Pierre Bastien

numismático francés
(Redirección desde «P. Bastien»)


Pierre Bastien, nado o 9 de marzo de 1912 en Lille, Alta Francia, e finado o 13 de maio de 2010 en Princeton, Nova Jersey, foi un cirurxián e numismático francés, especializado na moeda imperial romana.[1]

Infotaula de personaPierre Bastien
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1912
Lille, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 2010
Princeton
Nova Jersey
Estados Unidos de América Estados Unidos
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
Coñecido porEstudos de moeda imperial romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática e cirurxía.
Ocupacióncirurxián , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1990): Premio Derek Allen (BA).
- (1975): Medalla Huntington (ANS).
- (1970): Medalla da RNS.

Traxectoria editar

Pierre Bastien exerceu como cirurxián en Dunkerque ata a súa xubilación en 1977, data en que se reuniu cos seus fillos nos Estados Unidos, onde estes residían, e onde faleceu en 2010.[2] Alí residía en Cranbury (logo chamado West Windsor Township) en Nova Jersey, preto da Universidade de Princeton e da American Numismatic Society.[3]

Foi un coleccionista privado a partir de 1955, especializado na numismática do Imperio Romano, o que o levou a comezar a redacción dun catálogo das emisións monetarias do emperador Magnencio. Os seus estudos quedaron plasmados en diferentes comunicacións, artigos e traballos monográficos acerca da moeda imperial, entre as que destacan pola súa abundancia e o seu detalle as dedicadas ao obradoiro monetario de Lugdunum.[4] Tamén son salientables os seus estudos acerca dos bustos monetarios dos emperadores, aos que lles dedicou tres volumes.[5] As súas publicacións estendéronse ata 1995, cando a cegueira progresiva lle impediu continuar.[6]

Entre 1965 e 1967 ocupou a presidencia da Société française de numismatique, logo de exercer como tesoureiro durante varios anos.[7]

Pierre Bastien puxo en venda a súa colección de moeda romana en tres lotes: en outubro de 1982 en Basilea (929 moedas de bronce do baixo Imperio); en 1984 na American Numismatic Society, en Nova York (2.225 moedas do Imperio tardío, de Diocleciano a Honorio), e en 1985 novamente en Basilea, as moedas provinciais romanas.[8]

A súa abundante correspondencia estivo depositada no Museo Monetario Cantonal de Lausana, en tanto que os seus documentos de traballo, as súas reproducións de pezas e os cadernos dos seus estudos sobre a ceca de Lugdunum e sobre os bustos monetarios imperiais están depositados e poden consultarse no Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia, en París.[9]

Recoñecementos editar

Desde 1986 foi membro honorario da Comisión Internacional de Numismática, e mereceu outras distincións, como a de membro correspondente da Academia Británica (1977)[10] e a de Patron da American Numismatic Society[6].

Premios editar

Publicacións editar

Pierre Bastien foi un prolífico autor de artigos publicados en revistas numismáticas da súa época e tamén de diversos estudos monográficos. Esta é unha escolma das súas publicacións máis representativas:[14]

Monografías editar

  • (1964). Le Monnayage de Magnence (350-353). Éd. Cultura, Wetteren.[15]
  • (1972-1989). Le Monnayage de l'atelier de Lyon. Éd. numismatique romaine, Wetteren.
    • (1972). Dioclétien et ses corégents avant la réforme monétaire (285-294).[16]
    • (1976). De la réouverture de l’atelier par Aurélien à la mort de Carin (fin 274-mi-285).[17]
    • (1980). De la réforme monétaire de Dioclétien à la fermeture temporaire de l’atelier en 316 (294-316) (con G. Gautier).[18]
    • (1982). De la réouverture de l’atelier en 318 à la mort de Constantin (318-337).[19]
    • (1985). De la mort de Constantin à la mort de Julien (337-363).[20]
    • (1987). Du règne de Jovien à la mort de Jovin (363-413).[21]
    • (1989). Le monnayage de l'atelier de Lyon (274-413), supplément (con M. Amandry e G. Gautier).
    • (2003). Le monnayage de l'atelier de Lyon (274-413), supplément II (con M. Amandry e G. Gautier).
  • (1992, 1993, 1994). Le buste monétaire des empereurs romains. Éd. numismatique romaine, Wetteren. 3 volumes.[22]

Artigos editar

Notas editar

  1. Gautier, G. (2011). Páxina 7.
  2. Gautier, G. (2011). Páxina 9.
  3. Arnold-Biucchi, C. (2014). Páxina 11.
  4. Véxase (1972-1989) en "Publicacións. Monografías".
  5. Véxase (1992, 1993, 1994) en "Publicacións. Monografías".
  6. 6,0 6,1 Gautier, G. (2011). Páxina 10.
  7. Gautier, G. (2014). Páxina 17.
  8. Arnold-Biucchi, C. (2014). Páxinas 13-14.
  9. Gautier, G. (2014). Páxina 18.
  10. "Deceased Fellows". British Academy.
  11. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  12. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  13. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  14. "Bastien, Pierre 1912-2010 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  15. Recensión da obra por M. Thirion en Revue belge de Philologie et d'Histoire. 43-3. 1965. Páxinas 1.033-1.038.
  16. Recensión da obra por J. Lafaurie en Revue Numismatique. 14. 1972. Páxinas 283-286.
  17. Recensión da obra por HH en Revue Numismatique. 20. 1978. Páxinas 187-188.
  18. Recensión da obra por M. Amandry en Revue Numismatique. 23. 1981. Páxina 158.
  19. Recensión da obra por J. P. Callu en Revue belge de Philologie et d'Histoire. 64-1. 1986. Páxinas 206-207.
  20. Recensión da obra por R. Delmaire en Revue du Nord. 276. 1988. Páxinas 208-210.
  21. Recensión da obra por D. Gricourt en Revue du Nord. 280. 1989. Páxinas 271-273.
  22. Recensión da obra por C. Evers en L'Antiquité Classique. 69. 2000. Páxinas 554-557.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Predecesor:
Jean Parent
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1965-1967
Sucesor:
Jacques Yvon