Luís de Camões

poeta portugués
(Redirección desde «Camões»)

Luís Vaz de Camões, tamén grafado como Camoéns[1], foi nado cara a 1524 e finado o 10 de xuño de 1580, foi un poeta portugués, considerado decote como o maior poeta de lingua portuguesa e dos maiores da Humanidade. O seu xenio é comparábel ao de Homero, Virxilio, Dante e Shakespeare. Das súas obras, a epopea Os Lusíadas é a máis significativa.

Modelo:BiografíaLuís de Camões

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Luís Vaz de Camões Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodecembro de 1524 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1580 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e Drama Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, escritor, dramaturgo, militar Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaFamília Camões (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisSimão Vaz de Camões Editar o valor en Wikidata  e Ana de Sá de Macedo Editar o valor en Wikidata
ParentesVasco Pires de Camões, bisavó Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0891407 BNE: XX919006 Musicbrainz: 05d3351d-8885-4e99-b9a7-acd707734e33 Discogs: 1506975 Find a Grave: 10467105 Editar o valor en Wikidata

Orixes e xuventude

editar

Camões naceu en Chaves ou Lisboa no ano 1524 ou 1525. A súa familia, de orixe galega, fixouse primeiro no Norte, en (Chaves), e despois irradiou para Coímbra e Lisboa. Foi fillo de Simão Vaz de Camões e Ana de Sá e Macedo. Por vía paterna, Camões sería trineto do trobador galego Vasco Pires de Camões, mentres que por vía materna estaba aparentado co navegador Vasco da Gama.

Entre 1542 e 1545 viviu en Lisboa, onde trocou os estudos polo ambiente da corte de Xoán III, e conquistou fama de poeta e feitío altivo.

 
Estatua do poeta na Praza Luís de Camões, no Bairro Alto de Lisboa.

En Coímbra frecuentaría o curso de Humanidades, talvez no Mosteiro de Santa Cruz, onde tiña un tío pai, Benito de Camões. Porén, non hai rexistros da pasaxe do poeta pola cidade. En calquera caso, a cultura refinada dos seus escritos torna a única universidade de Portugal do tempo como o lugar máis probábel dos seus estudos.

Ligado á casa do Conde de Linhares, Francisco de Noronha, e talvez preceptor do fillo Antônio, segue para Ceuta en 1549 e fica aló até 1551. Era unha aventura común na carreira militar dos mozos, recordada na elexía Aquela que de amor descomedido. Nun cerco, tivo un dos ollos baleirados por unha seta pola furia rara de Marte. Aínda así, mantivo as súas potencialidades de combate.

De regreso a Lisboa, non tarda en retomar a vida bohemia. Sonlle atribuídos varios amores por damas da corte e mesmo pola propia irmá do Rei D. Manuel I. Caería en desgraza, a punto de desterrarse para Constância, malia non haber fundamento documental. No día do Corpo de Deus de 1552 entra en contenda e fere un certo Gonçalo Borges. Preso, libérase por carta rexia de perdón de 7 de marzo de 1552. O 24 dese mesmo mes embarca para a India na armada de Fernão Álvares Cabral.

Oriente

editar

Chegado a Goa, Camões tomou parte na expedición do vicerrei Afonso de Noronha contra o Rei de Chembe, coñecido como o «rei da pementa». A esta primeira expedición refírese a elexía O Poeta Simónides falando. Despois Camões estableceuse en Goa, onde escribiu gran parte da súa obra épica. Considerou a cidade como unha madrasta de todos os homes honestos. Aló estudou os costumes de cristiáns e hindús, e a xeografía e a historia locais.

Participou noutras expedicións militares. Entre febreiro e novembro de 1554 viaxou na armada de Fernando de Meneses, constituída por máis de 1000 homes e 30 embarcacións, ao Golfo Pérsico. Aí sentiu unha amargura que expresa na canción Junto de um seco, fero e estéril monte. No regreso foi nomeado "provedor-mor dos defuntos nas partes da China" polo Gobernador Francisco Barreto, para quen escribiría o Auto do Filodemo.

En 1556 partiu cara Macau, onde continuou cos seus escritos. Viviu nunha célebre gruta co seu nome, onde escribiu boa parte d´Os Lusíadas. Naufragou na foz do río Mekong, onde conservou de forma heroica o manuscrito d'Os Lusíadas entón xa adiantados (cf. Lus., X, 128). No naufraxio morrería a súa compañeira chinesa Dinamene, celebrada en serie de sonetos. É posíbel que daten igualmente desa época ou naceran desa dolorosa experiencia as redondillas 'Sôbolos ríos.

Regresou a Goa antes de setembro de 1560 e pediu a protección do Vicerrei Constantino de Bragança nun longo poema en oitavas. Aprisionado por débedas, dirixiu súplicas en verso ao novo Vicerrei, Francisco Coutinho, Conde de Redondo, pola súa liberación. En 1568 viaxou á Illa de Mozambique. Pasados dous anos, Diogo do Couto encontrouno alí, como relata na súa obra, e engadiu que o poeta estaba "tan pobre que vivía de amigos". (Década 8.ª da Asia). Traballaba entón na revisión d´Os Lusíadas e na composición de "un Parnaso de Luís de Camões", con poesía, filosofía e outras ciencias", obra roubada. Diogo do Couto pagoulle o resto da viaxe até Lisboa, onde Camões chegou en 1570. En 1580, de regreso a Lisboa, asistiu á partida do exército portugués para o norte de África. Morreu nunha casa de Santana, en Lisboa, e foi soterrado nunha campa rasa nunha das igrexas das proximidades.

Os Lusíadas e a obra lírica

editar

Os Lusíadas considérase a principal epopea da época moderna debido á súa magnitude e universalidade.[2] As realizacións de Portugal desde Henrique, duque de Viseu até a unión dinástica con España en 1580 marcan a transición da Idade Media para a Idade Moderna.

A epopea narra a historia de Vasco da Gama e dos heroes portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova rota para a India.[2] É unha obra humanista, mesmo nas súas contradicións, na asociación da mitoloxía pagá á visión cristiá, nos sentimentos opostos sobre a guerra e o imperio, no gosto do repouso e no desexo de aventura, na apreciación do pracer e nas exixencias dunha visión heroica.

A obra lírica de Camões publicouse como "Rimas". Porén, non existe acordo entre os diferentes editores canto ao número de sonetos escritos polo poeta e canto á autoría dalgunhas das pezas líricas. Algúns dos seus sonetos, como o coñecido Amor é fogo que arde sem se ver, pola ousada utilización dos paradoxos, prognostican o Barroco que se estaba a aproximar.

Sonetos

editar
 
Busto de bronce de Luís Vaz de Camões, na Praza de Portugal de Vigo, feito por José Sousa Caldas en 1934.
  • 1595 - Amor é fogo que arde sem se ver
  • 1595 - Eu cantarei de amor tão docemente
  • 1595 - Verdes são os campos
  • 1595 - Alegres campos, verdes arvoredos
  • 1595 - Que me quereis, perpétuas saudades?
  • 1595 - Sobolos rios que vão
  • 1595 - Transforma-se o amador na cousa amada
  • 1595 - Sete anos de pastor Jacob servia
  • 1595 - Alma minha gentil, que te partiste
  • 1595 - Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades
  • 1595 - Quem diz que Amor é falso ou enganoso

Redondilhas

editar
  • Aquela cativa
  • Se Helena apartar do campo seus olhos, nascerão abrolhos
  • Descalça vai para a fonte
  • Campos bem-aventurados

Teatro

editar
  1. "Real Academia Galega". 2012.academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-22. 
  2. 2,0 2,1 "The Lusiads". World Digital Library. 1800-1882. Consultado o 2013-09-01. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • "Os Lusíadas". Catálogo da Exposição Bibl., iconogr. e medalhística de Camões. Intr., sel. e notas de José V. de Pina Martins. Lisboa, 1972;
  • Col. Camoniana de José do Canto. Lisboa, 1972.
  • Enfatriões. Pref. e notas de Vieira de Almeida. Lisboa, 1942;
  • El-Rei Seleuco. Id. Ib., 1944;
  • Obras completas. Com prefácio e notas de Hernâni Cidade. Lisboa, 1946-1947;
  • Obra completa. Org., intr., com. e anotações de A. Salgado Júnior. R. de Janeiro, 1963;
  • Os Lusíadas. Leitura, prefácio e notas de Álvaro J. da Costa Pimpão. Lisboa, 1992;
  • Rimas. Texto estabelecido e prefaciado por Álvaro J. da Costa Pimpão. Coimbra, 1994
  • Rebelo Gonçalves, Dissertações Camonianas. S. Paulo, 1937;
  • José Pedro Machado, Notas Camonianas. Lisboa, 1981;
  • Xosé Filgueira Valverde, Camões. Coimbra, 1981; Cuatro lecciones sobre Camoens. Madrid, 1981;
  • Actas das Reuniões Internacionais de Camonistas: I (Lisboa, 1973); III (Coimbra, 1987); IV (Ponta Delgada, 1984) e V (S. Paulo, 1992);
  • Revista Camoniana (S. Paulo, 10 vols publ. desde 1964).

Ligazóns externas

editar