Hélder Macedo

escritor portugués

Hélder Malta Macedo, nado en Krugersdorp (África do Sur) o 30 de novembro de 1935, é un poeta, novelista, ensaísta, crítico e investigador literario portugués. A súa obra narrativa, de entre a cal se destaca a novela Partes de África (1991), na cal o autor usa técnicas narrativas para revelar as ficcións da memoria, expondo a fronteira entre o feito e a invención, é considerada unha das máis orixinais da literatura portuguesa contemporánea.[1]

Hélder Macedo
Nacemento1935 e 30 de novembro de 1935
Lugar de nacementoKrugersdorp
NacionalidadePortugal
Ocupaciónpoeta e escritor
PremiosGran Cruz da Orde do Infante Don Enrique e Comendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pasou a infancia en Mozambique, tamén coñecido como Mopkacholé, e a adolescencia na Guinea e en San Tomé até 1948, ano en que foi para Lisboa. Entre 1955 e 1959 frecuentou a Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa. Aínda que, na xuventude, chegase a dedicarse á ficción, que non só sería censurada como deliberadamente abandonada, foi como poeta que se estreou - o seu primeiro libro de poesía, Vesperal (1957), publicado cando tiña só 21 anos, foi saudado por Jorge de Sena como sendo dos «máis perfectos que por ese tempo se publicaron», denotando «un equilibrio refinado» e un «notábel dominio da expresión e do ritmo». A pesar de non ser normalmente asociado a movementos literarios, formou parte do Grupo do Café Gelo. A participación nesa conversa, que incluía algúns surrealistas, nos finais dos anos 50, radicaba sobre todo nunha actitude anti-establishment de sinal político, moral e literario.[2]

De conviccións anti-fascistas, foi perseguido pola PIDE (Polícia de Intervenção e Defesa do Estado). Durante a campaña de Humberto Delgado, que recibiu o seu empeño entusiasta, não conseguiuescapar á vixilancia da ditadura e foi preso.[3] Acabou por exiliarse en Londres, xuntamente coa esposa, Suzette Ribeiro, onde, entre 1960 e 1971, foi colaborador regular da BBC.[4] Durante a súa residencia en Inglaterra, coñeceu e ficou amigo da parella formada polo poeta inglés Ted Hughes e pola poetisa norteamericana Sylvia Plath, que despois da separación do marido chegou a vivir por algún tempo na súa casa, e lle dedicou o poema "Papoilas en Outubro". En decembro de 1962, planeou publicar unha colectánea de poesía portuguesa traducida en Inglés, por Hughes e Plath, mais o proxecto non foi posíbel.[5]

Licenciouse en Literatura e Historia, presentando como tese de licenciatura un estudo sobre Bernardim Ribeiro, e doutorouse en Letras en 1974 na Universidade de Londres, onde daba aulas desde 1971 no King's College, coa tese titulada “Nós – uma leitura de Cesário Verde”.

Tras a Revolución de 25 de Abril de 1974 regresou a Portugal, sendo director-xeral dos Espectáculos (1975) e Secretario de Estado da Cultura (1979). Entre 1981-82, foi visiting profesor na Universidade Harvard (Estados Unidos), tendo tamén leccionado na EHECS (Francia), na Universidade Estadual de Campinas (UNICAMP), na Universidade de São Paulo (USP) e na Universidade Federal do Río de Xaneiro (UFRJ), no Brasil. Profesor titular da cátedra Camões, entre 1982 e 2004, función que acumulou coa de director do departamento de Estudos Portugueses e Brasileiros do King's College, até 1991. Ademais no King's College, foi Emeritus Profesor of Portuguese.[6]

Estreouse na ficción con Partes de África (1991), mais foi Pedro e Paula (1998) que lle garantiu a consagración como narrador, estatuto do que usufrutuaba xa como ensaísta e poeta. Foi co-organizador, con António Salvado, das Folhas de Poesia (Lisboa, 1956-58). Fundou en 1975 e dirixiu a revista Portuguese Studies (Premio para a mellor revista nova, 1987, EUA) e en 1998 Veredas. Revista da Associação Internacional de Lusitanistas (Porto). Especialista das obras de Luís de Camões, Bernardim Ribeiro e Cesário Verde, a súa obra ensaística encóntrase dispersa por xornais e revistas, tales como The Times Literary Supplement, Modern Language Review, Quaderni Portoghesi, Graal, Colóquio-Letras, O Tempo e o Modo, Hidra I, Nova Renascença, Expresso, JL, Diário de Lisboa, Diário de Notícias etc. Foi o responsábel da edición, no Reino Unido, de dúas antoloxías de poesía portuguesa do século XX – Modern Poetry in Translation-Portugal (Londres, 1973) e Contemporary Portuguese Poetry (en colaboración con E. M. de Melo e Castro, Manchester, 1978) – e dunha antoloxía de poesía de Camões – Camões. Some Poems (en colaboración con Jonathan Griffin e Jorge de Sena, Londres, 1976).

Membro efectivo da Academia das Ciencias de Lisboa e presidente honorario da Asociación Internacional de Lusitanistas.

O 27 de abril de 1993 foi agraciado co grao de Comendador da Orde Militar de Sant'Iago da Espada. O 6 de outubro de 2018 foi agraciado coa Grã-Cruz da Orde do Infante D. Henrique.[7]

Obras publicadas editar

Poesía editar

  • Vesperal (1957). Lisboa: Folhas de Poesía.
  • Das Fronteiras (1962). Covilhã: Pedras Brancas.
  • Poesia 1957-68 (1969). Lisboa: Moraes.
  • Poesia 1957-77 (1979). Lisboa: Moraes.
  • Viagem de inverno (1994). Lisboa: Presença.
  • Viagem de inverno e Outros Poemas (2000). Río de Xaneiro: Record.
  • Poemas Novos e Vellos (2011). Lisboa: Presença. Antoloxía.
  • Romance (2015). Presença. Longo poema.
  • Resta Ainda a Face (2015). Abysmo. Antoloxía de 32 poemas de amor, escollidos e posfaciados por Paulo José Miranda.

Novela editar

  • Partes de África (1991). Lisboa: Presenza.
  • Pedro e Paula (1998) (2ª edition 1998). Lisboa: Editorial Presença.
  • Sem Nome (2005). Lisboa: Presença.
  • Natália (2009). Lisboa: Presença.
  • Tan Longo Amor Tan Curta a Vida (2013). Lisboa: Presença.

Crítica e ensaio editar

  • Nós, Uma Leitura de Cesário Verde (1975). Lisboa: Plátano.
  • Do Cancioneiro de Amigo (1976). Con Stephen Reckert. Lisboa: Assírio & Alvim
  • Do Significado Oculto da Menina e Moça (1977). Lisboa: Moraes.
  • Camões e a Viagem Iniciática (1980). Lisboa: Moraes.
  • Cesário Verde: O Romântico e o Feroz (1988). Lisboa: & Etc.
  • Menina e Moça de Bernardim Ribeiro (1990). Lisbon: Dom Quixote. Edición e introdución.
  • Viagens do Olhar: Retrospecção, Visão e Profecia no Renascimento Português (1998). Con Fernando Gil. Porto: Campo das Letras.
  • Trinta Leituras (2007). Lisboa: Editorial Presença
  • Obras Completas de Bernardim Ribeiro (2008). ed. con Maurício Matos. Porto: Campo das Letras.
  • Camões e outros contemporâneos (2017). Presença.
  • Cada Um com o Seu Contrário Num Só Sujeito (2019). Abysmo
  • Luís de Camões - A Global Poet for Today (2019). Lisbon Poets & Co.
  • Oitocentos Anos de Literatura (2019). Abysmo.

Premios editar

  • 1977: Premio da Academia das Ciências de Lisboa, por Do Significado Oculto da Menina e Moça.
  • 1999: Premio PEN. Clube Português de Ensaio, por Viagens do Olhar: Retrospecção, Visão e Profecia no Renascimento Português.
  • 1999: Premio da Associação Internacional de Críticos Literários, por Viagens do Olhar: Retrospecção, Visão e Profecia no Renascimento Português.
  • 2006: Premio PEN Clube Português de Novelística, por Sem Nome.
  • 2018: Premio D. Dinis, por Camões e Outros Contemporâneos.
  • 2018: Premio Eduardo Prado Coelho, por Camões e Outros Contemporâneos.
  • 2018: Grande Prémio de Ensaio Literário, por Camões e Outros Contemporâneos.

Notas editar

  1. Dicionário Cronológico de Autores Portugueses, Vol. VI, Lisboa, 1999
  2. "Escrita e memória: o eu e o outro na palavra de Helder Macedo" (PDF). web.archive.org/web. Archived from the original on 23 de xaneiro de 2015. 
  3. Infopédia. "Hélder Macedo - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  4. "Hélder Macedo .Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  5. Marques, Joana Emídio. "Sylvia Plath: há 55 anos morria o corpo e nascia o mito". Observador (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  6. "Helder Macedo. “Não sou um escritor que está a tomar notas policialmente em relação ao mundo”". ionline (en portugués). Consultado o 2020-07-04. 
  7. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-07-04.