A Gándara, Goián, Tomiño

A Gándara é un barrio da parroquia de Goián, no concello de Tomiño. Pertenceu á extinta parroquia de Tollo, anexionada en 1760.

A Gándara
ParroquiaGoián
ConcelloTomiño
Poboación217 hab. (2014)

Debe o seu nome a ser un sitio moi aberto, ventoso, e bastante frío[1], lindante polo poñente coa serra de Argallo. Descoñécese a época da súa fundación. Quizais fora un barrio con soamente unha ducia de veciños contando as edificacións máis antergas.

As xentes de maior idade contaban que en 1664, durante a guerra contra Portugal, ó queimaren os portugueses as casas do Couto de Goián, as súas xentes fuxiran cara o monte, facendo alí as súas casas, especialmente no lugar chamado o Feal que o párroco consideraba como barrio, pois nos libros de bautizados, casamentos e defuntos figuran inscritos nese barrio. A última persoa falecida que moraba en dito lugar foi Ninfa Barreiro Domínguez, nada no Feal en 1860 e falecida en 1931 na Gándara.

Tamén é de salientar a posta en funcionamento polo veciño Aquilino Alonso e súa muller nos anos da pos-guerra civil de España, dunha das primeiras industrias lácteas da comarca, estivo en funcionamento unhas décadas.

Nese barrio vivían algunhas familias que quizais viñeran de fóra da rexión, como "os Maragatos" ou os "Pílos".

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de GoiánEditar

Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Avenida do Brasil | A Avenida de Ordóñez | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | San Lourenzo | Soutelo | Tollo

Parroquias de TomiñoEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

NotasEditar

  1. Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997