Bairro Alto
O Bairro Alto é un barrio antigo e pintoresco no centro de Lisboa. Ten rúas estreitas e empedradas e casas seculares, e conta cun pequeno comercio tradicional, así como restaurantes e locais de vida nocturna. Construído nun plano ortogonal dende o inicio do século XVI, foi coñecido como Vila Nova de Andrade.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Lisboa | |||
Cidade grande | Lisboa | |||
Freguesía | Misericórdia (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Conjunto de Interesse Público (pt) | ||||
Identificador | 71979 | |||
Historia
editarA súa planificación e construción están ligados ao Sismo de Lisboa de 1531, conforme o testemuño de Joaquim José Moreira de Mendonça:
Teño a certeza, a través de documentos auténticos, que despois daquel ano se construíron todas as rúas do Bairro Alto, que fican por fóra das Portas de Santa Catarina e o Postigo de S. Roque (...)[1]
Limita polo oeste coa Rua do Século, polo leste coa Rua da Misericórdia, polo norte coa Rua D. Pedro V e polo sur coa Calçada do Combro, o Largo do Calhariz, a Rua do Loreto e o Largo de Camões. O Bairro Alto está totalmente integrado na freguesía da Misericórdia.
Desde a década de 1980 é a zona mais coñecida da noite lisboeta, cun gran número de bares, restaurantes e casas de fado. Durante o século XIX e até as décadas de 1970 e 1980 do século XX, tiñan a súa sede no barrio numerosas redaccións de xornais e tipografías do país. Aínda hoxe é posíbel encontrar ecos dese tempo en nomes de rúas como a Rua Diário de Notícias ou a Rua do Século. Desde entón, adquiriu unha vida moi característica, e coinciden distintas xeracións para gozar do lecer nocturno. Tamén se vai verificando que pasou a ser demandado como un lugar de interese para vivir. De feito, a súa veciñanza está a ser anovada e rexuvenecida.
Características
editarA carón do Chiado, o centro do romanticismo portugués no século XIX, o Bairro Alto é frecuentado e habitado por xornalistas, escritores e artistas. Foi tamén lugar de tascas de mariñeiros, carboeiras e lugares de má fama e prostitución. Vitorino Nemésio fai alusións a este ambiente na novela Mau tempo no canal.
O edifício onde naceu o Diário de Notícias foi máis tarde ocupado por A Capital (diario desaparecido en 2005). Hoxe é coñecido como Edifício A Capital. Até 2002 foi a sede da compañía de teatro Artistas Unidos.
En 2013 conmemoráronse os 500 anos do Bairro Alto, desde que se autorizou o primeiro plano xeométrico de Lisboa. Foi cando Lopo de Athouguia acordou cos aforadores, Bartolomeu de Andrade e súa muller, Francisca Cordovil, a división do mesmo en parcelas. Para esta efeméride, foi creada unha ampla programación, permanentemente aberta a propostas de calquera persoa interesada, en particular á veciñanza e outros axentes económicos e culturais do Bairro Alto.
A comisión executiva foi constituída pola Associação de Moradores do Bairro Alto, a Irmandade da Misericórdia e de S. Roque de Lisboa, o Lisboa Club Río de Janeiro, o Museu da Farmácia e a Associação Portuguesa de Livreiros Alfarrabistas. Contou, ademais, cun amplo número de colaboracións.
O Bairro Alto é actualmente un barrio lisboeta tradicional e tranquilo durante o día. Coa noitiña transfórmase nun espazo de divertimento nocturno e punto de encontro de distintas culturas e xeracións. É o lugar de concentración habitual da mocidade estranxeira de Erasmus na cidade.
Conservación
editarParte dos predios foron ou están a ser recuperados. Mantívose o trazado orixinal dos mesmos, o que permitiu a instalación de espazos comerciais novos e alternativos. Encóntranse no barrio tendas de referencia, como a xoiaría Leitão & Irmão, a Cork & Co (de produtos de cortiza), o taller da deseñadora Fátima Lopes ou tendas de tatuaxes e piercings. Por outra banda, o barrio ten, moi probabelmente, a maior concentración de restaurantes e bares de Lisboa, o que atrae un público moi diverso, tanto nacional como estranxeiro.
Seguridade
editarMalia as obras recentes e a instalación de cámaras de seguridade nalgunhas rúas, o nivel de vixilancia policial aumentou bastante nos últimos anos. Trátase dun barrio, polo xeral, seguro, polo menos até a hora de peche habitual dos bares. Verificouse un decrecemento acentuado do índice de criminalidade no barrio, o que contradí a crenza instalada de que o nivel de inseguridade era superior ao común na cidade.
O Bairro Alto foi declarado Conxunto de Interese Público (CIP) en 2010.
Notas
editar- ↑ Moreira de Mendonça, Joaquim José (1758). História Universal dos Terramotos.