António Manuel Pires Cabral

António Manuel Pires Cabral, coñecido como A. M. Pires Cabral, nado en Chacim (Macedo de Cavaleiros, Trás-os-Montes) o 13 de agosto de 1941, é un escritor e poeta portugués.[1]

Infotaula de personaAntónio Manuel Pires Cabral
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Chacim, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Xermánica en 1965[2] e en Ciencias Pedagóxicas en 1969 pola Universidade de Coímbra, A. M. Pires Cabral comezou a carreira de profesor no Porto onde realizou a preparación pedagóxica e o Exame de Estado para o Ensino secundario entre 1970-71. Foi despois director das Escolas Preparatoria e Industrial de Torre de Moncorvo entre 1971-74, fixándose de seguida en Vila Real onde foi profesor efectivo da Escola Secundaria de Camilo Castelo Branco até 2002.

A. M. Pires Cabral foi un escritor serodio, publicando a súa primeira obra de poesía, Algures a Nordeste, o ano de 1974, xa con 33 anos, mais desde esa data que ten mantido unha produción literaria constante, primeiramente alicerzada na poesía, mais pasando despois para os dominios da ficción, alcanzando o Premio Literario Círculo de Lectores coa súa novela de estrea, Sancirilo, en 1983.

Cunha obra a roldar as catro decenas de títulos (excluíndo as sete antoloxías escolares para o ensino do portugués das que é coautor, con Hirondino da Paixón Fernandes, máis concretamente: Verde Pino, Seara Hoje e A Hora), nesta é posíbel encontrar os xéneros de poesía, novela, conto, teatro, narrativas de viaxes, crónica e tamén antoloxías temáticas, gran parte das cales dedicada á realidade rural transmontana, coas cales o autor se asume e identifica. Un dos libros que merece especial atención deste punto de vista é O Diabo Veio ao Enterro, unha obra cuxos textos reúnen en si características de conto, crónica, e recolla da tradición oral transmontana.

A pesar dunha produción ficcional continua, A. M. Pires Cabral é sobre todo identificado como poeta. Por toda a extensa obra e, máis concretamente, pola tónica que coloca na temática rural do Nordeste Portugués, Pires Cabral é considerado un dos maiores poetas e escritores transmontanos do XX, á marxe de "movementos", "escolas" ou "circuítos promocionais", representando desta forma (con merecida lexitimidade) a literatura transmontana xunto da elite cultural da capital portuguesa.

É socio da Asociación Portuguesa de Escritores e da Sociedade Portuguesa de Autores, sendo membro habitual do Xurado do Premio de Poesía Cidade de Ourense, desde 1982.

Casado con Alda da Conceição Oliveira Cabral, é pai de tres fillos, un dos cales é o poeta Rui Pires Cabral.

Actividade cultural editar

Como animador cultural, Pires Cabral ten desenvolvido unha vasta actividade desde o final da década de 1970, sendo asesor dos Servizos de Cultura do Concello de Vila Real desde 1978 e sendo Director da Casa da Cultura da Xuventude, entre 1982 e 1984. Dado o amor incondicional que presta á rexión transmontana, A. M. Pires Cabral é un membro fortemente activo desa mesma comunidade, tanto ao nivel da intervención cívica, da etnografia, da historia local, da crítica literaria ou dos costumes, tendo estado desde cedo envolto en proxectos de grande importancia local, tales como: a participación de Vila Real no Proxecto 5.2 do Consello da Europa (Políticas Culturais nas Cidades); a organización das Xornadas Camilianas (7 edicións) e dos Passos de Camilo, ambas as accións de estudo e divulgación da obra de Camilo Castelo Branco, sendo membro, en 1980, da Comisión Nacional das Conmemoracións do Centenario da Morte de Camilo Castelo Branco; a responsabilidade na organización dos Encontros de Etnografia «Saber Tras-os-Montes» dos Encontros de Cantadores de Janeiras e do Salón Luso-Galaico de Caricatura, organizados polo Concello de Vila Real.

Foi tamén responsábel pola organización das antoloxías temáticas Douro Lecturas, A Emigração na Literatura Portuguesa e Páginas de caça na literatura de Tras-os-Montes e Presidente da Comisión Instaladora do Círculo Cultural Miguel Torga.

É director de Tellus - Revista de Cultura Transmontana e Duriense, publicación semestral con 50 números editados, dirixindo o Grémio literario Vila-Realense desde a súa inauguración o 11 de novembro de 2006, organismo que aposta e promove diversas accións e ciclos temáticos en torno á literatura transmontana e alto-duriense.

Ten abondosa colaboración dispersa en publicacións periódicas e/ou temáticas e, para alén de prologuista, dedícase ocasionalmente á tradución.

Para alén destas actividades, A. M. Pires Cabral revelou hai media ducia de anos a vea de pintor aguarelista, tendo xa realizado 4 exposicións individuais, a última das cales titulada Com o Douro a Sul, 2009, en Macedo de Cabaleiros.

O autor está traducido en alemán, castelán e italiano.[3]

Mantivo unha boa relación con Galicia.[4]

Obras editar

Poesía editar

  • Algures a Nordeste (1974) Macedo de Cavaleiros : edición de autor.
  • Solo Arável (1976). Vila Real: FAOJ
  • Trirreme (1978). Coimbra: Centelha.
  • Nove Pretextos Tomados de Camões (1980). Vila Real: Núcleo Cultural Municipal.
  • Boleto em Constantim (1981). Porto: O Oiro do Dia.
  • Os Cavalos da Noite (1982). Vila Real: Publicações Setentrião.
  • Sabei por onde a luz (1983). Vila Real: Comissão Regional de Turismo da Serra do Marão.
  • Irgendwo im Nordosten / Algures a Nordeste (1983). Edición bilingüe portugués/alemán. Bremen: Edition Con.
  • Artes Marginais. Antologia poética (1998). Lisboa: Guimarães Editores.
  • Desta Água Beberei (1999). Vila Real: edição de autor.
  • O Livro dos Lugares e Outros Poemas (2000). Mirandela: João Azevedo Editor.
  • Como se Bosch tivesse enlouquecido (2003). Mirandela: João Azevedo Editor.
  • Douro: Pizzicato e Chula 2004). Lisboa: Edições Cotovia.
  • Que comboio é este (2005). Vila Real: Teatro de Vila Real.
  • Antes que o rio seque (2006). Poesia reunida. Lisboa: Assírio & Alvim.
  • As têmporas da cinza (2008). Lisboa: Edições Cotovia.
  • Arado (2009) Lisboa: Edições Cotovia.
  • Gaveta do fundo (2013). Lisboa: Tinta-da-China.
  • A Noite em que a Noite Ardeu (2015). Cotovia.
  • Trade Mark (2018). Lisboa: Edições Cotovia.
  • Frentes de fogo (2019). Lisboa: Tinta-da- China.

Novela editar

  • Sancirilo (1996). Lisboa: Círculo de Leitores. Lisboa: Editorial Notícias, 2ª ed. reescrita (1996)
  • Crónica da Casa Ardida (1992). Lisboa: Editorial Notícias.
  • Raquel e o Guerreiro (1995). Lisboa: Editorial Notícias.
  • Portugal Terra Fria (1997). Ed. bilingüe portugués/francés. París: Marval e Lisboa: Assírio & Alvim. Novela curta.
  • A Loba e o Rouxinol (2004). Lisboa: Âncora Editora e Círculo de Leitores. Edições simultâneas.
  • O Cónego (2007). Lisboa: Edições Cotovia. Il Canonico.(2009), tradución italiana. Roma: La Nuova Frontiera (2009)

Relatos editar

  • O Diabo Veio ao Enterro (1985). Lisboa: Nova Nórdica − Lisboa: Editorial Notícias, 2ª ed. aumentada (1993)
  • O Homem Que Vendeu a Cabeça (1987). Lisboa: Nova Nórdica.
  • Memórias da Caça (1987). Vila Real: Jornadas Camilianas.
  • O Diário de C* (1995). Vila Real: edición de autor.
  • Três Histórias Transmontanas (1998). Vila Real: edición de autor.
  • O porco de Erimanto e outras fábulas (2010). Lisboa: Edições Cotovia.
  • O diabo veio ao enterro (2010). 3.ª ed. Lisboa: Âncora Editora.
  • Os anjos nus (2012). Lisboa: Edições Cotovia.
  • Singularidades (2017). Cotovia. 8 historias de personaxes singulares.

Crónicas editar

  • Os Arredores do Paraíso. Crónicas de Grijó (1991). Macedo de Cavaleiros: Câmara Municipal.
  • Vila Real - Charlas com Apostila (1995). Vila Real: ed. de autor.
  • Na Província Neva - Crónicas de Natal (1997). Vila Real: edição de autor.

Literatura infantil editar

  • Crispim, o Grilo Mágico. In «Teatro Infantil» (1980). Lisboa: Ulmeiro.
  • Trocas e baldrocas ou Com a Natureza não se brinca (2007). Vila Nova de Gaia: Gailivro.

Teatro editar

  • O Consultório, O Poço e Seguir Viagem. In «Sete Peças em Um Acto» (1977). Coimbra: Centelha.
  • O Saco das Nozes (1982). Vila Real: Publicações Setentrião.
  • Outras pezas, aínda que manténdose inéditas, foron sido levadas á escena, tales como O Salto; Seguir Viagem; A Sentinela e o Muro; Mui Proveitosa História de El-Rei D. Satúrio V e do Sapateiro Meias-Solas; Silvestrinha e o Lobo; Contas Nordestinas (baseada no livro de contos O Diabo veio ao enterro); O homem que esteve sete horas empoleirado numa árvore e unha versión para teatro da historia infantil O Capuchinho Vermelho

Outras editar

  • Os «Reis Falados» de Carviçais (Estudo). Vila Real: Núcleo Cultural Municipal. (Estudo)
  • Vila Real - Presença de Camilo (1983). Vila Real: Comissão Regional de Turismo da Serra do Marão. (Itinerario)
  • Vila Real: Itinerário Mínimo (1988). Ed. bilingüe portugués/inglés. Vila Real: Hotel Miracorgo. (Itinerario)
  • Vila Real: Um Olhar Muito de Dentro (2001). Con fotografías de Albano da Costa Lobo. Vila Real: Câmara Municipal. (Itinerario)
  • Vila Real: Seis Dias para um Distrito (2004). Con fotografías de António Pinto. Ed. bilingüe portugués/inglés. Vila Real: Governo Civil. (Itinerario)
  • Dois Dias em Mende / Deux Jours à Mende (2004). Ed. bilingüe portugués/francés. Vila Real: Câmara Municipal (2004)
  • Carrazeda de Ansiães (2006). Carrazeda de Ansiães: Câmara Municipal. (Itinerario)
  • Vila Real – História ao Café (2008). Vila Real: Grémio Literário Vila-Realense / Câmara Municipal. (Estudos, co-autoría)
  • Porto (2009). Lisboa : Edições Everest. (Itinerario).
  • Língua Charra - Regionalismos de Trás os Montes - Volume I (2013). Âncora Editora.
  • Língua Charra - Regionalismos de Trás os Montes - Volume II (2013). Âncora Editora.
  • Por Esta Terra Adentro (2018). Âncora Editora. Colectánea de textos sobre Tras-os-Montes.

Publicacións nas que aparece editar

Autor dunha vasta obra en nome propio, A. M. Pires Cabral está igualmente mencionado en moitas obras de referencia, tales como:

  • "História da Literatura Portuguesa'", de Óscar Lopes e António José Saraiva
  • "História Universal da Literatura Editora", Texto Editoa
  • "Grande livro dos Portugueses", Círculo de Leitores
  • "Biblos - Enciclopédia Verbo das Literaturas de Língua portuguesa", Vol. I, Verbo
  • "Enciclopédia Universal Multimédia", Texto Editora
  • "Diciopédia 99", Porto Editora
  • "Nova Enciclopédia Larousse", Círculo de Leitores
  • "Dicionário de Literatura Portuguesa", Org. e Dir. de Álvaro Manuel Machado, Editorial Presença
  • "História da Literatura Portuguesa", Vol. 7, Dir. de Óscar Lopes e Maria de Fátima Marinho, Publicações Alfa

Está tamén representado en decenas de obras colectivas, entre as cales destacan:

  • Antologia - 100 Anos - Federico Garcia Lorca - Homenagem dos Poetas Portugueses (1998). Lisboa : Universitária Editora
  • Camilo: Interpretações Modernas (1992). Porto : Comissão Nacional das Comemorações Camilianas.
  • Antologia Crítica da Poesia Portuguesa do Século XX (2002). Lisboa: Angelus Novos & Cotovia.
  • Os Melhores Contos e Novelas Portugueses (2003). Lisboa: Selecções do Reader's Digest

Premios e distincións editar

Premios literarios editar

  • 1983: Prémio Literário “Círculo de Leitores”, por Sancirilo.
  • 2006: Prémio D. Dinis, por Douro: Pizzicato e Chula e Que Comboio é este.[5]
  • 2008: Grande Prémio de Literatura dst, por O Cónego
  • 2009: Prémio de Poesia Luís Miguel Nava, por As têmporas da cinza.
  • 2010: Prémio PEN Clube Português de Poesia, por "Arado", ex-aequo coa poetisa Maria da Saudade Cortesão Mendes.
  • 2010: Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco, porO Porco de Erimanto e outras fábulas.
  • 2014: Prémios Autores, por Gaveta do Fundo.

Finalista do Premio aRi[t]mar 2020.[6]

Distincións editar

  • 1984: Medalla de Prata do Concelho de Macedo de Cavaleiros.
  • 1989: Medalla de Prata de Mérito Municipal de Vila Real.
  • 2003: Medalla de Mérito Cultural, atribuída pelo Ministro da Cultura portugués.
  • 2006: Medalla de Ouro da Cidade, atribuída pola Câmara Municipal de Vila Real.
  • 2009: Prémio Douro Cultura 2009, da Revista Tribuna Douro.
  • 2009: Poeta homenaxeado no Encontro “A Poesia está na rua”, en Santo Tirso.
  • 2010: Medalla de Ouro de Mérito Municipal, atribuída pola Câmara Municipal de Macedo de Cavaleiros.

Notas editar

  1. "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-25. 
  2. Fidelizarte. "A. M. Pires Cabral". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-05-25. 
  3. "A. M. Pires Cabral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-25. 
  4. "La relación cultural entre Galicia y Portugal". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-05-25. 
  5. "Casa de Mateus". web.archive.org. Archived from the original on 13 de abril de 2012. Consultado o 2020-05-25. 
  6. asociacionescritoras-es. "A. M. Pires Cabral. Axenda cultural AELG::". Consultado o 2020-05-25.