Manuel Prieto Marcos

Manuel Prieto Marcos, nado en Tui o 6 de xuño de 1905 e finado en Buenos Aires o 23 de xuño de 1945, foi un músico e poeta galego.

Manuel Prieto Marcos
Nacemento6 de xuño de 1905
Lugar de nacementoTui
Falecemento23 de xuño de 1945
Lugar de falecementoBuenos Aires
SoterradoCemiterio de La Chacarita
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e poeta
CónxuxeNandela (†1969)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo máis vello de Arturo Prieto Pérez, natural de Ourense, e Tomasa Marcos Romo, nada en Hinojosa de Duero (Provincia de Salamanca), que morreron prematuramente. Manuel estudou solfa e ingresou na banda do Rexemento de Infantaría Murcia, con base no Cuartel de Barreiro, en Lavadores, Vigo, onde foi solista de óboe.[1] En 1925 foi nomeado subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía de Arousa. Nese tempo casou. En 1928 o matrimonio emigrou á Arxentina, instalándose primeiramente en Concordia (provincia de Entre Ríos), e despois en Buenos Aires, onde Manuel dirixiu agrupacións corais, compuxo pezas como Cantarela, Canto de nenos, Romaxe e Ruada e harmonizou melodías populares galegas.[2]

Colaborou en Correo de Galicia, Abrente, Alalá, Dolmen, Galicia, Lugo, Mundo Gallego, Céltiga e A Fouce.[3] e escribiu un único libro de poesía, de 59 páxinas,[1] Versos en gama de gaita, publicado en 1943 por Edicións das Mocedades Galegas con portada de Luís Seoane, que foi reeditado pola Editorial Nós, tamén en Buenos Aires, en 1970.

As súas cinzas repousan no Cemiterio da Chacarita.[1] A prensa escrita galega bonaerense dedicoulle unha homenaxe polo quinto cabodano.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar