uniu ás próximas forzas atenienses e logo apuráronse ao rescate; a súa chegada precipitou unha vitoria total ateniense, na que todos os barcos espartanos foron capturados[29]. Como consecuencia desta vitoria, os atenienses capturaron Cícico e construíron un forte en Crisópole, desde o que obtiñan un arancel dun décimo de todos os barcos que atravesaban o Bósforo. Terámenes e outro xeneral permaneceron neste forte cunha frotiña de trinta barcos para supervisar a recollida do arancel. [30] En Atenas, mentres tanto, o goberno do Cinco Mil foi substituído por unha democracia restaurada uns poucos meses despois desta batalla. Donald Kagan suxeriu que a ausencia de Terámenes, «o mellor orador dos moderados», preparou o terreo para esta restauración[31].

ArxinusasEditar

Terámenes permaneceu como xeneral en -407, pero, nese ano, cando a derrota ateniense en Notio conduciu á caída de Alcibíades e os seus aliados políticos, non foi reelixido. O ano seguinte, con todo, navegou como trierarca na improvisada frota de axuda ateniense enviada para axudar a Conón, quen fora bloqueado con 40 trirremes en Mitilene por Calicrátidas. Esa forza de liberación obtivo unha vitoria sorprendente na batalla de Arxinusas, pero como consecuencia desa batalla Terámenes atopouse no medio dunha controversia enorme. Ao final da batalla, os xenerais ao mando da frota habían conferenciado para decidir os seus próximos pasos. Varios insistiron nas urxencias que lles incumbían a cada un; 50 barcos peloponesios baixo Eteónico permaneceron en Mitilene, bloqueando a Conón, e a acción decisiva dos atenienses podía conducir á destrución desa forza, pero, ao mesmo tempo, tiveron que ser enviados barcos para recuperar aos mariñeiros de vinte e cinco trirremes atenienses afundidos ou deixados incapacitados na batalla. Por tanto, oito xerais, coa parte máis grande da frota, emprenderon viaxe a Mitilene, mentres unha forza de rescate baixo Trasíbulo e Terámenes —ambos querían ser trierarcas nesta batalla, pois serviran como xerais en campañas previas—, quedaron atrasados para recoller aos sobreviventes e recuperar os cadáveres para o enterro.[32] Neste punto, con todo, estalou unha grave tormenta, e ambos os exércitos foron empuxados a terra. Eteónico escapou, un gran número de mariñeiros atenienses afogáronse. Os cálculos aproximados respecto da cifra precisa alcanza a preto de 1000, e a non menos de 5000[33].

 
Antiga trirreme grega. 25 trirremes atenienses foron desarboladas ou afundidas en Arxinusas, e Terámenes foi enviado a rescatar aos sobreviventes.

Pouco despois de que as noticias desta traxedia pública chegasen a Atenas, unha controversia enorme estalou sobre a atribución da culpa pola chapuza de rescate. A xente estaba furiosa pola perda de tantos mariñeiros, e polo fracaso de recuperar os corpos dos mortos para o seu enterro, e os xenerais sospeitaban que Trasíbulo e Terámenes, que xa regresaran a Atenas, poderían ser responsables de azuzar á Asemblea contra eles, e escribiron cartas á xente que denunciaban aos dous trierarcas como responsables do rescate errado.[34] Trasíbulo e Terámenes foron chamados ante a Asemblea para defender o seu comportamento; no seu defensa, Terámenes presentou unha carta dos xenerais na cal culpaban só á tormenta do contratempo.[35] Os trierarcas foron exonerados, e a cólera pública agora volveuse contra os xenerais.[36] O oito foron depostos do seu cargo, e chamados a Atenas para someterse a xuízo. Dous fuxiron, pero seis regresaron como ordenaron para afrontar os cargos contra eles.[37]

Diodoro apunta que os xenerais cometeron un erro crítico tentando culpar a Terámenes. "Porque," manifesta, "aínda que eles podían obter a axuda de Terámenes e os seus socios no xuízo, ambos os homes eran oradores capaces e tiñan moitos amigos e, os máis importante de todo, foran partícipes dos feitos relativos á batalla, tíñanos, con todo, como adversarios e acusadores".[38] Cando chegou o xuízo, os numerosos aliados políticos de Terámenes estaban entre os xefes da facción que pedían a súa condena.[39] Sucedéronse unha serie amarga de debates e procedementos xudiciais cando a Asemblea discutiu sobre que facía cos xenerais. Ao principio, parecía que poderían ser tratados con clemencia, pero ao final demostracións públicas de duelo das familias dos defuntos e a agresiva acusación dun político chamado Calixeno decantou a opinión desta institución. Os seis xerais foron xulgados en grupo e executados. [40]O pobo ateniense, cando o pesar e a cólera provocada polo desastre arrefriáronse, chegaron a lamentar a súa acción, e durante miles de anos os historiadores e comentaristas destacaron o incidente como quizais o máis grande erro xudicial que o goberno da cidade perpetrou algunha vez.[41]

Negociacións de pazEditar

En -405, a frota ateniense foi derrotada e destruída pola frota peloponesia baixo Lisandro na batalla de Egospótamos, no Helesponto. Sen suficientes fondos para construír outra frota, os atenienses só podían esperar que Lisandro navegase cara ao oeste a través do Exeo cara á súa cidade. Bloqueados por terra e mar, coas súas subministracións de alimentos diminuíndo, os atenienses enviaron embaixadores ao rei espartano Axis, cuxo exército estaba acampado fóra das súas murallas, ofrecendo unirse á alianza espartana si éralles permitido conservar as súas murallas e porto; Axis, afirmando que non tiña poder de negociar, enviou embaixadores a Esparta, pero alí dixéronlles que, se quixesen a paz realmente, deberían levar mellores propostas aos espartanos.[42] Os atenienses foron inicialmente intransixentes, indo tan lonxe como encarcerar a un home que suxeriu que demolesen os Muros Longos cando os espartanos insistiron, pero a realidade da súa situación obrigoulles a que considerasen pronto unha solución negociada.[43] Nesta situación, Terámenes, nun discurso na asemblea, pediu que se enviase un embaixador a Lisandro (que estaba a cercar Samos) para determinar as intencións espartanas cara a Atenas; tamén dixo que descubrira algo que podía mellorar a situación dos atenienses, aínda que declinou compartilo cos cidadáns. [44] Esta petición foi concedida, e Terámenes navegou a Samos para atoparse con Lisandro; desde alí, foi enviado a Esparta, quizais deténdose en Atenas no camiño.[45] En Esparta, con representantes de todos os aliados de Esparta presentes, Terámenes e os seus colegas negociaron os termos da paz que finalizaba a guerra do Peloponeso; os Muros Longos e as murallas do Pireo foron demolidos, o tamaño da frota atenienses foi bruscamente limitado, e a política externa ateniense foi subordinada á de Esparta; O tratado tamén estipulaba que os atenienses usasen "a constitución dos seus antepasados"[46][47]. Terámenes volveu a Atenas e presentou os resultados das negociacións á asemblea; aínda que algúns aínda estaban a favor de aguantar, a maioría votou aceptar os termos; a guerra do Peloponeso, despois de 28 anos, terminara.[48]

Os Trinta TiranosEditar

Como consecuencia da rendición de Atenas, os Muros Longos foron derrubados e as tropas que cercaban a cidade regresaron aos seus fogares; unha guarnición espartana permaneceu probablemente en Atenas para supervisar o desmantelamento das murallas; Lisandro navegou a Samos para completar o asedio desta cidade.[49] Outra cláusula do tratado que puxera fin á guerra permitira a todos os exiliados regresar a Atenas, e estes homes, moitos dos cales eran axitadores oligárquicos expulsados pola democracia, estaban a traballar duro meses despois do tratado. Cinco "superintendentes" foron nomeados polos membros dos clubs sociais oligárquicos para planear a transición a unha oligarquía.[9] En xullo de -404, pediron a Lisandro que volvese a Atenas, onde supervisou o cambio de goberno; un político oligarca, Dracóntides, propuxo no consello depositar o goberno en mans de trinta homes escollidos; Terámenes apoiou esta moción, e, con Lisandro ameazando con castigar aos atenienses pola deixar de desmantelar os muros rápida e suficientemente a menos que o fixesen, pasouno á asemblea.[9] [50]Trinta homes foron seleccionados: dez apoiados polos "supervisores", dez elixidos por Terámenes (incluído el mesmo), e dez elixidos por Lisandro[9].

Este goberno, que pronto foi coñecido como o "Trinta Tiranos" polos seus excesos e atrocidades, empezou rapidamente a establecer o seu control sobre a cidade . Os oligarcas estaban dirixidos por Critias, un dos "supervisores" e antigo exiliado, que pediu unha guarnición espartana para asegurar a súa seguridade e iniciou un reinado de terror, executando a calquera home que pensase podería posuír a suficiente iniciativa para desafialos. [51] Esta campaña foi dirixida por Terámenes e os líderes do Trinta; inicialmente partidario de Critias, Terámenes argumentou que agora era innecesario executar a homes que non mostraran ningún sinal de desexar ningún mal á oligarquía, tan só porque foran populares baixo a democracia.[52] Esta protesta, con todo, fracasou en atrasar o ritmo das execucións, así que Terámenes argumentou que, se a oligarquía debía, por forza, gobernar, debía polo menos ampliar a súa base; medorento de que Terámenes puidese dirixir un movemento popular contra eles, Critias e os xefes do Trinta fixeron pública unha lista de 3.000 homes que poderían ser asociados ao novo goberno.[53] Cando Terámenes obxectou outra vez que este número era bastante pequeno, os xefes organizaron unha revista militar para organizar despois o que os cidadáns ordenaran para apilar as súas armas; con axuda da guarnición espartana, os oligarcas confiscaron todas as armas excepto aquelas que pertencían aos 3.000.[54] Isto, marcou mesmo o principio dos excesos máis grandes; para pagar os soldos da guarnición espartana, Critias e os líderes ordenaron a cada un do Trinta arrestar e executar a un meteco e confiscar as súas propiedades. Terámenes, protestando que esta acción era peor que os peores excesos da democracia, rexeitou seguir a orde.[55]

 
Terámenes foi arrastrado a través da Ágora de Atenas camiño da súa execución.

Critias e os seus compatriotas, tendo en conta estes acontecementos, decidiron que Terámenes converteuse nunha ameaza intolerable para o seu goberno; en consecuencia, falou ante a asemblea dos 3.000, e Critias denunciou a Terámenes como traidor nato, sempre preparado para cambiar as súas lealdades políticas segundo as conveniencias do momento. [56] Chamárono co alcume de "coturno", o nome dunha bota levada no escenario que podía servir para ambos os pés; Terámenes, proclamou, estaba preparado para servir a calquera causa democrática ou oligárquica, buscando só promover o seu propio interese persoal. Terámenes replicou apaixonadamente e negou que a súa política fose incoherente algunha vez. [57]Insistiu, que preferira sempre unha política moderada; nin unha democracia extremista nin unha oligarquía extremista, e sostido o ideal dun goberno composto de homes con polo menos status de hoplita, que poderían ser utilizados polo estado. Este discurso tivo un grande efecto sobre a audiencia, e Critias viu que, se houbese que dirixir o voto, Terámenes debería ser absolto.[58]

Por tanto, despois de conferenciar co Trinta, Critias ordenou a homes con dagas que bordeasen o escenario en fronte da audiencia e logo golpeasen o nome de Terámenes da lista dos 3.000, negándolle o seu dereito a un xuízo. Aristóteles dá unha descrición lixeiramente diferente da sentenza a matar de Terámenes. Afirma que "Terámenes foi executado despois de que Trasíbulo ocupase Filé e afirma que o Trinta introduciron dúas leis no Consello dos 3.000, con ordes de aprobalas; unha era para dar aos Trinta poderes absolutos para executar a calquera cidadán que non fose membro da lista do Tres Mil, e a outra prohibía participar no goberno a todos os que tomaran parte na demolición do forte de Etionía, ou fixeran algo contra Os Catrocentos, que estableceran a anterior oligarquía.[59] [60]En ambos os feitos participara Terámenes, co resultado de que cando as leis foran ratificadas fíxose fóra da constitución e o Trinta tiñan autoridade para decretar a súa morte[61]". Terámenes, saltando a un altar próximo, reprendeu á asemblea que permitise o seu homicidio, pero foi en balde; os Once, gardiáns da prisión, introducírono nela, arrastrárono, e obrigárono a beber unha copa de cicuta. Terámenes, imitando un popular xogo de bebida, (o cótabo) no que o bebedor brindaba por un amante, cando acabou a súa copa, tragou o veleno e lanzou os restos ao chan exclamando "Á saúde do meu amado Critias[62]!”

HistoriografíaEditar

 
O historiador Xenofonte escribiu unha descrición mordaz das accións de Terámenes despois de Arxinusas, pero retratou a súa resistencia ao Trinta Terámenes favorablemente.

