Sumatorio

resultado da adición dunha secuencia de números

En matemáticas, o sumatorio é a suma dunha secuencia de números, chamadas sumandos; o resultado é a súa suma ou total. Ademais dos números, tamén se poden sumar outros tipos de valores: funcións, vectores, matrices, polinomios e, en xeral, elementos de calquera tipo de obxectos matemáticos sobre os que se define unha operación denotada como "+".

Os sumatorios de secuencias infinitas chámanse series. Implican o concepto de límite, e non se consideran neste artigo.

Para sumas longas e sumatorios de lonxitude variable é un problema común atopar formas pechadas para o resultado. Por exemplo, [a]

Notación

editar
 
O símbolo do sumatorio

A notación matemática usa a letra grega grega maiúscula sigma para representar de forma compacta a suma de moitos termos similares, por exemplo:

 .

Onde i é o índice da suma; ai é unha variable indexada que representa cada termo da suma; m é o índice inferior da suma e n é o índice superior da suma. Por tanto no exemplo de enriba a suma irá desde o elemento número m ata o elmento número n indo o índice aumentando dun en un.[b]

Isto lese como "suma de ai, de i igual a m ata i igual a n".

Un exemplo que mostra a suma de algúns cadrados consecutivos:

 

E outro exemplo é a suma dos primeiros n números da secuencia de Fibonacci

 

Ás veces o índice e os límites dos índices do sumatorio omítense da definición do sumatorio se o contexto é suficientemente claro. Isto aplícase especialmente cando o índice vai de 1 a n.[1] Por exemplo, pódese escribir que:

 

Outro xeito é poñer a condición do índice toda no lado inferior, por exemplo:

 .

Tamén se pode expresar como o percorrido polos elementos dun conxunto:

  é a suma de   sobre todos os elementos   no conxunto  .
  é a suma de   sobre todos os números enteiros positivos   que dividen  .

Tamén hai formas de xeneralizar o uso de moitos signos sigma. Por exemplo,

  é o mesmo que  

Unha notación similar úsase para o produto dunha secuencia, usando  , que é unha forma ampliada da letra maiúscula grega pi.

Un sumatorio alterno de sumas e restas podemos definilo como:

 

Cálculo de diferenzas finitas

editar

Dada unha función f que se define sobre os enteiros do intervalo [m, n], cúmprese a seguinte ecuación:

 

Esta coñécese como serie telescópica e é o análogo do teorema fundamental do cálculo no cálculo de diferenzas finitas, que afirma que:

  onde
  é a derivada de f.

Un exemplo de aplicación da ecuación anterior é o seguinte:

 

Usando o teorema binomial, isto pódese reescribir como:

 

A fórmula anterior úsase máis habitualmente para inverter o operador diferenza  , definido por:

 

onde f é unha función definida nos enteiros non negativos. Así, dada tal función f, o problema é calcular a antidiferenza de f, unha función   tal que  . É dicir,   Esta función defínese ata a adición dunha constante, e pódese escoller como [2]

 

Non sempre hai unha expresión en forma pechada para tal suma, mais a fórmula de Faulhaber proporciona unha forma pechada no caso en que   e, por linearidade, para cada función polinómica de n.

Aproximación por integrais definidas

editar

Moitas aproximacións deste tipo pódense obter mediante a seguinte conexión entre sumas e integrais, que vale para calquera función crecente f:

 

e para calquera función decrecente f:

 

Para aproximacións máis xerais, consulte a fórmula de Euler-Maclaurin.

Para sumatorios nos que o sumando está dado (ou pode ser interpolado) por unha función integrable do índice, o sumatorio pode interpretarse como unha suma de Riemann que se produce na definición da integral definida correspondente. Polo tanto, pódese esperar que, por exemplo,

 

xa que o lado dereito é por definición o límite para   do lado esquerdo. Porén, para unha suma dada n é fixo, non tende a infinito, e pouco se pode dicir sobre o erro na aproximación anterior sen presupostos adicionais sobre f: está claro que para funcións con oscilacións a grande escala a suma de Riemann pode estar arbitrariamente lonxe da integral de Riemann.

Identidades

editar

As fórmulas seguintes implican sumas finitas; para sumas infinitas ou sumas finitas de expresións que impliquen funcións trigonométricas ou outras funcións transcendentais, consulte a lista de series matemáticas.

Identidades xerais

editar
  (distributiva).[3]
  (conmutativa e asociativa).[3]
  (desprazamento do índice).
  (bixección σ dun conxunto finito A nun conxunto B, mudar o índice, xeneraliza a fórmula precedente).
  (subdividir unha suma, usando asociatividade).
  (outra variante da anterior).
 .
 .
  (conmutatividade e asociatividade).
  (outra aplicación de conmutatividade e asociatividade).
  (subdividir o sumatorio en índices pares e impares).
  (subdividir unha suma en partes pares e impares, para índices impares).
  (distributiva).
  (A distributividade permite a factorización).
 .
 .
  para calquera función   de  .

Potencias e logaritmo das progresións aritméticas

editar
  para todo c que non depende de i.
 .[2]
  (Suma dos primeiros números naturais impares).
  (Suma dos primeiros números naturais pares).
  (A suma dos logaritmos é o logaritmo do produto).
 . [2]
  (Teorema de Nicómaco) [2]

Índice do sumatorio en expoñentes

editar

Nos seguintes sumatorios, asúmese que a é diferente de 1.

  (suma dunha progresión xeométrica).
  (caso especial para a = 1/2).
  (a veces a derivada con respecto a a da progresión xeométrica).
 
(suma dunha secuencia aritmético-xeométrica)

Coeficientes binomiais e factoriais

editar

Existen moitas identidades con sumatorios que implican coeficientes binomiais. Algunhas das máis básicas son as seguintes.

Implicando o teorema do binomio

editar
  o teorema do binomio.
  caso especial onde a = b = 1.
 , o caso especial onde p = a = 1 − b, que, para   expresa a suma da distribución binomial.
  o valor en a = b = 1 da derivada con respecto a a do teorema do binomio.
  o valor en a = b = 1 da antiderivada con respecto a a do teorema do binomio.

Implicando números de permutación

editar

Nos seguintes sumatorios,   é o número de k-permutacións de n.

 
 
 , onde e   denota a función chan.

Outros

editar
 
 
 
 
 
 

Números harmónicos

editar
  (o n-ésimo número harmónico )
  (o número harmónico xeneralizado)
  1. "sumatorio". www.columbia.edu. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Handbook of Discrete and Combinatorial Mathematics, Kenneth H. Rosen, John G. Michaels, CRC Press, 1999, ISBN 0-8493-0149-1.
  3. 3,0 3,1 "notación sumatorio". tutorial.math.lamar.edu. 
  1. Para máis detalles, ver Número triangular.
  2. Para unha exposición detallada da notación do sumatorio e aritmética con sumas, ver Graham, Ronald L.; Knuth, Donald E.; Patashnik, Oren (1994). "Chapter 2: Sums". Concrete Mathematics: A Foundation for Computer Science (2nd ed.). Addison-Wesley Professional. ISBN 978-0201558029. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar