San Lourenzo, Goián, Tomiño

San Lourenzo é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño. Segundo o IGE [1], no 2015 tiña 110 habitantes (50 homes e 60 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 76 habitantes. Pertenceu á extinta parroquia de Tollo, anexionada en 1760.

San Lourenzo
ParroquiaGoián
ConcelloTomiño
Poboación110 hab. (2015)

Debe o seu nome á capela de San Lourenzo que en 1517 erixiron os monxes de Oia para diciren a misa á comunidade que atendía o priorado-granxa que estableceran á beira da serra de Argallo. Este priorado, do que se conservaban restos das edificacións ata non hai moitos anos, estaba pechado cun muro de pedra, cunha superficie de 3,5 hectáreas. No medio da serra fixeron unha mina para sacar auga para uso de beber e regadío, usada na actualidade para complementar o abastecemento das casas de Goián. En documentos do baixo medievo do mosteiro de Oia citan a este barrio como San Lourenzo de Tras os Montes.

Os monxes e leigos que nel traballaban, para desprazárense ó mosteiro de Oia, usaban o camiño do Borrallo, que pasaba sobre a ponte no río Tamuxe en Loureza, cara a Mabia e Santa Comba na serra da Groba. Este camiño aínda se usa na actualidade para ir no mes de maio á romaría de Santa Comba, avogada das mulleres.

As mulleres adoitaban ofrecerse oír a misa na súa capela, cando lles tiñan problemas coa menstruación. A que a padecía con exceso, debía varrer cunha vasoira de xesta de fóra para dentro da capela, e se era en caso contrario de dentro da capela para fóra. Acudía moita xente da parroquia. Van a pé de madrugada, levando a comida e regresando antes do solpor, cantando:

vimos de Santa Calumbra
daquela terra queimada
cumprín coa promesa á Santa
non sei se me fará algo ou nada.

Preto do priorado encóntrase un petróglifo, do que fixo un esbozo o pintor Antonio Fernández.

No lugar comezou a funcionar antes de 1936 un dos primeiros viveiros de plantas da provincia, co nome de Viveros Juan Peixoto.

No lugar hoxe chamado "A Fábrica do Chocolate", na serra do Argallo, funcionou unha industria de chocolate, da que era propietario un veciño de Goián retornado do Brasil, quedan restos de paredes nos primeiros anos do século XX.

NotasEditar

  1. "Nomenclátor de Galicia". www.ige.eu. Consultado o 2016-08-13. 

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de GoiánEditar

Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Avenida do Brasil | A Avenida de Ordóñez | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | San Lourenzo | Soutelo | Tollo

Parroquias de TomiñoEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)