Xosé Díaz Jácome

xornalista e escritor galego
(Redirixido desde "José Díaz Jácome")

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Xosé Díaz Jácome
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento19 de abril de 1910
 Mondoñedo
Falecemento6 de setembro de 1998
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
FillosJuan Ramón Díaz
XénerosPoesía
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado en Mondoñedo, onde foi Cronista Oficial e Fillo Predilecto, foi membro da denominada Xeración do 36 e incorporouse ao neotrobadorismo da man de Álvaro Cunqueiro.

Comezou publicando poemas nos xornais locais, sobre todo en La Voz de Mondoñedo e Vallibria, e noutros diarios galegos e asturianos, como a revista Galiza ou os periódicos La Comarca, Las Riberas del Eo, mais tamén ocasionalmente en El Progreso, El Compostelano, a revista Resol ou a habaneira Eco de Galicia.

En 1939 trasladouse a Pamplona, onde foi redactor xefe de El Pensamiento Navarro, creou a colección de Poesía Albor (na que se deron a coñecer Blas de Otero ou Luis López Anglada e na que tamén colaboraron Xosé Filgueira Valverde e Dionisio Gamallo Fierros) e dirixiu a revista Pregón.

En 1949 trasladouse a Vigo, onde traballou como xefe de redacción de Faro de Vigo. En 1963 pasou a dirixir en Oviedo o xornal La Voz de Asturias, posto que desempeñou durante 20 anos, ata a súa xubilación.

Membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967, recibiu numerosos galardóns, como o dos Xogos Florais de Santiago (1945), Certame Literario das Festas de Lugo (1948), Premio do Concurso Literario Anual do Centro Galego de Bos Aires (1949 e 1957), Festa Galega das Letras de Barcelona (1950), Xogos Florais de Vigo (1950), Premio da Casa de Galicia en Buenos Aires (1953), Concurso de Vilancicos do Centro Galego de Madrid (1959) ou Premio Tomás Morales da Casa de Colón en Las Palmas (1961), entre outros. En 1996 a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao.

É o pai do tamén xornalista Juan Ramón Díaz, destacado xornalista galego que foi director de La Voz de Galicia (1977-1997), vicepresidente do Grupo La Capital e director de El Ideal Gallego.

Segundo Armando Requeixoː "Poeta por veces neopopularista, outras neovirxilianista, saudosista, neorromántico e mesmo modernista, tamén, neotrobadorista e ata puntualmente creacionista, a escrita elexíaca, paisaxista, festiva, celebrativa, natalicia e mesmo social e antropolóxica de Díaz Jácome evidencia a pluralidade dos rexistros que dominou e a súa admirable capacidade para nutrirse das estéticas coas que conviviu".[1]

ObraEditar

PoesíaEditar

Premio Díaz JácomeEditar

O Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova. Os traballos distinguidos neste certame foron recollidos no volume Versos fideis. Premios de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores 2000-2018 (2019), obra publicada polo Concello de Mondoñedo e editada por Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo.

NotasEditar

  1. Armandorequeixo (2020-04-19). "Muiñeiro fidel". Criticalia. Consultado o 2020-04-19. 
  2. Pombal en Google Books.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar