Mundo Gallego (1951)

Mundo Gallego foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1951 e 1952.

Mundo Gallego
PaísArxentina
LugarBuenos Aires
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Revista de Galicia en América, apareceu o 1 de outubro de 1951. Fundada por Teodoro Campos, José Conde Fernández e Eliseo Alonso, que foi o seu director, coa intención de promover a cultura galega. Constaba das seccións "Pincel gallego", "Papel y tinta", "Artistas de cine gallego" e "Libros gallegos". Entre os seus colaboradores figuraron Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza-Brey, Victoriano Taibo, Eduardo Blanco Amor, Emilio Pita, José Castroviejo, Pura Vázquez, José Díaz Jácome, Salvador Lorenzana e Laxeiro. De periodicidade irregular, cesou a súa publicación co número 4, de outubro-decembro de 1952.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar