O Premio D. Dinis é un premio literario portugués instituído pola Fundación Casa de Mateus[1] e patrocinado pola Direcção-Geral do Livro e das Bibliotecas e pola Caixa Xeral de Depósitos.

Todos os anos é galardoada unha obra de poesía, ensaio ou ficción publicada o ano precedente á asignación do premio. Os autores poden ser portugueses, galegos e españois.

En 2011, a vencedora Maria Teresa Horta rexeitou recibir o premio das mans do entón primeiro-ministro portugués Pedro Passos Coelho, polo que a cerimonia de entrega foi cancelada.[2]

En 2012 foi anunciado que o Goberno iría cesar o apoio financeiro ao premio, o que levou á súa suspensión.[3]

A asignación anual do premio foi retomada en 2017. En 2019 o xurado estaba constituído por Nuno Júdice (presidente), Fernando Pinto do Amaral e Pedro Mexia.

Vencedores editar

Notas editar

  1. "A Fundação". Casa de Mateus (en portugués). Consultado o 1/7/2020. 
  2. Lusa. "Maria Teresa Horta recusa-se a receber Prémio D. Dinis das mãos de Passos Coelho". PÚBLICO (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07/12/2019. Consultado o 1/7/2020. 
  3. "Maria Teresa Horta: Prémio D. Dinis acabou". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 1/7/2020.