Fernando Echevarría

poeta portugués

Fernando Echevarría Ferreira, de nome literario Fernando Echevarría, nado en Cabezón de la Sal (Cantabria) o 26 de febreiro de 1929, e finado no Porto o 4 de outubro de 2021, foi un poeta portugués.[1]

Infotaula de personaFernando Echevarría
Biografía
Nacemento1929 Editar o valor em Wikidata
Cabezón de la Sal, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 2021 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPorto
París Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Educaciónseminario de Astorga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Foi traducido ao francés, castelán, inglés e romanés.

Traxectoria editar

Naceu en Cabezón de la Sal (Cantabria) o 26 de febreiro de 1929, fillo de pai portugués —que se exilara no país veciño tras o fracaso da Monarquía do Norte— e nai española, mais aos dous anos de idade foi coa familia morar en Grijó, Vila Nova de Gaia, Portugal. En 1940, con once anos, entrou no Colexio Cristo Rei, dos padres Redentoristas, onde permaneceu até 1946, seguindo para España onde concluíu os estudos de Filosofía e Teoloxía en España, no seminario de Astorga, tras facer o noviciado en Nava del Rey (provincia de Valladolid).[2]

O ano en que publicou o seu libro de estrea, Entre Dous Anjos (1956), terminou o servizo militar, en Coímbra, regresou ao Porto e comezou a dar clases no ensino secundario particular, no Colexio Externato de Gaia. En 1961 emigrou para París, onde se aproximou aos círculos opositores portugueses alí exiliados. Adheriuse ao Movemento de Acción Revolucionaria (MAR) estando, por tanto, próximo ao chamado “grupo de Alxer” e de Humberto Delgado que veu para Alxer en 1964, vindo do Brasil, onde estaba exiliado. A través de Humberto Delgado adheriuse á Fronte Patriótica de Liberación Nacional (FPLN), o que o levou a instalarse na Alxeria en 1963. Fernando Echevarria, é un dos fundadores da Liga de Unidade e Acción Revolucionaria (LUAR), grupo creado en París conxuntamente con Emídio Guerreiro (futuro organizador do PPD/PSD), José Augusto Seabra e Helder Veiga Pires co fin de impedir que Hermínio da Palma Inácio fose prendido pola Policía Francesa polo roubo do diñeiro do Banco de Portugal da Figueira da Foz. Mais sobre iso, nunca Fernando Echevarría deu publicamente testemuño, tendo sempre preferido manterse discreto. Tres anos despois volveu para París, onde permaneceu exiliado até 1974 e, por opción, tras o 25 de abril, rexeitou lugares políticos e administrativos, continuando a traballar como profesor de Francés no Centro de Orientación Social para Refuxiados até preto do final dos anos oitenta, cando regresou definitivamente a Portugal, fixándose no Porto.

As metáforas verbais, o amplo uso da frase nominal, a disciplina rítmica e rimática, o xogo dialéctico das palabras reiteradas no poema, son algunhAs das características dunhauma poética que ten sido frecuentemente inserida nunemovimento neobarroco na súa dupla fonte: a do contacto directo coa tradición gongórica e a relectura depurada desa tradición efectuada pola xeración española do 27.[3]

Escribiu sempre en portugués, só ocasionalmente nas linguas castelá e francesa, e colaborou en varias revistas como Graal, Eros, Colóquio/Letras e Limiar. Cunha extensa obra poética, despois de Entre Dous Anjos, seguiron edicións de autor ou de editoras diversas. Tras o regreso a Portugal, iniciou a súa relación editorial coas Edicións Afrontamento, onde publicou desde entón as súas obras.

En España, a editorial Celya publicou Aquí, ahora (2002), edición bilingüe castelán-portugués.[4]

Obras editar

  • Entre Dois Anjos (1956)
  • Tréguas para o Amor (1958)
  • Sobre as Horas (1963). Círculo de Poesia, Moraes Editores.
  • Ritmo Real (1971). Un libro de arte, con gravuras a relevo da autoría de Flor Campino, a súa compañeira de vida e de percorrido literario. Ed. feita en Francia.
  • A Base e o Timbre (1974). Círculo de Poesia, Moraes Editores.
  • Media Vita (1979). Brasília Editora.
  • Introdução à Filosofia (1981). Ed. de autor. En 2005, Edicións Afrontamento.
  • Fenomenologia (1984). Ed. de autor.
  • Figuras (1987). Edicións Afrontamento,
  • Poesia, 1956–1979 (1989). Edicións Afrontamento.
  • Sobre os Mortos (1991). Edicións Afrontamento.
  • Poesia 1980-1984 (1994). Edicións Afrontamento.
  • Uso de Penumbra (1995). Edicións Afrontamento.
  • Geórgicas (1998). Edicións Afrontamento.
  • Poesia 1987-1991 (2000). Edicións Afrontamento.
  • Introdução à Poesia (2001). Edicións Afrontamento.
  • Epifanias (2006). Edicións Afrontamento.
  • Obra Inacabada (2006). Edicións Afrontamento.
  • Lugar de Estudo (2009). Edicións Afrontamento.
  • Antologia (2010). Edicións Afrontamento.
  • In Terra Viventium (2011). Edicións Afrontamento.
  • Categorias e Outras Paisagens (2013). Edicións Afrontamento.
  • Obra Inacabada (2 vols, 2016). Edicións Afrontamento.
  • Via Analítica (2018). Edicións Afrontamento.

Premios editar

  • 1982: Premio de Poesía do PEN Club por Introdução à Filosofia.
  • 1987: Gran Premio de Poesía Inasset por Figuras.
  • 1991: Gran Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores .por Sobre os Mortos
  • 1998: Premio Luís Miguel Nava por Geórgicas
  • 1999: Premio Nacional de Poesía António Ramos Rosa por Geórgicas
  • 1999: Premio de Poesía do PEN Club por Geórgicas
  • 2002: Premio Teixeira de Pascoaes
  • 2005: Premio Árbore da Vida – Padre Manuel Antunes polo conxunto da súa obra
  • 2007: Premio Sophia de Mello Breyner Andresen en por Obra Inacabada
  • 2007: Premio D.Dinis, da Casa de Mateus por Epifanias
  • 2010: Gran Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores por Lugar de Estudo
  • Premio Casino da Póvoa, no festival Correntes d’Escritas por Categorias e Outras Paisagens

Foi distinguido co grao de Grande Oficial da Orde do Infante D. Henrique, atribuído polo Presidente de República Portuguesa, o 10 de xuño de 2007. Foi tamén distinguido coa medalla de ouro da cidade do Porto o 24 de abril de 2008.

Notas editar

  1. Infopédia. "Fernando Echevarría - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-21. 
  2. "Projecto Vercial". alfarrabio.di.uminho.pt. Consultado o 2020-05-21. 
  3. "Fernando Echevarría. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-21. 
  4. "Fernando Echevarría" (en castelán). 2019-06-18. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Uma Lavoura de Luz Interior. Uma homenagem a Fernando Echevarría. Estudos em homenagem ao poeta Fernando Echevarría nos seus 70 anos (1999). Edições Afrontamento
  • Fernando Echevarría nos 50 anos de Vida Literária (2007).
  • Sena, Jorge de - Selecção, Prefácio e Notas (1958) - Líricas Portuguesas - 3ª Série.