Gernika-Lumo

Coordenadas: 43°19′1″N 2°40′36″O / 43.31694, -2.67667

Gernika-Lumo é un concello vasco pertencente á provincia de Biscaia. Ten a súa orixe na unión da vila de Gernika e da elizate de Lumo en 1882.

Gernika-Lumo
Gernika-Lumo flag.svg
Escudo de Gernika Lumo.svg
Gernikako arbola.jpg
Árbore de Gernika
Localización
Bizkaia municipalities Gernika.PNG
PaísEspaña España
Comunidade autónomaPaís Vasco País Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcaBusturialdea
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie8,47 km²
Demografía
Poboación16.812 hab. (2012)
Densidade1.984,89 hab/km²
Xentiliciogernikarra
Outros datos
Código postal48300
AlcaldeJosé María Gorroño Etxebarrieta (Bildu)
Páxina oficial de Gernika

Tiña unha poboación de 16.915 habitantes en 2017.

XeografíaEditar

Gernika-Lumo atópase a 10 metros de altitude, na comarca de Busturialdea-Urdaibai, no val do río Oka, na beira da ría de Gernika que forma o Oka na súa desembocadura e que é o corazón da Reserva da Biosfera de Urdaibai. O relevo, sucesión de vales e montes que seguen a dirección NO-SL, está determinado estruturalmente polo anticlinal norte de Biscaia.

O concello limita ao norte con Forua, Kortezubi, Arratzu e Nabarniz, ao leste con Ajangiz, ao sur con Muxika e ao oeste con Errigoiti.

Historia e característicasEditar

Artigo principal: Bombardeo de Gernika.

O 26 de abril do 1937, no transcurso da guerra civil española, a vila foi bombardeada pola Lexión Cóndor, unidade aérea da Luftwaffe ao servizo do bando fascista, causando 126 vítimas mortais. Este feito inspirou ao pintor Pablo Picasso o seu famoso cadro Guernica.

Entre os seus monumentos cómpre salientar a Árbore de Gernika, carballo a carón da Casa de Xuntas de Gernika, que simboliza as liberdades dos vascos e baixo o cal xuran os seus cargos os Lehendakaris do goberno vasco. Ao primeiro exemplar, cuxas primeiras referencias se remontan ao século XIV, sucedéronlle outras tres árbores. O exemplar, que sobreviviu ao bombardeo da guerra civil, morreu o 20 de abril do 2004 aos 146 anos de idade[1], sendo substituído por un fillo seu o 25 de febreiro do 2005.

NotasEditar

  1. Nova da morte da árbore de Gernika aparecida en www.cooperativa.cl

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar