Matías Tudela Perret

xogador de rugby español

Matías Tudela Perret, nado o 6 de outubro de 1984 en Valencia (España), é un xogador de rugby, internacional coa selección absoluta, e capitán do equipo nacional de rugby a 7 que disputou os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. A nivel de club, despois de varios anos xogando en Madrid e Ordizia, dende 2015 xoga e adestra no Tatami Rugby Club da División de Honra B, equipo no que se formou dende cativo. O seu irmán máis novo Joan Tudela Perret tamén e internacional absoluto coa selección española de rugby.

Infotaula de personaMatías Tudela Perret

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Peso97 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRugby a 7 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
2008-2014 Selección de rugby de España Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016rugby de sete nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: matiastudela13 Instagram: matiastudela Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Matías Tudela comezou a xogar ó rugby con sete anos de idade no Tatami Rugby Club da súa cidade natal, club no que xa xogara o seu pai Jose Luis Tudela "Jim", que tamén foi adestrador do primeiro equipo. En 2004 deixou o seu club de toda a vida, que competía en ligas rexionais, e botou unha tempada no Club de Rugby Les Abelles acabado de ascender á segunda división. Un ano despois marchou a Escocia e xogou unha tempada no Heriot's Rugby Club de Edinburgh, un dos equipos máis importantes da Scottish Premiership. Xa en 2006 volveu a España e uniuse ó proxecto do Club de Rugby CRC Pozuelo (o antigo Real Canoe da capital española) e nese equipo xogou durante catro tempadas, acadando o título de liga en 2008/09 ás ordes do adestrador francés Regis Sonnes despois do subcampionato en 2006/07, e dúas Copas do Rei en 2007/08 e 2008/09, así como a primeira e única edición da Liga Superibérica coa franquía dos Gatos de Madrid. Durante a súa estancia no CRC tamén debutou coa selección nacional na tempada 2007/08, e xogou na segunda competición continental como parte do Olympus XV,[1] franquía creada en 2009/10 pola Federación Española de Rugby para esa competición. Os problemas económicos levaron ó CRC a un descenso administrativo trala tempada 2009/10, e como consecuencia moitos xogadores marcharon, entre eles Matías Tudela, que asinou co Ordizia Rugby Elkartea.[2] No equipo guipuscoano xogou entre os anos 2010 e 2013, acadando dous subcampionatos de liga en 2010/11 e 2011/12, e dúas Copas do Rei en 2011/12 e 2012/13. Neses anos foi un membro fixo do equipo nacional de rugby a 7 que participou nas Series Mundiais durante dúas tempadas (2012/13 e 2013/14). Nesa tempada 2013/14 Tudela uniuse ó Club de Rugby Cisneros da capital española,[3] levando ó equipo ós seus mellores resultados en 25 anos, e xogando a final da Copa do Rei 2014/15. En 2015 volveu ó seu club de orixe, o Tatami, ocupando o cargo de xogador e adestrador do primeiro equipo,[4] que acadou ese mesmo ano o ascenso á División de Honra B. En 2016 sucedeu a Pablo Feijoo no posto de capitán do equipo nacional de rugby a 7, que o 19 de xuño de 2016 acadou a clasificación para disputar os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro.[5] No torneo olímpico acadou o décimo posto.

Tempada(s) Club Cidade Liga
2003/04   Tatami R.C. Valencia Rexional valenciana
2004/05   C.R. Les Abelles Valencia División de Honra B
2005/06   Heriot's R.C. Edimburgo Scottish Premiership
2006/07   C.R.C. Madrid Pozuelo División de Honra
2007/08   C.R.C. Madrid Pozuelo División de Honra
2008/09   C.R.C. Madrid Pozuelo División de Honra
  Gatos de Madrid Madrid Liga Superibérica
2009/10   C.R.C. Madrid Pozuelo División de Honra
  Olympus XV Madrid Challenge Cup
2010/11   Ordizia R.E. Ordizia División de Honra
2011/12   Ordizia R.E. Ordizia División de Honra
2012/13   Ordizia R.E. Ordizia División de Honra
2013/14   C.R. Cisneros Madrid División de Honra
2014/15   C.R. Cisneros Madrid División de Honra
2015/16   Tatami R.C. Valencia Rexional valenciana
2016/17   Tatami R.C. Valencia División de Honra B

Palmarés en clubs

editar

Palmarés coa selección

editar
  • 17 encontros coa selección absoluta.
  • Participación na Copa do Mundo de Seven 2013.[6]
  • Participación nas Series Mundiais de Seven 2012/13.[7]
  • Participación nas Series Mundiais de Seven 2013/14.[8]
  • Participación nos Xogos Olímpicos de 2016.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar