Joaquim Manuel Magalhães
Joaquim Manuel Magalhães, nado en Peso da Régua en 1945, é un ensaísta, poeta e profesor catedrático na Facultade de Letras de Lisboa.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Peso da Régua, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarDoutorouse en 1979 cunha tese principal sobre "A Consequência da Literatura e do Real na Poesia de Dylan Thomas" e unha segunda tese sobre Frank O'Hara. A súa proba de Agregación consistiu nunha proposta de estudo sobre a poesía inglesa posterior a 1945 e sobre «The Waste Land» de T. S. Eliot. (A súa tese de licenciatura foi sobre e. e. cummings). Co-dirixiu a revista "As Escadas Não Têm Degraus" (1989), organizou a edición da "Obra Poética" de Ruy Belo, da "Antologia Poética" de Ruy Cinatti e dunha antoloxía de João Miguel Fernandes Jorge. Ten publicadas traducións de Anna Akhmatova (1992), Yorgos Seferis (1993) e Konstandinos Kavafis (2005). Tamén varios volumes de poetas españois contemporáneos, tanto traducidos como maioritariamente anotados.[1]
Autor de obras (iniciadas en 1974) de poesía, reuniu esa obra poética en 2010 no volume «Um Toldo Vermello». En 2014 seguiuse unha 2ª edición, con novas alteracións, titulada co mesmo nome. Un volume de «derivas», sobre todo en prosa, «Do Corvo a Santa Maria», foi publicado en 1993. Sobre poesía, publicou os seguintes volumes: «Os dois crepúsculos» (1981); «Dylan Thomas» (1982); «Um pouco da morte» (1989); «Rima Pobre» (1999).
Do seu interese polas artes plásticas resultou a publicación de numerosos textos na prensa e a edición de "António Palolo /O" (1978).[2]
Extraordinariamente versátil e límpida, a poesía de Joaquim Manuel Magalhães imponse, segundo David Mourão Ferreira, "de libro para libro, pola convocatoria de moitos aspectos do mundo natural e do mundo social, a través dun discurso que estabelece, entre ambos, os máis inesperados nexos de cumplicidade ou recíprocos procesos de rexeitamento, en que "figuras" como a lítotes, a antífrase, a alusión e a catacrese desempeñan papeis preponderantes, en contextos só talvez aparentemente rexidos polos principios dunha libre asociación de imaxes ou dun suposto automatismo verbal (…)".[3] Joaquim Manuel Magalhães é un nome incontornábel para a comprensión da poesía portuguesa dos últimos trinta anos, tanco como poeta como por ensaísta.[4]
Obra
editarPoesía
editar- Consequência do Lugar (1974). Moraes Editores. En español, Consecuencia del lugar (1998), Huerga y Fierro Editores.
- Três Poemas (1975)
- Dos Enigmas (1976)
- Vestígios (1977). Centelha, Coímbra.
- Os Dias, Pequenos Charcos (1981)
- Segredos, Sebes, Aluviões (1981). Presença.
- Alguns Livros Reunidos (1987). Contexto.
- Uma Luz Com Um Toldo Vermelho (1990). Presença.
- A Poeira Levada Pelo Vento (1993). Presença.
- Alta Noite em Alta Fraga (2001). Relógio D'Água.
- Um Toldo Vermelho (2010). Relógio D'Água.
- Para Comigo (2018). Relógio D'Água.
Ensaio
editar- Vitorino Nemésio e Jorge de Sena: Uma Comparação (1979). Oficina Gráfica da Livraria Bertrand, Amadora.
- Os Dois Crepúsculos: sobre poesoa portuguesa actual e outras crónicas (1981). Regra do Jogo.
- Dylan Thomas - Consequência da Literatura e do Real na sua Poesia (1982). Assírio e Alvim.
- Um Pouco da Morte (1989). Presença.
- Rima Pobre (1999). Presença. Unha colectánea de ensaios publicados semanalmente no xornal Expresso onde aborda a «poesia portuguesa de agora".
Outros
editar- Pelos Caminhos da Manhã (1977). Arcádia.
- António Palolo (1978). Regra do Jogo.
- Ave de Partida (1981). Con Ana Marchand.
- Do Corvo a Santa María (1993). Relógio D'Água. Viaxes
- A Poesia Espanhola de Agora. Poesía Española de Ahora (1997). Relógio D'Água. Antoloxía en dous volumes.
- Trípticos Espanhóis vol. 1 (1998). Relógio D'Água.
- Trípticos Espanhóis vol. 2 (2000) II. Relógio D'Água.
- Poesia Espanhola. Anos 90 (2000). Relógio D'Água.
Premios
editar- 1993: Premio D. Dinis, por A Poeira levada pelo Vento.
- 1993: Grande Premio de Poesía APE/CTT, por A Poeira Levada Pelo Vento.
- 1994: Premio PEN Clube Portugués de Poesía, por A Poeira Levada Pelo Vento.
- 2000: Prémio PEN Clube Portuguss de Ensaio, por Rima Pobre.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Infopédia. "Joaquim Manuel Magalhães - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-06-25.
- ↑ "Joaquim Manuel Magalhães - BIOGRAFIA". www.truca.pt. Consultado o 2020-06-25.
- ↑ "poema da semana". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2016.
- ↑ "Joaquim Manuel Magalhães - Biografia". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2016. Consultado o 2020-06-25.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista en jornali, 2018