Jorge Carreira Gonçalves Calado, nado en Lisboa o 6 de xaneiro de 1938, é un científico portugués. En 2015, recibiu o título de Profesor Emérito do Instituto Superior Técnico[1].

Infotaula de personaJorge Calado
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Portuguesa
EducaciónInstituto Superior Técnico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

É membro da Academia de Ciencias de Lisboa dende o 5 de abril de 1979 e traballa no Departamento de Enxeñaría Química do Instituto Superior Técnico, dedicándose especialmente ao estudo da termodinámica dos fluídos moleculares e as súas mesturas. Escribe crítica musical para o xornal Expresso.[2]

Carreira editar

Licenciouse en Enxeñería Química Industrial polo Instituto Superior Técnico en 1961. Despois de tres anos na Universidade de Oxford, no Reino Unido, doutorouse en termodinámica en 1970. Como Técnico, foi profesor de Química Física e investigador do Centro de Química Estrutural (CQE). Foi crítico cultural do semanario Expresso[3] .

Nos últimos trinta anos organizou mais de 30 exposicións de fotografía en Portugal, Francia, Bélxica, Reino Unido e EUA, todas con produción de catálogos.[4]

Obra editar

  • Thermal conductivity measurements of N-heptane along the saturation line by a transient hot wire technique (con outros autores)
  • Triple-points of low melting substances and their use in cryogenic work (con outros autores)
  • Combining rules in molecular theories of solutions (con outros autores)
  • Novos quelatos corados de cobre com aplicações analíticas (1965)
  • Algumas aplicações da teoria dos grupos à química (1967)
  • Reference state in transient thermal conductivity measurements (1984)
  • Haja Luz!Uma História da Química Através de Tudo (3.ª ed.. 2016)
  • Interacção e estrutura de soluções contendo xénon, alcalanos e cicloalcanos (2003) (con outros autores)
  • Mocidade portuguesa (2022, 2ª). Imprensa Nacional.

Premios editar

  • 1.º Prémio Ferreira da Silva da Sociedade Portuguesa de Química (1982).
  • O 9 de xullo de 1999, recibiu o grao de Grande Oficial da Orde do Mérito.[5]
  • Prémio Universidade de Lisboa (2016).
  • 2023: Prémio D. Dinis con Mocidade Portuguesa[6]

Notas editar

  1. Lisboa, Técnico (2016-06-08). "Jorge Calado vence Prémio Universidade de Lisboa 2016". Técnico Lisboa (en portugués). Consultado o 2023-10-11. 
  2. "Crítico". criticomusical.blogspot.com. Consultado o 2023-10-11. 
  3. Lisboa, Técnico (2016-06-08). "Jorge Calado vence Prémio Universidade de Lisboa 2016". Técnico Lisboa (en portugués). Consultado o 2023-10-11. 
  4. Ribeiro, Tânia Pinto (2022-04-19). "Jorge Calado". Imprensa Nacional (en portugués). Consultado o 2023-10-11. 
  5. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Jorge Carreira Gonçalves Calado". Consultado o 2019-07-17. 
  6. Ribeiro, Tânia Pinto (2023-03-21). "Mocidade Portuguesa, de Jorge Calado, vence Prémio D. Diniz 2023". Imprensa Nacional (en portugués). Consultado o 2023-10-11.