Terámenes levou unha vida polémica, e a súa morte non terminou coa crítica das súas accións. Nos anos posteriores á súa morte, a súa reputación converteuse en obxecto de controversia cando os seus antigos colegas houberon de defenderse ante os fiscais da restaurada democracia (o réxime do Trinta durara até -403). Parece que, cando se defenderon ante os xurados atenienses simpatizantes da democracia, os compañeiros de Terámenes na oligarquía tentaron exculparse relacionando as súas accións coas de Terámenes e retratándolle como un firme defensor da democracia ateniense; exemplos diso pódense atopar na obra de Diodoro Sículo e no Papiro de Terámenes, unha obra fragmentaria descuberta en 1968.[63] En dous discursos de Lisias, Contra Eratóstenes e Contra Agorato, Terámenes é retratado como traidor e autointeresado, e que cos seus maquinacións fai un tremendo dano á causa ateniense. [64]Xenofonte, hostil nas primeiras partes da súa obra até onde detivo o seu traballo (Helénicas, II, 3, 10), cambiou de opinión e o seu retrato de Terámenes durante o goberno do Trinta Tiranos foi máis favorábel que o dos seus primeiros anos. [65]Un último retrato é o ofrecido por Aristóteles, quen, na súa Constitución dos atenienses, fala de Terámenes como un cidadán modelo e moderado; Os historiadores discutiron a orixe deste relato, e algúns afirman que é o produto da propaganda dun moderado partido "terameniano", mostra do interese que Terámenes seguía producindo no século -IV;[66] mentres que outros, como Philip Harding, non ven evidencias desta tradición e afirman que o retrato de Aristóteles sobre Terámenes débese só á súa propia revalorización do político.[67]





Poucas figuras antigas como Terámenes, pasaron por tan dramáticos cambios de reputación aos ollos dos modernos especialistas, desde o século XIX. Antes de devandito século, eran amplamente aceptados os relatos desfavorábeis de Xenofonte e Lisias, e Terámenes foi execrado como traidor e culpado de instigar á execución dos xenerais que participaron en Arxinusas. [68][69] O descubrimento da Constitución dos atenienses de Aristóteles, en 1890, deu marcha atrás a esta tendencia, propiciando unha ampla revalorización do personaxe. [70]Ademais, o relato do xuízo de Arxinusas de Diodoro foi preferido polos especialistas, sobre todo, desde que Antony Andrewes deostou, nos anos 70, o relato de Xenofonte; Diodoro, aínda que ignorado nos seus momentos máis melodramáticos, como na súa elaborada presentación dos últimos momentos de Terámenes, é preferido actualmente en varios asuntos, e no xuízo de Arxinusas en particular[71][72]. Aristófanes, n'As ras, búrlase da habilidade de Terámenes para liberarse de apretos, pero non se pronuncia sobre os terríbeis acontecementos que seguiron á batalla de Arxinusas, dos cales os eruditos consideran especialmente culpábel a Terámenes, e ven unha exacta descrición de como foi percibido Terámenes no seu tempo; Lisias, que ataca a Terámenes despiadadamente en moitas cousas, non di nada negativo sobre as consecuencias de Arxinusas.[73]

As últimas obras aceptan a Terámenes como moderado. Donald Kagan dixo del "....toda a súa carreira revela que era un patriota e un auténtico moderado, sinceramente comprometido cunha constitución que concedía o poder á clase hoplita, tanto nas formas dunha democracia limitada como nas dunha oligarquía de base ampla"; mentres que John Fine apuntou que "como moitas persoas que seguen unha liña política de centro, foi odiado polos extremistas."[74] [75] A constitución do Cinco Mil é recoñecida como a súa obra política mestra; di que o seu intento de producir un cambio cara á moderación, en -404, [76]conduciu directamente á súa morte. Esa morte fíxose famosa e a historia dos momentos finais de Terámenes foi repetida unha e outra vez durante toda a historiografía clásica. "Porque atopou que a súa morte desafiaba a un tirano", John Fine apunta "é fácil idealizar a Terámenes." Desde a súa morte, Terámenes foi tanto idealizado como inxuriado; os seus sete breves anos de carreira, nos últimos anos da guerra do Peloponeso, foron obxectos de innumerábeis e diferentes interpretacións. Xurdiu unha figura complexa das polémicas obras contemporáneas, que describen a súa carreira, un personaxe que mantivo un rumbo perigoso a través do caos da escena política ateniense de finais do século -V; aínda que os historiadores, dunha ou outra forma, desde a antigüidade até o presente, ofreceron os máis opostos retratos, quizá só as liñas xerais da súa vida política poidan ser coñecidas con certeza.

