División de Honra de Rugby 2013-2014
A tempada 2013-2014 da División de Honra da liga española de rugby é a 47ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 14 de setembro de 2013, e conta con 22 xornadas de liga regular que darán paso á fase de eliminatorias polo título.
Tipo | tempada deportiva |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Española de Rugby |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2013-2014 |
Formato
editarO torneo está composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular consta de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontarase cos restantes 11, e na segunda volta repetirá os enfrontamentos, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputarán a fase final. A fase final constará de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontaránse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardabarán en semifinais polos seus rivais. A final dispurarase no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.
O descenso de categoría seralle imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo terá a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.
Equipos
editarDespois de 13 anos cunha liga de 10 equipos, a edición 2012-2013 volveu novamente a contar cun formato de 12 participantes, e nesta tempada mantense. O vixente campión, VRAC, será o encargado de defender o título acadado na anterior tempada. De seguido amósanse uns datos básicos sobre cada un dos 12 equipos que competirán na División de Honra nesta tempada (entre parénteses, a posición acadada na tempada anterior):
|
|
|
|
|
|
|
|
Clasificación
editarA liga regular comezou oficialmente o 14 de setembro de 2013. A seguinte táboa amosa a clasificación da liga regular:
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | PF | PC | BO | BD | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | VRAC | 85 | 22 | 17 | 0 | 5 | 591 | 429 | 15 | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2º. | El Salvador | 78 | 22 | 16 | 0 | 6 | 625 | 403 | 11 | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
3º. | Cisneros | 78 | 22 | 16 | 0 | 6 | 629 | 476 | 12 | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
4º. | Independiente | 67 | 22 | 13 | 0 | 9 | 593 | 512 | 10 | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
5º. | Atlético | 61 | 22 | 11 | 0 | 11 | 571 | 539 | 10 | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
6º. | Ordizia | 60 | 22 | 12 | 0 | 10 | 522 | 522 | 7 | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
7º. | Getxo | 54 | 22 | 11 | 0 | 11 | 490 | 428 | 5 | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
8º. | Santboiana | 53 | 22 | 10 | 0 | 12 | 477 | 566 | 8 | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
9º. | Gernika | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 529 | 546 | 10 | 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
10º. | Hernani | 41 | 22 | 8 | 0 | 14 | 463 | 643 | 5 | 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
11º. | Vigo | 37 | 22 | 7 | 0 | 15 | 502 | 686 | 5 | 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
12º. | Ciencias | 22 | 22 | 2 | 0 | 20 | 407 | 649 | 4 | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Getxo fóronlle descontados dous puntos por incomparecencia nun encontro.
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates. PF - Puntos anotados ou a puntos a favor. PC - Puntos encaixados ou puntos en contra. <<<< 2012/13 — Tempadas — 2014/15 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
|
Máximos anotadores
editar
Con 236 puntos: Tiago Girao (Cisneros) Con 228 puntos: Brad Linklater (Getxo) Con 209 puntos: Gareth Griffiths (VRAC) |
Con 22 ensaios: Ignacio Contardi (Independiente) Con 15 ensaios: Íñigo Olaeta (Gernika) Con 14 ensaios: Afa Tauli (Santboiana) |