Abrir o menú principal

Soutelo, Goián, Tomiño

Soutelo é un barrio da parroquia de Goián, no concello de Tomiño. Pertenceu á extinta parroquia de Tollo, anexionada en 1760.

Soutelo
ParroquiaGoián
ConcelloTomiño
Poboación139 hab. (2014)

Linda ó norte coa parroquia de Figueiró, e o desaparecido barrio do Espiritusanto, ó sur con Tollo, e A Gándara, ó leste coa Centinela, Goián, (hai outro barrio na parroquia de Figueiró, chamado Centinela), e ó oeste coa serra de Argallo e polo fío dela con Loureza, de Oia.

HistoriaEditar

Posiblemente o nome deriva de "Souto pequeno", pero nalgúns documentos e mapas do lugar aparece co nome de Lordelo. En dito souto tivo o seu asentamento un castro do que aínda quedan restos, e ó seu redor formouse o barrio.

Segundo os vellos do lugar, houbo alí asentada unha comunidade de frades, tendo nas súas dependencias despacho de carne ós veciños. Estes frades desde unha fonte que había na regueira do Ti Fruitos na serra Argallo fixeron unha canle para levar a auga ata o lugar coñecido como a casa do Cholro, no lugar da "Aldéa" (o nome da casa seguramente lle vén do cholro da auga), onde caía dunha calexa de lousa nunha pequena présa na beira do camiño fronte de dita casa. Esta auga era usada para beber e regaren as súas terras. A canle pasaba por varias propiedades (eidos), e seus donos non tiñan dereito a usala, continuando hoxe en día con tal uso e costume.

Preto do lugar hai unha fonte chamada do Frade, indo moita xente buscar auga a ela, pois din que é medicinal é boa para o ril (nun documento do mosteiro de Oia di que esta auga pesaba menos uns grans de trigo por litro cá do cholro.

Por estes dous barrios cruzaba o camiño real que de Vigo ía cara aos fortes de Goián e A Guarda. Nun documento de aforamento de 1736, Benito Pereira de Castro, coronel membro do Ábito (sic) de Cristo e gobernador de Valença do Minho, dono da casa e vínculo de Lamamá en Estás, (Tomiño|, aforaba a un veciño do barrio a súa propiedade, chamada os Couchiños, tendo que ir pagar a renda antes do San Miguel á súa casa de Estás. Na descrición dos lindes di: polo vendaval con camiño real.

Deste barrio era Serafín Carrera Fernández, contratista de obras e carpinteiro, un dos de máis sona do Baixo Miño nos anos anteriores a 1936. A maioría das casas de indianos da zona foron construídas por el. Tamén colaboraba escribindo no Heraldo Guardés.

Tamén do barrio era Manuel Rodríguez, casado con Ilandina Fernández, pioneiro da emigración a Francia nos anos 1929/30.

Lugares e parroquiasEditar