NotasEditar

  1. Perrin, The Rehabilitation of Theramenes, p. 649-50
  2. Andrewes, The Arginousai Trial, 114-15
  3. Harding, The Theramenes Myth, p. 106-8.
  4. de Queronea Plutarco, Vida de Nicias, 3
  5. "Nicias (1)," de The Oxford Classical Dictionary, Simon Hornblower and Antony Spawforth, ed.
  6. Kagan, The Peloponnesian War, 4.106
  7. Tucídides menciona a Hagnón co cargo de comandante en 1.117, 2.58(en inglés), e en 2.95 (en inglés)
  8. Tucídides, Historia de la Guerra do Peloponeso 5.19(en inglés) 5.19 (en grego antigo)
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Lisias, Contra Eratóstenes (en grego antigo)
  10. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso 8.47- 8.48(en inglés). 8.47 8.48 (en grego antigo)
  11. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso 8.53-8.54(en inglés) 8.53- 8.54(en grego antigo)
  12. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso vii.73
  13. Tucídides, op. cit. vii.74-76
  14. Hornblower, The Greek World, p. 147.
  15. Aristóteles, Constitución dos atenienses 29.1.29.
  16. Kagan, The Peloponnesian War, p. 392-393, and Hornblower, The Greek World, p. 147.
  17. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso 8.90(en grego antigo)
  18. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso 8.90-8.91(en inglés);8.90-8.91(en grego antigo)
  19. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso 8.91(en grego antigo)
  20. Para esta serie de incidentes, véxase Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso, 8.92(en grego antigo).
  21. Kagan, The Peloponnesian War, 395
  22. Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso 8.94(en grego antigo)
  23. Thucydides, The Peloponnesian War 8.97-8.98(en grego antigo)
  24. Kagan, The Peloponnesian War, 401
  25. Kagan, The Peloponnesian War, 409
  26. Diodoro Sículo, Biblioteca histórica 13.47(en grego antigo)
  27. Diodoro Sículo, op. cit. 13.49(en grego antigo)
  28. Pensaba nun principio estratéxico básico: o mar aberto, a eurychōría, favorecía a unha frota con experiencia que, coa súa habilidade de manobra podía situarse na posición máis vantaxosa para chegar a encerrar nun espazo reducido ao adversario e así provocar a desorde nunha frota máis numerosa.
  29. Para a batalla, véxase Diodoro Sículo, op. cit., 13.50-13.51(en grego antigo) e Xenofonte, Helénicas, 1.1.1-1.1.18;(en grego antigo) para unha síntese moderna, véxase Kagan, The Ancient Greeks, 411-13.
  30. Xenofonte, Helénicas 1.1.19-1.19.22(en inglés)
  31. Kagan, The Peloponnesian War, 420
  32. Para a batalla e a decisión dos xenerais, véxase Diodoro Sículo, Biblioteca histórica, 13.98-13.100 e Xenofonte, Helénicas, 1.6.29-1.6.35. Para unha síntese e análise moderna, véxase Kagan, The Peloponnesian War, 454-61.
  33. Kagan (The Peloponnesian War, 459) dá a cifra de "quizais mil", mentres Fine (The Ancient Greeks, 515) declara "entre 4 000 e 5 000"
  34. O relato seguido é o de Diodoro, 13.101. Xenofonte, en 1.7, proporciona un relato diferente que pon a maior parte da responsabilidade do xuízo e execución, sobre os ombreiros de Terámenes. Especialistas modernos (véxase Fine The Ancient Greeks, 514-15, Kagan, The Peloponnesian War, 461-66, e Hornblower, The Greek World, 151) preferiron xeralmente o relato de Diodoro, por varias razóns. Véxase a sección de historiografía.
  35. Xenofonte, Helénicas 7.1.4(en grego antigo)
  36. Diodoro Sículo, Biblioteca histórica 13.101.4(en grego antigo)
  37. Xenofonte, Helénicas 1.7.1(en grego antigo)
  38. Diodoro Sículo, Biblioteca histórica 13.101.3
  39. Diodoro Sículo, Biblioteca histórica 13.101.7(en grego antigo)
  40. Xenofonte, Helénicas 1.7.1 -1.7.34(en grego antigo)
  41. Kagan, The Peloponnesian War, 466
  42. Xenofonte, Helénicas 2.2.1- 2.2.14(en grego antigo)
  43. Xenofonte, Helénicas 2.2.15(en grego antigo)
  44. Kagan, The Peloponnesian War, 480
  45. Véxase Lisias, Contra Eratóstenes, e Contra Agorato 9-14 e Xenofonte, Helénicas 2.2.16-2.2.20; para máis información véxase Hornblower, The Greek World, 151-2, e Kagan, The Peloponnesian War, 480-1.
  46. Xenofonte, Helénicas 2.2.19-2.2.20(en grego antigo)
  47. Diodoro Sículo, Biblioteca 14.3.2
  48. Xenofonte, Helénicas 2.2.21-2.2.23(en grego antigo)
  49. Fine, The Ancient Greeks, 519
  50. Diodoro, en 14.3.6-7, di que Terámenes se opuxo á moción ata ser obrigado por Lisandro a abandonar a súa obxección, pero isto parece ser unha propaganda feita circular polos seus socios nos anos posteriores á súa morte; véxase Harding, The Theramenes Myth, 107.
  51. Xenofonte, Helénicas 2.3.11-2.3.14(en grego antigo)
  52. Xenofonte, Helénicas 2.3.15(en grego antigo)
  53. Aristóteles, Constitución dos atenienses, 36(en grego antigo)
  54. Xenofonte, Helénicas 2.3.17-2.3.20(en grego antigo)
  55. Xenofonte, Helénicas 2.3.21- 2.3.22(en grego antigo)
  56. Xenofonte, Helénicas 2.3.23-2.3.34(en grego antigo)
  57. Para este discurso, véxase Xenofonte, Helénicas, 2.3.35- 2.3.49(en grego antigo).
  58. Para os acontecementos a partir do final do xuízo, véxase Xenofonte, Helénicas, 2.3.50-2.3.56(en grego antigo).
  59. Etionía era unha lingua de terra do Pireo, e o forte, comezado polos Catrocentos para facilitar a entrada da frota espartana e impedir a da frota de Samos ao mando de Alcibíades. Terámenes e os seus partidarios incitaron a destruír o forte (Tucídides, VIII, 90 e 92).
  60. Aristóteles (Constitución dos atenienses, 37(en grego antigo)).
  61. A mediados do século anterior, porén, os eruditos prefiriron o relato de Xenofonte.
  62. Xenofonte, Helénicas, 2.3.56(en grego antigo)
  63. Harding, The Theramenes Myth, 107-9
  64. Perrin, The Rehabilitation of Theramenes, 664
  65. Andrewes, The Arginousai Trial, 114-115
  66. Perrin, The Rehabilitation of Theramenes, 668-9
  67. Harding, The Theramenes Myth, 110-11; véxase tamén Keaney, A Source/Model of Aristotle's Portrait of Theramenes, 40-41.
  68. Harding, The Theramenes Myth, 101-2
  69. Andrewes, The Arginousai Trial, 112
  70. Harding, The Theramenes Myth, 101
  71. Andrewes, The Arginousai Trial, 120
  72. Hornblower, The Greek World, 151
  73. Andrewes, The Arginousai Trial, 121-22
  74. Kagan, The Peloponnesian War, 379
  75. Fine, The Ancient Greeks, 521
  76. Fine, The Ancient Greeks, 506

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Andrewes, Antony. "The Arginousai Trial", Phoenix, Vol. 28 No. 1 (Spring 1974) pp. 112-122
  • Fine, John Van Antwerp. (1983). The Ancient Greeks: A Critical History (en inglés). The Ancient Greeks: A Critical History (en inglés). Harvard University Press. ISBN 0-674-03314-0.    
  • Harding, Philip. "The Theramenes Myth", Phoenix, Vol. 28, No. 1 (Spring 1974), pp. 101-111
  • Hornblower, Simon. The Greek World 479-323 BC (Routledge, 1991) ISBN 0-415-06557-7
  • Kagan, Donald. The Peloponnesian War (Penguin Books, 2003). ISBN 0-670-03211-5
  • Keaney, John J. "A Source/Model of Aristotle's Portrait of Theramenes". The Classical Journal, Vol. 75, No. 1 (Oct.–Nov. 1979)pp.40-41
  • Peck, Harry Thurston (1898). Harper's Dictionary Of Classical Literature And Antiquities.  
  • Perrin, Bernadotte, "The Rehabilitation of Theramenes", The American Historical Review, Vol. 9 No. 4 (July 1904) pp.649-669