Copa do Rei de Rugby 2008-2009

Na tempada 2008-2009 disputouse a 76ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.

Copa do Rei
2007-2008 << 2008-2009 >> 2009-2010
OrganizadorF.E.R.
Edición76ª
Equipos8
CampiónComunidade de Madrid CRC Madrid
FinalistaAndalucía CR Ciencias

O torneo copeiro comezou unha vez rematada a competición de liga.[1] Na final, xogada no Campo de San Pablo de Sevilla o 10 de maio de 2009, o CRC Madrid de Pozuelo de Alarcón, que viña de gañar o campionato de liga, acadou tamén o título copeiro derrotando por 34 a 26 ó Cajasol Ciencias de Sevilla, que xogaba a final no seu propio campo.

Formato editar

O formato da competición contou con tres roldas eliminatorias:[2]

  • Cuartos de final: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro entre os oito mellores equipos da liga na primeira volta.
  • Semifinais: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro.
  • Final: Encontro único nun campo elixido pola Federación Española de Rugby antes do comezo do torneo.

Participantes editar

Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[3]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- Bonus
1º.   CRC 40 9 9 0 0 292 178 4
2º.   El Salvador 33 9 7 0 2 256 136 5
3º.   Ciencias 25 9 6 0 3 164 165 1
4º.   Santboiana 22 9 5 0 4 182 186 2
5º.   Ordizia 22 9 3 1 5 201 183 8
6º.   Getxo 20 9 4 1 4 147 144 2
7º.   Les Abelles 15 9 3 0 6 157 206 3
8º.   Bera Bera 15 9 3 0 6 151 217 3
9º.   La Vila 13 9 2 0 7 167 236 5
10º.   VRAC 11 9 1 2 6 147 213 3

Torneo editar

  • Cuartos de final: Encontro único (25/26 de abril de 2009)[4][5]
    • Les Abelles 3-82 CRC
    • El Salvador 34-10 Santboiana
    • Ciencias 97-5 Bera Bera
    • Ordizia 29-0 Getxo
  • Semifinais: Encontro único (2/3 de maio de 2009)[6][7]
    • CRC 55-25 El Salvador
    • Ciencias 41-12 Ordizia
  • Final: Encontro único (10 de maio de 2009)[8]
    • Ciencias 26-34 CRC
Cadro da competición
  Cuartos de Final Semifinais Final
                           
     Les Abelles 3  
   CRC 82  
     CRC 55  
     El Salvador 25  
   El Salvador 34
     Santboiana 10  
       Ciencias 26
     CRC 34
     Ciencias 97  
   Bera Bera 5  
     Ciencias 41
     Ordizia 12  
   Ordizia 29
     Getxo 0  

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar